Por outra banda, a Asociación Cultural "Vagalumes" ten reiterado desde hai anos a necesidade de cumprir a derradeira vontade dos representantes democráticos do noso pobo, que foron fusilados o 5 de xuño de 1937, no sentido de que se lle dedicara unha rúa co nome "Mártires da Estrada". Petición que é de xustiza tendo en conta o sacrificio que eles sofreron polo ben do noso Concello. Mais os diferentes alcaldes que se sucederon no noso concello non fixeron honra do cargo que ostentaban ao desoír a un dos seus antecesores que foi tan inxustamente inmolado.
Por iso, este 5 de xuño, como vimos facendo todos os anos, conmemoramos o día dos mártires da Estrada na honra destes veciños nosos asasinados. E coincidindo con esta data acordamos exercer as funcións que lle corresponde a institución municipal e das cales se inhibe, e rectificar o nome desta rúa. Asi mesmo optamos por colocar no seu lugar o rótulo de "Rúa Mártires da Estrada", dando así cumprimento ao desexo daqueles que deron a súa vida polo ben da súa veciñanza.. Para máis información: