Dirixida por Jouse García conta no seu elenco coas seguintes actrices: Clara Iglesias, María Porto, Natalia Carbajal, Beatriz del Río e Rosa López. A parte técnica correspóndelle a Miguel Ares. Esta obra ten unha duración aproximada de 80 min. Polo momento, ademais da estrea, está tamén confirmada a presenza de "Departamento de Selección" no Auditorio do Conservatorio de Aguiño (Ribeira) o vindeiro 18 de novembro.