Tabeirós Montes
  • Novas
    • Presentación
    • Contacto
    • Colabora
  • Terra
    • A Estrada >
      • Agar (Santa Mariña)
      • Aguións (Santa María)
      • Ancorados (San Pedro)
      • Ancorados (San Tomé)
      • Arca (San Miguel)
      • Arnois (San Xiao)
      • Baloira (San Salvador)
      • Barbude (San Martiño)
      • Barcala (San Miguel)
      • Barcala (Santa Mariña)
      • Berres (San Vicenzo)
      • Callobre (San Martiño)
      • Castro (San Miguel)
      • Cereixo (San Xurxo)
      • Codeseda (San Xurxo)
      • Cora (San Miguel)
      • Couso (Santa María)
      • Curantes (San Miguel)
      • Estrada, A (San Paio)
      • Frades (Santa María)
      • Guimarei (San Xiao)
      • Lagartóns (Santo Estevo)
      • Lamas (San Breixo)
      • Liripio (San Xoán Bautista)
      • Loimil (Santa María)
      • Matalobos (Santa Baia)
      • Moreira (San Miguel)
      • Nigoi (Santa María)
      • Oca (Santo Estevo)
      • Olives (Santa María)
      • Orazo (San Pedro)
      • Ouzande (San Lourenzo)
      • Parada (San Pedro)
      • Paradela (Santa María)
      • Pardemarín (Santa Baia)
      • Remesar (San Cristovo)
      • Ribeira (Santa Mariña)
      • Ribela (Santa Mariña)
      • Riobó (San Martiño)
      • Rubín (Santa María)
      • Sabucedo (San Lourenzo)
      • Santeles (San Xoán)
      • Somoza, A (Santo André)
      • Souto (Santo André)
      • Tabeirós (Santiago)
      • Toedo (San Pedro)
      • Vea (San Xiao)
      • Vea (San Xurxo)
      • Vea (Santa Cristina) >
        • Santa Cristina de Vea (Santa Cristina)
      • Vea (Santo André)
      • Vinseiro (Santa Cristina)
    • Beariz >
      • Beariz (Santa María)
      • Lebozán (Santa Cruz)
      • Xirazga (San Salvador)
    • Cerdedo >
      • Castro (Santa Baia)
      • Cerdedo (San Xoán)
      • Figueiroa (San Martiño)
      • Folgoso (Santa María)
      • Parada (San Pedro)
      • Pedre (Santo Estevo)
      • Quireza (San Tomé)
      • Tomonde (Santa María)
    • Forcarei >
      • Aciveiro (Santa María)
      • Castrelo (Santa Mariña)
      • Dúas Igrexas (Santa María)
      • Forcarei (San Martiño)
      • Madanela de Montes, A (Santa María Madanela)
      • Meavía (San Xoán)
      • Millarada (San Amedio)
      • Pardesoa (Santiago)
      • Pereira (San Bartolomeu)
      • Presqueiras (San Miguel)
      • Presqueiras (Santa Mariña)
      • Quintillán (San Pedro)
      • Ventoxo (San Nicolao)
  • Patrimonio
    • Material >
      • Arquitectura vernácula >
        • Alvarizas
        • Pombais
      • Castelos >
        • Castelo de Cira
        • Fortaleza/Castro de Terra de Montes
      • Castros >
        • Castro de Barbude
        • Castro de Garellas
        • Castro da Mouteira
        • Castro de Ribela
      • Cruces
      • Hórreos >
        • Hórreo de Quintela
      • Igrexas >
        • Capela de San Bartolomé
      • Industria
      • Lavadoiros >
        • Lavodoiro de Liñares
        • Lavadoiro do Souto
      • Megalítico
      • Mámoas
      • Mosteiros >
        • Aciveiro
      • Muíños
      • Neveiras >
        • Neveiras de Fixó
        • Neveiras do mosteiro de Aciveiro
      • Pazos >
        • Casa e capela de San Ildefonso na Algalia (Guimarei)
        • A casa de Araúxo en Ponte-Sarandón
        • Casa de Badía
        • Casa de A Silva en Ribadulla (Arnois)
        • A Casa da Condesa (ou do Piñeiro) en Santa Mariña de Ribeira
        • A casa de Sesto (Ribela)
        • Casa de Recarei (Curantes)
