Xosé Constenla é un cantautor galego con máis de 15 anos de traxectoria. Durante este tempo ten editado tres discos (Quen fixo berrar ao silencio —2005— , Olladas dun entusiasta —2008— e no 2013 gravou no Salón Teatro de Compostela o seu terceiro disco en directo. O traballo —que leva o título de Sinecismo ) e ofrecido máis de 300 concertos e recitais. As súas músicas tratan de amosar estados de ánimo e impresións sobre o acontecer social e algunhas visións persoais de intrahistorias cotiás que están sometidas a unha constante avaliación sentimental. Xosé Constenla foi escollido para participar en distintos ciclos e certames de canción autor, así como distinguido con diversos premios pola súa produción.
O concerto celebrarase o vindeiro sábado 29 de novembro ás 9 da noite no Café “A Farola”