TABEIROSMONTES
  • Novas
    • Presentación
    • Contacto
    • Colabora
  • Terra
    • A Estrada >
      • Agar (Santa Mariña)
      • Aguións (Santa María)
      • Ancorados (San Pedro)
      • Ancorados (San Tomé)
      • Arca (San Miguel)
      • Arnois (San Xiao)
      • Baloira (San Salvador)
      • Barbude (San Martiño)
      • Barcala (San Miguel)
      • Barcala (Santa Mariña)
      • Berres (San Vicenzo)
      • Callobre (San Martiño)
      • Castro (San Miguel)
      • Cereixo (San Xurxo)
      • Codeseda (San Xurxo)
      • Cora (San Miguel)
      • Couso (Santa María)
      • Curantes (San Miguel)
      • Estrada, A (San Paio)
      • Frades (Santa María)
      • Guimarei (San Xiao)
      • Lagartóns (Santo Estevo)
      • Lamas (San Breixo)
      • Liripio (San Xoán Bautista)
      • Loimil (Santa María)
      • Matalobos (Santa Baia)
      • Moreira (San Miguel)
      • Nigoi (Santa María)
      • Oca (Santo Estevo)
      • Olives (Santa María)
      • Orazo (San Pedro)
      • Ouzande (San Lourenzo)
      • Parada (San Pedro)
      • Paradela (Santa María)
      • Pardemarín (Santa Baia)
      • Remesar (San Cristovo)
      • Ribeira (Santa Mariña)
      • Ribela (Santa Mariña)
      • Riobó (San Martiño)
      • Rubín (Santa María)
      • Sabucedo (San Lourenzo)
      • Santeles (San Xoán)
      • Somoza, A (Santo André)
      • Souto (Santo André)
      • Tabeirós (Santiago)
      • Toedo (San Pedro)
      • Vea (San Xiao)
      • Vea (San Xurxo)
      • Vea (Santa Cristina) >
        • Santa Cristina de Vea (Santa Cristina)
      • Vea (Santo André)
      • Vinseiro (Santa Cristina)
    • Beariz >
      • Beariz (Santa María)
      • Lebozán (Santa Cruz)
      • Xirazga (San Salvador)
    • Cerdedo >
      • Castro (Santa Baia)
      • Cerdedo (San Xoán)
      • Figueiroa (San Martiño)
      • Folgoso (Santa María)
      • Parada (San Pedro)
      • Pedre (Santo Estevo)
      • Quireza (San Tomé)
      • Tomonde (Santa María)
    • Forcarei >
      • Aciveiro (Santa María)
      • Castrelo (Santa Mariña)
      • Dúas Igrexas (Santa María)
      • Forcarei (San Martiño)
      • Madanela de Montes, A (Santa María Madanela)
      • Meavía (San Xoán)
      • Millarada (San Amedio)
      • Pardesoa (Santiago)
      • Pereira (San Bartolomeu)
      • Presqueiras (San Miguel)
      • Presqueiras (Santa Mariña)
      • Quintillán (San Pedro)
      • Ventoxo (San Nicolao)
  • Patrimonio
    • Material >
      • Arquitectura vernácula >
        • Pombais
        • Reloxos de sol
      • Castros >
        • Castro de Barbude
        • Castro de Garellas
        • Castro Loureiro
        • Castro da Mouteira
        • Castro de Ribela
        • Castrp Valente
      • Cruceiros >
        • A Estrada
        • Forcarei
        • Cerdedo
      • Hórreos >
        • O hórreo do Coto Nabal
        • Hórreo de Quintela
      • Igrexas >
        • Capela de San Bartolomé
      • Industria
      • Lavadoiros >
        • Lavodoiro de Liñares
        • Lavadoiro de Fontegrande
        • Lavadoiro do Souto
      • Megalítico
      • Mámoas
      • Mosteiros >
        • Aciveiro
      • Muíños >
        • Muíño de Ricovanca
        • Muíños de Vesacarballa
      • Neveiras >
        • Neveiras de Fixó
        • Neveiras do mosteiro de Aciveiro
      • Pazos >
        • Casa e capela de San Ildefonso na Algalia (Guimarei)
        • A casa de Araúxo en Ponte-Sarandón
        • Casa de Badía
        • Casa de A Silva en Ribadulla (Arnois)
        • A Casa da Condesa (ou do Piñeiro) en Santa Mariña de Ribeira
        • A casa de Sesto (Ribela)
        • Casa de Recarei (Curantes)
        • Casa de Miranda (Santeles)
        • Casa de A Silva en Vendexa