        • Casa de Miranda (Santeles)
        • Casa de A Silva en Vendexa
        • A Casa Grande de Parada
        • A Casa Grande de San Paio de Figueiroa
        • Casa de Barcia en San Miguel de Cora
        • A casa de "Os Muros"en San Pedro de Parada
        • Casa de Vilanova en Remesar
        • "Casa Varela” en Pereiras
        • Os Mondragón de Vilasusán.Remesar
        • O Pazo do Outeiro de Maíndo (Couso)
        • Pazo de Correáns
        • Pazo de Guimarei
        • Pazo da Mota
        • Pazo de Monteagudo
        • Pazo de Oca
        • Pazo de Preguecido
        • Pazo de Valiñas
        • Pazo de Xerliz
      • Petróglifos >
        • Cuiña (Quireza)
        • Laxa da Romaxe
        • Laxas de Penide
      • Pontes >
        • Ponte de Pedre
        • Ponte de Andón
        • Ponte Carballa
        • Ponte do Crego
        • Ponte de Gomail
        • Ponte de Leira
        • Ponte de Parada
        • Ponte de Gundián
        • Ponte Vea
        • Ponte de Santo Antonio
      • Torres >
        • A Torre da Barreira
        • Torre de alarma de Barciela
        • Torre de Guimarei
    • Natural >
      • Árbores >
        • Sobreira de Valboa
        • Sobreira de Valiñas
      • Fervenzas >
        • Fervenza de Callobre
        • Fervenza de Curantes
        • Pozo Sangoento
      • Fontes
      • Flora >
        • Cogumelos
        • Piornal de San Trocado
      • Fauna >
        • Aves >
          • Canilonga
        • Anfibios e réptiles
        • Invertebrados
        • Mamíferos >
          • Lontra
        • Peixes
      • Lagoas >
        • Canteira de Ventoxo
        • Lagoa Sacra
        • Lagoa do Seixo
      • Montes >
        • Candán
        • Monte do Seixo
        • Pico Sacro >
          • Fotografías
          • Textos
          • Vídeos
        • Serra de Cabanelas
      • Penedos >
        • Penedas de Naveiro
      • Ríos >
        • Ulla
      • Vales
    • Inmaterial >
      • Entroido
      • Oficios >
        • Esmoleiros
      • Rapa das bestas >
        • Fotografía >
          • Fotorapa
          • 2008
          • 2009
          • 2010
          • 2011
          • 2012
        • Vídeo
        • Publicacións
      • San Xoán
  • Artes
    • Artesanía >
      • Fernando Porto
    • Cine >
      • Chano Piñeiro
    • Escultura >
      • Ignacio Cerviño
      • Esculturas funerarias >
        • Cemiterio de Folgoso
      • A purísima de Asorey
    • Fotografía >
      • Karina
      • Pedro Brey Guerra
      • Maxcarun >
        • Aves
        • Insectos
        • Mamíferos
        • Reptis e anfíbios
      • Naturgalicia
    • Música >
      • Banda de Gaitas de Forcarei
      • Coral Polifónica Estradense
      • Chorovía na moucarría
      • Gaiteiros de Soutelo
      • Nao
      • Xenreira
      • Xosé Lueiro
    • Pintura >
      • Virxilio Blanco
    • Teatro
  • Letras
    • Andrea Porto >
      • Textos
    • Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
    • Antonio Fraguas
    • Antonio Rodríguez Fraiz >
      • Textos
      • Estudos
      • Entrevistas
    • Carlos Loureiro >
      • Textos
    • Calros Solla >
      • Textos
    • David Otero >
      • Textos
    • Dionísio Pereira >
      • Textos
    • Goretti Sanmartín >
      • Textos
    • Manuel Cabada Castro >
      • Textos
    • Manuel García Barros >
      • Correspondencia >
        • Cecilia Alcoba
        • Xosé Ramón Fernández Oxea (BEN-CHO-SHEY)
      • Documentos
      • Fotos
      • Vídeos
      • Estudos
