Texto lido o luns 13 de novembro na Praza do Concello de Cerdedo.
Por vez primeira, Cerdedo únese á campaña que as asociación internacionalistas Mar de Lumes, Galiza por Palestina, BDS (Boicot, Desinvestimento e Sancións) xunto coa Asociación Galaico Árabe Jenin, está a levar a cabo na Galiza baixo o lem “Stop Xenocidio. Galiza con Palestina” e que xa ten convocado ata o momento 60 mobilizacións en todo o territorio galego.
Só dicir que a campaña ten diversos obxectivos concretos, dos que imos mencionar 2:
- Illar internacionalmente a Israel, converténdoo nun “estado paria”, como a Sudáfrica do “apartheid”. Para iso é importante conseguir do goberno español a inmediata retirada da embaixadora israelí e a ruptura de relación diplomáticas con Israel.
- Procurar que a ocupación e a guerra desatada contra a poboación palestina, teña consecuencias negativas para Israel mediante o boicot aos seus productos e actividades políticas, sociais, deportivas e culturais impulsadas polo Estado sionista israelí.
Puma, Hewlet Packard (HP), Carrefour, MC Donalds, Burger King, Starbucks
Lembrade tamén que o código de barras de Israel era o 729, pero para evitar a campaña de boicot mudáronno por 871.
Mais nada, lembrarvos que o noso inimigo é o Israel sionista, non o pobo xudeu, que en moitos lugares do mundo, e tamén en Israel, se está a movilizar de xeito solidario coa xente palestina, coa que arela compartir un estado laico e fraternal.
Rematamos, pois: Palestina vencerá!!!