        • A Casa Grande de Parada
        • A Casa Grande de San Paio de Figueiroa
        • Casa de Barcia en San Miguel de Cora
        • A casa de "Os Muros"en San Pedro de Parada
        • Casa de Vilanova en Remesar
        • "Casa Varela” en Pereiras
        • Os Mondragón de Vilasusán.Remesar
        • O Pazo do Outeiro de Maíndo (Couso)
        • Pazo de Correáns
        • Pazo de Guimarei
        • Pazo da Mota
        • Pazo de Monteagudo
        • Pazo de Oca
        • Pazo de Preguecido
        • Pazo de Valiñas
        • Pazo de Xerliz
      • Petos de ánimas
      • Petróglifos >
        • Cuiña (Quireza)
        • Laxa da Romaxe
        • Laxas de Penide
      • Pontes >
        • Ponte de Ricovanca
        • Ponte de Santo Antonio
        • Ponte Vea
        • Ponte de Gundián
        • Ponte de Paradela
        • Ponte de Parada
        • Ponte de Leira
        • Ponte Liñares
        • Ponte do Reconco
        • Ponte de Gomail
        • Ponte do Crego
        • Ponte Carballa
        • Ponte de Andón
        • Ponte de Pedre
        • Pontes do Lérez
      • Torres e castelos >
        • A Torre da Barreira
        • Castelo de Cira
        • Fortaleza/Castro de Terra de Montes
        • Torre de alarma de Barciela
        • Torre de Guimarei
    • Natural >
      • Árbores >
        • Sobreira de Valboa
        • Sobreira de Valiñas
      • Fervenzas >
        • Fervenza de Callobre
        • Fervenza da Caldeira
        • Fervenza da Cova do Lago
        • Fervenza de Curantes
        • Freixa de Chamosa
        • Fervenza da Firveda
        • Fervenza da Graña
        • Pozo Sangoento
        • Fervenza do Segón
      • Fontes
      • Flora >
        • Cogumelos
        • Piornal de San Trocado
      • Fauna >
        • Aves >
          • Canilonga
        • Anfibios e réptiles
        • Invertebrados
        • Mamíferos >
          • Lontra
        • Peixes
      • Lagoas >
        • Canteira de Ventoxo
        • Lagoa Sacra
        • Lagoa do Seixo
      • Montes >
        • Cádabo
        • Candán
        • Monte do Seixo
        • Montouto
        • Pico Sacro >
          • Fotografías
          • Textos
          • Vídeos
        • Serra de Cabanelas
      • Penedos >
        • Penedas de Naveiro
      • Ríos >
        • Umia
        • Ulla
      • Vales
    • Inmaterial >
      • Entroido
      • Haxiografía
      • Mitoloxía
      • Oficios >
        • Esmoleiros
      • Romaxes >
        • A Saleta de Bugarín
      • Rapa das bestas >
        • Fotografía >
          • Fotorapa
          • 2008
          • 2009
          • 2010
          • 2011
          • 2012
        • Vídeo
        • Publicacións
      • San Xoán
  • Artes
    • Artesanía >
      • Fernando Porto
    • Cine >
      • Chano Piñeiro
    • Escultura >
      • Ignacio Cerviño
      • Esculturas funerarias >
        • Cemiterio de Folgoso
      • A purísima de Asorey
    • Fotografía >
      • Karina
      • Pedro Brey Guerra
      • Maxcarun >
        • Aves
        • Insectos
        • Mamíferos
        • Reptis e anfíbios
      • Naturgalicia
    • Música >
      • Banda de Gaitas de Forcarei
      • Coral Polifónica Estradense
      • Chorovía na moucarría
      • Gaiteiros de Soutelo
      • Nao
      • Xenreira
      • Xosé Lueiro
    • Pintura >
      • Virxilio Blanco
    • Teatro
  • Letras
    • Avelina Valladares
    • Andrea Porto >
      • Textos
    • Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
    • Antonio Fraguas
    • Antonio Rodríguez Fraiz >
      • Textos
      • Estudos
      • Entrevistas
    • Carlos Loureiro >
      • Textos
    • Carlos Mella
    • Calros Solla >
      • Textos
    • David Otero >
      • Textos
      • Fiestra Con Masa