    • Manuel Daniel Varela Buxán >
      • Fotos
      • Textos
    • Marcial Valladares Núñez >
      • Actividades
      • Estudos
      • Obra
      • Vídeo
    • Neves Soutelo >
      • Textos
    • Olimpio Arca Caldas >
      • Fotos
      • Obras
      • Vídeos
    • Ramón de Valenzuela Otero >
      • Achegas >
        • Sermos Galiza
      • Fotos
      • Vídeos
    • Santiago Gómez Tato
    • Sindo Villamayor >
      • Sindo Villamayor
    • Susana Sánchez Aríns >
      • Susana Sánchez Arins
    • Xoán Carlos Garrido
    • Xosé Luna
    • Xoseme Mosquera >
      • Vida
      • Obra
    • Xosé Manuel Cabada Vázquez >
      • Biografía
      • Documentos
      • Imaxes
      • Obra
    • Xosé Otero Abelleira >
      • Fotografías
    • Xosé Roxelio Otero Espasandín >
      • Do autor >
        • Vivir morrendo
      • Paisaxe vital de Xosé Otero Espasandín con Castro ao lonxe
      • Un Otero Espasandín de vinte anos
    • Xosé Varela Buela
    • Xurxo Esquío >
      • Xurxo Esquío
  • Historia
    • Feitos >
      • Prehistoria
      • Idade Antiga
      • Idade Media
      • Idade Moderna
      • Idade Contemporánea >
        • Revolta labrega de 1915 >
          • Sociedades agrarias
          • Xornais e documentos
          • Sociedade de Instrución Unión de Rubín de La Habana
          • Recuperación da Festa Labrega
          • Revolta labrega de 1915
    • Persoas >
      • Anxel Campos Varela
      • Manuel Ventura Figueroa
      • Pedro Varela Castro
      • Ramón Silvestre Verea García
      • Waldo Álvarez Insua
  • Memoria
    • Actividades >
      • Eliminación da simboloxía franquista
      • Homenaxe nacional as vítimas do franquismo en San Simón
      • Homenaxe a Xoán Xesús González
      • Proxección de "A derradeira lección do mestre" (24-3-2007)
      • Homenaxe aos paseados da Ponte do Regueiro
      • Conmemoración do 5 de xuño (5-06-2007)
      • Homenaxe a Bernardo Mato Castro na súa escola (8-7-2006)
    • Documentos >
      • Causas >
        • Así se xustifica unha condena a morte de José Costés Fernández e José Gómez Rivas >
          • Ideas polas que se mata a Cortés Fernández
      • Cartas >
        • Manuel Graciano ao Goberno Portugués
        • Carta dos Concelleiros ao pobo da Estrada
        • Ramón Fernánde Rico
        • José Mª Pena
      • Instrucións para a resistencia
      • Oficio de Crego de Castro (Cerdedo)
      • Memorias >
        • Memorias dun proscrito
      • Prensa >
        • Galicia Libre
      • Publicacións
    • Feitos >
      • O levantamento franquista na Estrada
      • A Estrada viste a camisa azul
      • O “imposto revolucionario”
      • O saqueo do pobo. O invento do secuestro express
      • As incautacións: A insticionalización do roubo
      • A interrupción tráxica do galeguismo
      • Represión do maxisterio estradense
      • Mulleres, dignidade e rebeldía
    • Imaxes >
      • Vitimas do franquismo
    • Listaxes >
      • A Estrada >
        • Fuxidos da parroquia de Guimarei
        • Presos en San Simón
      • Terra de Montes >
        • Beariz
        • Cerdedo
        • Forcarei
    • Lugares >
      • A casa do pobo de Deán (Cerdedo)
      • A república de Guimarei
      • Campo de Laudas
      • Ponte do Regueiro
      • Quilómetro 1 da Avenida de Buenos Aires: Aquí se fusilou
      • Simboloxía franquista
    • Nomes >
      • Antonio Sueiro Cadavide
      • Alfonso Ramiro Castro Dono
      • Alfredo Iglesias Álvarez
      • Candido Tafalla Froiz
