En conmemoración do centenario de Ramón de Valenzuela no proxecto tabeirosmontes facemos unha homenaxe ao noso veciño, escritor da Bandeira, amigo da nosa comarca. Ábrese unha sección dedicada a el na que iremos subindo recursos para dar a coñecer a este inxustamente ignorado brillante novelista e divulgador das nosas letras. Ramón de Valenzuela dou o seu último mitin no Concello da Estrada. Recorreu Tabeirós-Terra de Montes desde a súa veciñanza e desde os seus parentes da Mota que tanta incidencia tiveron na política e cultura da bisbarra. |