    • Dionísio Pereira >
      • Textos
    • Goretti Sanmartín >
      • Textos
    • Manuel Cabada Castro >
      • Textos
    • Manuel García Barros >
      • Correspondencia >
        • Cecilia Alcoba
        • Xosé Ramón Fernández Oxea (BEN-CHO-SHEY)
      • Documentos
      • Fotos
      • Vídeos
      • Estudos
    • Manuel Daniel Varela Buxán >
      • Fotos
      • Textos
    • Marcial Valladares Núñez >
      • Actividades
      • Estudos
      • Obra
      • Vídeo
    • Neves Soutelo >
      • Textos
    • Olimpio Arca Caldas >
      • Fotos
      • Obras
      • Vídeos
    • Ramón de Valenzuela Otero >
      • Achegas >
        • Sermos Galiza
      • Fotos
      • Vídeos
    • Santiago Gómez Tato
    • Sindo Villamayor >
      • Sindo Villamayor
    • Susana Sánchez Aríns >
      • Susana Sánchez Arins
    • Xoán Carlos Garrido
    • Xosé Luna Sanmartín >
      • Recursos
    • Xosé Manuel Martínez Oca
    • Xoseme Mosquera >
      • Vida
      • Obra
    • Xosé Manuel Cabada Vázquez >
      • Biografía
      • Documentos
      • Imaxes
      • Obra
    • Xosé Otero Abelleira >
      • Fotografías
    • Xosé Roxelio Otero Espasandín >
      • Do autor >
        • Vivir morrendo
      • Paisaxe vital de Xosé Otero Espasandín con Castro ao lonxe
      • Un Otero Espasandín de vinte anos
    • Xosé Varela Buela
    • Xurxo Esquío >
      • Xurxo Esquío
  • Historia
    • Feitos >
      • Prehistoria
      • Idade Antiga
      • Idade Media
      • Idade Moderna
      • Idade Contemporánea >
        • Revolta labrega de 1915 >
          • Sociedades agrarias
          • Xornais e documentos
          • Sociedade de Instrución Unión de Rubín de La Habana
          • Recuperación da Festa Labrega
          • Revolta labrega de 1915
    • Persoas >
      • Anxel Campos Varela
      • Manuel Ventura Figueroa
      • Mary Isaura
      • Pedro Campos Couceiro
      • Pedro Varela Castro
      • Ramón Silvestre Verea García
      • Virxinia Pereira
      • Waldo Álvarez Insua
  • Memoria
    • Actividades >
      • Ponte do Barco
      • Eliminación da simboloxía franquista
      • Homenaxe nacional as vítimas do franquismo en San Simón
      • Homenaxe a Xoán Xesús González
      • Proxección de "A derradeira lección do mestre" (24-3-2007)
      • Homenaxe aos paseados da Ponte do Regueiro
      • Conmemoración do 5 de xuño (5-06-2007)
      • Homenaxe a Bernardo Mato Castro na súa escola (8-7-2006)
    • Documentos >
      • Causas >
        • Así se xustifica unha condena a morte de José Costés Fernández e José Gómez Rivas >
          • Ideas polas que se mata a Cortés Fernández
      • Cartas >
        • Manuel Graciano ao Goberno Portugués
        • Carta dos Concelleiros ao pobo da Estrada
        • Ramón Fernánde Rico
        • José Mª Pena
      • Instrucións para a resistencia
      • Oficio de Crego de Castro (Cerdedo)
      • Memorias >
        • Memorias dun proscrito
      • Prensa >
        • Galicia Libre
      • Publicacións
    • Feitos >
      • O levantamento franquista na Estrada
      • A Estrada viste a camisa azul
      • O “imposto revolucionario”
      • O saqueo do pobo. O invento do secuestro express
      • As incautacións: A insticionalización do roubo
      • A interrupción tráxica do galeguismo
      • Represión do maxisterio estradense
      • Mulleres, dignidade e rebeldía
    • Imaxes >
      • Vitimas do franquismo
    • Listaxes >
      • A Estrada >
        • Fuxidos da parroquia de Guimarei
        • Presos en San Simón
      • Terra de Montes >
        • Beariz
        • Cerdedo
        • Forcarei
    • Lugares >
      • A casa do pobo de Deán (Cerdedo)
      • A república de Guimarei
      • Campo de Laudas
