Lola Varela e Dionisio Pereira
Grazas ao esforzo e traballo da familia González Ruibal, a Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes Verbo Xido puido dar a coñecer e espallar por toda a xeografía galega a cultura tradicional desta bisbarra, collendo nas súas mans, coidando e mellorando o edificio da Aldea de Arriba de Soutelo de Montes, que alberga o CETMo, e a súa fermosa e valiosa colección visitable.
As persoas que seguimos teimando na defensa deste importante patrimonio pensamos que Constantino, Tino, debería ser lembrado polo esforzo en manter a presenza desta cultura tradicional, que na Terra de Montes estivo moi viva ata os anos 60 e que, logo da súa desaparición, quixo que perdurara a través do CETMo.
Na túa lembranza.
* Lola Varela e Dionisio Pereira (Membros do Consello de Dirección do CETMo)