      • Manuel Brea Abades
      • Manuel Garrido "O resucitado"
      • Francisco Varela Garrido
      • Isolino Feros Salgueiro
      • José Mª Baliño Sánchez
      • José María Pena
      • Manuel García Barros
      • Antonio Fraguas Fraguas
      • Jesús Ignacio Puente Fontanes (Balseiros)
      • Bernardo Mato Castro
      • Hixinio Carracedo Ruzo >
        • Fotos homenaxe a Carracedo na Somoza no seu 75 cabodano
      • José Gómez Rivas
      • José Mª Taberneiro
      • José Rodríguez Sangiao
      • Manuel Puente Porto
      • Manuel Coto Chan
      • Martiño Ferreiro Álvarez
      • Ramón Fernández Rico
      • Ventín, 5 da mesma familia fusilados xuntos
    • Represores
    • Testemuños >
      • David García Insua
      • Roxelio Arca
  • Movementos
    • Asociacionismo cultural >
      • A.C. A Estrada >
        • Antonio Fraguas e o monumento aos mártires
        • Enterro da Sardiña
        • Mostra de artesanía da Estrada
        • Simposio de literatura galega de autoría estradense
      • A. C. O Brado
      • Contrarretranca
      • A. C. Vagalumes >
        • Actividades >
          • Conmemorar Carvalho Calero
        • Vídeos
        • Publicacións
        • Fotos
      • AEC Verbo Xido >
        • Carteis e publicacións
        • Defensa das árbores autóctonas
      • Capitán Gosende
      • CETMO
      • Colectivo Portalén
    • Ecoloxismo
    • Emigración >
      • Arxentina
      • Brasil
      • Cuba >
        • Nomes >
          • Manuel Álvarez Fuentes
          • Jesús Barros López
    • Ensino >
      • Primaria >
        • CEIP de Figueroa >
          • CEIP de Figueroa (A biblio de Carola)
        • CEIP Cabada Vázquez
        • CEIP Pérez Viondi
        • CEIP Villar Parama
        • CEIP O Foxo >
          • As nosas cousas
          • Bilbioteca
          • Peque Xenios
          • Pereiriños
      • Secundaria >
        • IES Nº 1 >
          • Fotos
        • IES Manuel García Barros >
          • As nosas letras
        • IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez
        • IES Chano Piñeiro >
          • O Chaniño - Biblioteca
          • Lingua de Montes
    • Feminismo >
      • Asociacionismo >
        • Colectivo Feminista
        • Espadela >
          • A muller na Terra de Montes (Exposición do CETMO)
          • Festa da Vincha
      • Nomes >
        • Avelina Valladares
        • Mary Isaura
        • Virxinia Pereira
    • Loita labrega
    • Movemento obreiro
    • Movemento veciñal >
      • Contra a suba do IBI na Estrada
      • Loita contra a fusión de Cerdedo
    • Normalización lingüística >
      • Conflito do Foxo
      • Letras galegas 1970 na Estrada
      • Queremos Galego
    • Pacifismo
    • Política >
      • BNG
      • PSOE
      • PP
      • OUTROS
  • Arquivo
    • Foto >
      • Edificios
      • Eventos
      • Deporte
      • Industria
      • Nomes
      • Rúas
      • Xente
    • Vídeo >
      • Documentais >
        • CETMO
        • A Estrada románica
      • Filmes
      • Actos
      • Conversas
      • Imaxes
    • Audio >
      • Voces
    • Publicación >
      • Libros >
        • Ond´o sol facheaba ó amañecer. Vida e obra de Avelina Valladares. Xosé Luna Sanmartín
        • Vagalumes. Manuel Cabada Vázquez
        • A Estrada
      • Xornais >
        • Eco de la Estrada
        • El Emigrado
        • El Estradense
      • Revistas >
        • Contrarretranca
        • Cotaredo
        • Tabeirós Terra
        • Verbo Xido
      • Folletos