      • Ponte do Regueiro
      • Quilómetro 1 da Avenida de Buenos Aires: Aquí se fusilou
      • Simboloxía franquista
    • Nomes >
      • Antonio Sueiro Cadavide
      • Alfonso Ramiro Castro Dono
      • Alfredo Iglesias Álvarez
      • Candido Tafalla Froiz
      • Manuel Brea Abades
      • Manuel Garrido "O resucitado"
      • Francisco Varela Garrido
      • Isolino Feros Salgueiro
      • José Mª Baliño Sánchez
      • José María Pena
      • Manuel García Barros
      • Antonio Fraguas Fraguas
      • Jesús Ignacio Puente Fontanes (Balseiros)
      • Bernardo Mato Castro
      • Hixinio Carracedo Ruzo >
        • Fotos homenaxe a Carracedo na Somoza no seu 75 cabodano
      • José Gómez Rivas
      • José Mª Taberneiro
      • José Rodríguez Sangiao
      • Manuel Puente Porto
      • Manuel Coto Chan
      • Martiño Ferreiro Álvarez
      • Ramón Fernández Rico
      • Ventín, 5 da mesma familia fusilados xuntos
    • Represores >
      • Padre Nieto
    • Testemuños >
      • David García Insua
      • Roxelio Arca
  • Movementos
    • Asociacionismo cultural >
      • A.C. A Estrada >
        • Antonio Fraguas e o monumento aos mártires
        • Enterro da Sardiña
        • Mostra de artesanía da Estrada
        • Simposio de literatura galega de autoría estradense
      • A. C. O Brado
      • Contrarretranca
      • A. C. Vagalumes >
        • Actividades >
          • Conmemorar Carvalho Calero
        • Vídeos
        • Publicacións
        • Fotos
      • AEC Verbo Xido >
        • Carteis e publicacións
        • Defensa das árbores autóctonas
      • Capitán Gosende
      • CETMO
      • Colectivo Portalén
    • Ecoloxismo >
      • Atri Non
      • Invasión eólica
    • Emigración >
      • Arxentina
      • Brasil
      • Cuba >
        • Nomes >
          • Manuel Álvarez Fuentes
          • Jesús Barros López
    • Ensino >
      • Primaria >
        • CEIP de Figueroa >
          • CEIP de Figueroa (A biblio de Carola)
        • CEIP Cabada Vázquez
        • CEIP Pérez Viondi
        • CEIP Villar Parama
        • CEIP O Foxo >
          • As nosas cousas
          • Bilbioteca
          • Peque Xenios
          • Pereiriños
      • Secundaria >
        • IES Nº 1 >
          • Fotos
        • IES Manuel García Barros >
          • As nosas letras
        • IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez
        • IES Chano Piñeiro >
          • O Chaniño - Biblioteca
          • Lingua de Montes
    • Feminismo >
      • Asociacionismo >
        • Colectivo Feminista
        • Espadela >
          • A muller na Terra de Montes (Exposición do CETMO)
          • Festa da Vincha
    • Loita labrega
    • Movemento obreiro
    • Movemento veciñal >
      • Contra a suba do IBI na Estrada
      • Loita contra a fusión de Cerdedo
    • Normalización lingüística >
      • Conflito do Foxo
      • Letras galegas 1970 na Estrada
      • Queremos Galego
    • Pacifismo
    • Política >
      • BNG
      • PSOE
      • PP
      • OUTROS
  • Arquivo
    • Foto >
      • Edificios
      • Eventos
      • Deporte
      • Industria
      • Nomes
      • Rúas
      • Xente
    • Vídeo >
      • Documentais >
        • CETMO
        • A Estrada románica
      • Filmes
      • Actos
      • Conversas
      • Imaxes
    • Audio >
      • Voces
    • Publicación >
      • Libros >
        • Ond´o sol facheaba ó amañecer. Vida e obra de Avelina Valladares. Xosé Luna Sanmartín
        • Vagalumes. Manuel Cabada Vázquez
        • A Estrada
      • Xornais >
        • Eco de la Estrada
        • El Emigrado
        • El Estradense
      • Revistas >
        • Contrarretranca
        • Cotaredo
        • Tabeirós Terra
        • Verbo Xido
      • Folletos

