Manuel Álvarez Fuentes
“ Tendámoslle os nosos brazos que chora “Cubita bella” baixo o peso da disgracia baixo o espanto da traxedia” Manuel García Barros O ciclón do vinte e seis a nosa Habana arrasou aquel vinte de Outono, onde desgrazas deixou. E xunto o pobo habaneiro, os galegos emigrantes, vítimas daquel trebón e as súas forzas arrepiantes. A morte e a desolación deixou o cruel furacán, os habaneiros ficaron sen as súas casas e pan. Os galegos nesta Cuba outra patria encontraron, cando a pobreza estragaba a patria que alá deixaron. Aquí fixeron escolas, levantaron grande pazo, casas, hospitais, balnearios, Cuba abriulles o seu regazo. Aquí acharon traballo, fundaron moitos fogares, e mesturaron o sangue baixo este belos palmares. Desde esta terra mambisa enviaron moitos cartos para esa terra meiga, bicos de verdes lagartos. Fundaron alá escolas, e fermosas brancas casas e levantaron Galicia e as súas galaicas masas. Foi Manuel García Barros un insigne galeguista, foi un xenial escritor, foi un patriótico artista. Fixo peza teatral co nome Carta da Habana, que mandou un irmán galego dende a terra cubana. Á súa irmá na Estrada onde a traxedia contaba pola que sufriu A Habana cando o furacán pasaba. Obra que representaron estes dous mozos galegos, a femia Memela Otero con grandes belos achegos. E mais Pepucho Boade, mozo devido en actor deste lírico teatro de gran beleza e amor. Foi no “Salón Novedades” estreada moi triunfal dúas noites estradenses e naquel mes de Nadal. Os cartos que recadaron foron para eles mandar dunha forma xenerosa a esta Cubita axudar. Con esta Carta da Habana como unha fermosa fraga os galegos demostraron que amor con amor se paga! * 18 de Novembro 2016 | |