Capitán Gosende descobre en Caroi (Cotobade) unha laxe ateigada de signos lapidarios

22/6/2020

0 Comentários

 
Calros Solla
Imagem
Membros de Capitán Gosende a carón da Laxa do Portabora.
No sorteo do sábado 20 de xuño celebrado na parroquia de Caroi, o premio Gordo saíu tarde, mais saíu. A piques de pórse o sol e xa de retirada, as últimas lanceiras dirixiron os nosos ollos cara a unha laxe que afloraba á beira esquerda da estrada PO-233, dirección Carballedo1, a pouco máis de 700 m, cara ao sudoeste, da rotonda do Coto (núcleo de Caroi). A lastra granítica, duns 22’5 m2 de superficie, presenta unha lixeira pendente cara ao leste. Axudados pola luz rasante, fomos quen de percibir e rexistrar os seguintes signos inscritos: uns 19 riscos cruciformes de tamaños e formas disimilares (varias cruces simples, outras potenzadas, outras con calvario (cadrado ou triangular) e unha cruz contornada); uns 12 ces, ou arcos ou ferraduras de orientacións e tamaños diversos; uns 7 rectilíneos (probabelmente, trazos incompletos); 3 escuadras; 2 báculos; 1 óvalo ou podomorfo e 1 coviña. En total: uns 45 signos lapidarios, aínda que, con certeza, o panel se compuña (ou compón) de máis figuras. O seu grao de desgaste é alto (algún dos gravados é case imperceptíbel), polo que deducimos para os riscos máis luídos unha antigüidade de séculos, obra, quizais, de canteiros medievais. O conxunto inscultórico púidose ir arrequecendo de símbolos co paso do tempo. Coas debidas cautelas, afirmamos que este petróglifo moderno e a pedra na que se dispuxo foron empregados, antigamente, como marco de deslinde de natureza eclesiástica.
A laxe inscrita localízase no predio montés coñecido por Portabora, a uns 125 m, ao sudoeste, do leito do río Almofrei (a uns 150 m da ponte, na mesma orientación) e a uns 500 m, cara ao noroeste, do sitio arqueolóxico das Zacoteiras (co outeiro homónimo polo medio).
Identificamos, xa que logo, a descuberta coa denominación “Laxa do Portabora” (coordenadas.- X: 547.468; Y: 4.703.528; alt. 590 m aprox.).
Deámoslle unhas voltas ao topónimo “Bora”. Os meteorólogos Ramón Pascual e Miquel Soro (2007-8) ven na forma Bora un sinónimo de “cova”. Eu mesmo, nas glosas toponímicas do río dos Gafos (2009) e do monte da Fracha (2012) puxen en relación os topónimos Bora, Borela e Boreira de Covas (tautoloxía) con vagantas ou cavidades naturais.
Porén, o lingüista Francisco Villar (2000) explica o topónimo como derivado da raíz indoeuropea *war “auga, río”. É ben certo que Almofrei abaixo, o diminutivo Borela nomea unha parroquia e un lugar (A Ponte Borela) do antigo concello de Cotobade, no sitio onde o río Borela emboca no Almofrei (ponte da EP-0407 sobre o Almofrei); e, así mesmo, Bora dálle nome a unha parroquia e lugar (A Ponte Bora, As Pontes de Bora) do concello de Pontevedra, no sitio onde o Almofrei emboca no Lérez (ponte da N-541 sobre o Almofrei e ponte da PO-224 sobre o Lérez).
O botánico Gonzalo Mateo Sanz (2019), identificando Bora como hidrotopónimo prerromano, confírelle o significado restritivo de “bordo” ou “muíño”. Dende o Portabora de Caroi, río arriba, a escasos metros da ponte localízase o muíño de Alberte, de probada antigüidade, xa que aparece consignado no Catastro de Ensenada (1752). Hoxe, refeito de ladrillo sen recebar, afea o goio que chaman poza da Moura.
Carlos Vázquez García (2014) engádelle á ecuación o étimo ilirio *bora “montaña, montañés”.
Finalmente, Iván Sestay Martínez (Toponimia do Val do Fragoso 4, 2015) afirma: O milenario nome do río Bora subsiste só no nome da parroquia de Bora (Pontevedra), bañado por ese río hoxe chamado Almofrei. E así tantos e tantos exemplos en Galicia e no resto de Europa.
Sestay establece, entre outros, os paralelismos existentes entre os ríos Miño e Miñotelo, Sar e Sarela, Sárdoma e Sardomela, Bora e Borela... Seguindo a súa explicación, Sardomela nomearía o curso alto do río Sárdoma (antigo nome do río Lagares), así como Borela (“o Bora pequeno”) lle daría nome ao curso alto do río Bora (antigo nome do río Almofrei).
Debo dicir que asumo o razoamento de Sestay e engado no seu beneficio a existencia do topónimo Portabora (do latín Portu(m) ad Bora(m) ou do romance Porto a Bora), é dicir, o vao polo que, en Caroi, se atravesa o río Bora (hoxe, Almofrei). Como dixen, a ponte sobre o Bora (ou Almofrei) se sitúa a uns 150 m, ao nordés, do sitio arquelóxico da Laxa do Portabora, descuberta o pasado sábado.