Dos arquivos do Capitán Gosende: Solicitude de agregación das parroquias forcareiesas de Presqueiras ao concello de Cerdedo

26/6/2020

0 Comentários

 
Calros Solla
Imagem
No ano 2016, os alcaldes de Cerdedo e Cotobade, ambos os dous do Partido Popular, argallaron pola calada a fusión dos concellos. Cerdedo e Cotobade pertencían a diferentes partidos xudiciais (A Estrada e Pontevedra) e seguen pertencendo a comarcas distintas (Montes e Pontevedra). As parroquias de Cerdedo integran a histórica comarca de Montes, a canda as freguesías dos municipios de Forcarei e Beariz (e outras). A ocorrencia fusionista de Balseiros e Cubela contraviña a organización comarcal do país galego, entendendo a comarcalización como paliativo da corrupción e como a única alternativa á flagrante inviabilidade de moitos municipios do interior e mais á impudicia das deputacións.
Para escamotear décadas de incapacidade tras a mesta fumeira da fusión, a cacicaxe cerdedesa ben puido escoller o concello de Forcarei como parella de feito; cando menos, respectaríase a división comarcal e materializaríase unha unión territorial xa reclamada no pasado.1 Porén, os intereses persoais volveron prevalecer fronte aos do común. Sexa como for, o xarope das fusións non vai sandar este enfermo. En 2013, na comarca de Betanzos, outros dous alcaldes “populares” experimentaban con gasosa xuntando os concellos de Cesuras e Oza dos Ríos. Cinco anos despois, o xornal La Opinión (4-2-2018) titulaba: “Oza-Cesuras: La fusión que no cambió nada”.
En Cerdedo, despois de 80 anos de goberno da dereita caciquil, o alcalde, desexando salvar os seus mobles dunha queima demográfica que el mesmo avivara, cedíalle os despoxos ao seu colega de Cotobade, en troco de gorentosas contrapartidas pactadas no seo do seu partido. Non facía falla ser moi aleuto para decatarse de que aquela operación non era máis ca outra das innúmeras arbitrariedades ás que nos tiña afeitos o prócer cerdedés que, asemade, aproveitaba a oportunidade para impartirlle unha lección de goberno e mando ao seu pupilo do canón de pau.
Nin o alcalde de Cerdedo nin o de Cotobade someteron esta transcendental decisión a referendo nos seus respectivos territorios. Para que? Tres anos despois, con tempo abondo para agochar o cadáver, o pobo guiadiño volvía depositar o voto na urna coma quen arrota o caldo. Por desgraza, non houbo que agardar moito a que a prea da componenda comezase a deitar tufo. Ás penurias de Cerdedo agregáronse ás miserias de Cotobade e, catro anos despois da botadura, coa nave municipal completamente escorada e incapaces de chicar tanta auga, só nos queda presenciar cal vai a ser a derradeira rata en abandonar o barco. O vindeiro ano, cumpríndose un lustro do achego, a prensa ben seguro que o celebrará co seguinte titular: “Cerdedo-Cotobade: A fusión que non mudou ren”.
Ás voltas coas anexións e secesións, dos arquivos do Capitán Gosende desempoamos hoxe a instancia que os forcareieses de Presqueiras lle presentaron en 1952 á corporación municipal de Cerdedo, demandando seren segregados de Forcarei e agregados a Cerdedo. É evidente que a ben argumentada solicitude non foi atendida, malia teren os veciños de Presqueiras, como se verá, motivos abondos para plantexala.
Nada cambiou. Hai 68 anos, a vontade maioritaria do pobo de Presqueiras foi tripada por dúas corporacións municipais franquistas. En 2016, o dereito dun pobo a decidir en referendo o seu futuro foi conculcado por dúas corporacións municipais democráticas.
E nada cambiará mentres poñamos as institucións nas mans do arribismo e a comenencia; nada cambiará mentres lle confiemos ao raposo as chaves do galiñeiro.
*
Instancia que os veciños das parroquias forcareiesas de Santa Mariña e San Miguel de Presqueiras dirixiron ao concello de Cerdedo, solicitando seren agregados a dito municipio (xullo de 1952).