Como aconteceu con moitos ríos galegos, o hidrotopónimo primixenio deixou de nomear o curso de auga para darlles nome ás terras polas que atravesa. O río Bora é un claro exemplo. O hidrotopónimo Almofrei exemplificaría o caso contrario: o nome dun lugar que acabou nomeando todo o curso do río. O topónimo Almofrei, que designa outra das parroquia cotobadesas, pode explicarse como derivación do nome persoal xermánico latinizado Ermaufredus. O hidrotopónimo Almofrei (*villa(m) Ermaufredi) sería, en verdade, un antropotopónimo, ou sexa, un topónimo que evocaría o antigo posesor, o terratenente, daqueles predios ribeiráns.
Na fotografía obtida polo Voo Americano dos anos 1956-7, dexérgase que a Laxa do Portabora ocupaba o centro dunha “rotonda”, na que converxían catro camiños (un deles, enlousado, dende o casal da Laxa até o monte Caveiro), dos cales, transformados en estradas, só se conservan en estado útil os que comunican cos lugares do Cruceiro e da Bouza do Home.
Consonte testemuños orais recadados na aldea, na actualidade a Laxa do Portabora non se emprega como fito de deslinde interparroquial, non obstante e malia non contar con documentación que o corrobore, a tradición di que en época antiga os lugares situados ao sur do río Almofrei (ou Bora) pertencían á parroquia de Loureiro. Hoxe en día, a Laxa do Portabora localízase a pouco máis dun quilómetro, en liña recta e cara ao nordés, da estrema coa parroquia de Loureiro; e a uns 600, en liña recta e cara ao sueste, da estrema coa parroquia da Corredoira (ambas as dúas, freguesías cotobadesas). Tres dos riscos cruciformes (tres parroquias?) foron gravados ex profeso nun resalte da pedra.
O compañeiro Manuel Fortes, caroiés de nación, achéganos unha manchea de datos reveladores: Os lugares da Bouza do Home, da Costa (estes dous ao outro lado do río), Fraguas e o lugar desaparecido da Carballeira pertencían administrativamente á parroquia de Loureiro, pero desde que hai documentos, eclesiasticamente, facían vida en Caroi (o día de Pascua estaban obrigados a ir á igrexa a Loureiro). Pasaron definitivamente a integrarse eclesiasticamente en Caroi nas últimas décadas do XIX e, administrativamente, cando Caroi pasou a pertencer en 1904 ao concello de Cotobade (antes no concello da Lama).
Outro feito quizais interesante é que eses lugares pertenceron á Casa de Soutomaior a efectos de xurisdición.
Aínda que o monte Caveiro pertenceu administrativamente a Loureiro ata 1904, desde que hai memoria, os veciños dos lugares da Laxa e da Eirexe −O Coto− e da Graña (a efectos de monte eran un só lugar) tiñan asignado cadanseu lote de monte en usufruto na parte máis próxima aos lugares. 
O regueiro que discorre ao nacente da Laxa do Portabora, e que vai dar ao Almofrei, é o rego das Sopas. O tramo do río Almofrei que pasa por Caroi chámase tamén río dos Pereiros.
Para que non caia no esquecemento, a uns 200 m distancia, cara so nordés, da Laxa do Portabora, da banda de alá do río, demos con outro cachote de pedra de gran no que se gravou a seguinte inscrición “13-1-50 B F”. Se as letras son as iniciais do nome e do apelido, ben seguro, o “F” é de Fortes, pois, en Caroi, Fortes é un epíteto indíxena.
Amais dos prexuízos derivados do tráfico rodado da PO-233, a Laxa do Portabora padeceu entre os anos 2017-18 as obras de construción dun depósito de auga de formigón duns 15 m de diámetro e máis de 3 m de altura, destinado á carga de helicópteros e vehículos contra incendios. Por insensibilidade ou descoñecemento, o tanque construíuse a uns 30 m do sitio arqueolóxico e a pista que lle dá acceso á maquinaria pesada acaroouse á pedra das insculturas e asoballou a costa do monte (enlousada) dos veciños da Laxa. O que non sabe é coma o que non ve.
Nas inmediacións da Laxa do Portabora, a Xunta de Feixoo e Cubela, promotores do magno penico, aínda manteñen fincado o panel informativo, porque despois dunhas eleccións veñen outras e hai moito eucalipto que preservar. No empeño de gardarlle os arcolitos a Celulosas, caciquillos grandes e pequenos enviaron as padexadoras por riba da Laxa do Portabora e por riba dos seus glifos seculares. Que non pegue o lume nunha vivenda, que o depósito lle vai facer a fresca.

Capitán Gosende descobre o terceiro gravado rupestre na parroquia cotobadesa de Caroi. Fai o ben e non mires a quen.
1 No GoogleMaps identifícase a estrada como PO-233, aínda que, ao parecer, o vial así denominado é o tramo que comunica a parroquia cotobadesa de Carballedo coa pontevedresa de Bora.

Imagem
Detalle 1 da Laxa do Portabora (Caroi).
Imagem
Detalle 3 da Laxa do Portabora.
Imagem
O sitio arqueolóxico do Portabora dende o ceo.
Imagem
Detalle 2 da Laxa do Portabora.
Imagem
Políticos inaugurando un depósito en Cotobade
Imagem
Laxa do Portabora (Caroi).
Imagem
Sitio arqueolóxico, depósito, estrada e panel.
0 Comentários



Enviar uma resposta.


    Colaboracións

    Todos
    Alba Rivas
    Alicia Garrido
    Ana Cabaleiro
    Anjo Torres Cortiço
    Calros Solla
    Carlos Loureiro
    Carme Hermida Gulías
    Carmela Sánchez Arines
    Clara Iglesias Cortizo
    David Otero
    Dionisio Pereira
    Héitor Picallo
    Lola Varela
    Luis Alberto Silva Casas
    Manuel Barros
    Manuel Cabada Castro
    Manuel Fortes
    Maria Xesus Nogueira
    Montse Fajardo
    Pedro Peón Estévez
    Susana Sánchez Arins
    Xoán Carlos Garrido
    Xosé Álvarez Castro
    Xosé María Lema
    Xurxo Esquío

    Feed RSS



    Un proxecto de:

     Imagem

    Estamos en:

    Imagem
    Imagem
    Imagem

      Recibir novas

    Subscrición
    Licenza Creative Commons
    Tabeiros Montes (Portal cultural de Tabeirós-Terra de Montes) de Asociación Cultural "Vagalumes" e Asociación Cultural e Ecoloxista "Verbo Xido" ten unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial 4.0 Internacional.
    Con base nunha obra dispoñíbel en http://www.tabeirosmontes.com/.
    Os permisos alén do foco desta licenza pódense atopar en http://www.tabeirosmontes.com/colabora.html.

    Histórico

    Janeiro 2021
    Dezembro 2020
    Novembro 2020
    Outubro 2020
    Setembro 2020
    Agosto 2020
    Julho 2020
    Junho 2020
    Maio 2020
    Abril 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Agosto 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Agosto 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018
    Janeiro 2018
    Dezembro 2017
    Novembro 2017
    Outubro 2017
    Setembro 2017
    Agosto 2017
    Julho 2017
    Junho 2017
    Maio 2017
    Abril 2017
    Março 2017
    Fevereiro 2017
    Janeiro 2017
    Dezembro 2016
    Novembro 2016
    Outubro 2016
    Setembro 2016
    Agosto 2016
    Julho 2016
    Junho 2016
    Maio 2016
    Abril 2016
    Março 2016
    Fevereiro 2016
    Janeiro 2016
    Dezembro 2015
    Novembro 2015
    Outubro 2015
    Setembro 2015
    Agosto 2015
    Julho 2015
    Junho 2015
    Maio 2015
    Abril 2015
    Março 2015
    Fevereiro 2015
    Janeiro 2015
    Dezembro 2014
    Novembro 2014
    Outubro 2014
    Julho 2014
    Junho 2014
    Abril 2014
    Março 2014
    Fevereiro 2014
    Janeiro 2014
    Dezembro 2013
    Novembro 2013
    Agosto 2013