Ayuntamiento de Cerdedo
Expediente
Asunto: Vecinos de Presqueiras
==Instancia
que los vecinos de las parroquias de Santa Marina y San Miguel de Presqueiras dirigen al ayuntamiento de Cerdedo, solicitando la agregación de las mismas a dicho municipio==

Julio de 1952.-

Al ayuntamiento de CERDEDO.-

Los que suscriben, que constituyen la mayoría de los vecinos de las parroquias de Santa Marina y San Miguel de Presqueiras2, del municipio de Forcarey3, tienen el honor de dirigirse a esa Corporación4 para exponerle, respetuosamente, lo siguiente:

No es desconocido para nadie de esta comarca que los vecinos de estas dos parroquias han venido experimentando a través de varias generaciones, su ansia de ser segregadas del municipio de Forcarey e incorporadas o agregadas al de Cerdedo. Este anhelo general y permanentemente sentido desde hace mucho tiempo fue exteriorizado hace unos treinta años al solicitar el vecindario de estas dos parroquias la referida segregación, propósito que en aquel entonces no prosperó; pero como el problema es latente, pues no se trata de hallar solución a un capricho o a una necesidad eventual y transitoria, sino que responde a la de afrontar una cuestión de suma importancia, es indudable que, a medida que con el tiempo va poniéndose de relieve la exigencia de esa segregación, surgen nuevos motivos para plantearla a fin de que, percatados el ayuntamiento de Forcarey y esa Corporación de la razón que asiste a estas parroquias, les den adecuada satisfacción.-
El propósito de los vecinos suscribientes no puede ser más fundado. Veamos por qué.-

Consideraciones de hecho que aconsejan la segregación.-

Las parroquias de Santa Marina y San Miguel de Presqueiras tienen una población de 1.440 habitantes.-5
Ambas entidades parroquiales distan de Forcarey, capital del municipio de este nombre a que pertenecen, más de quince kilómetros, mientras que de Cerdedo se halla San Miguel a seis kilómetros y Santa Marina a nueve.-6
La mayor proximidad de ambas parroquias a Cerdedo da lugar a que todas las relaciones de la vida privada, comercial y profesional las tengan con este pueblo, a cuyos establecimientos de todas clases acuden tanto para vender sus productos y surtirse de lo que les hace falta. Ahí van a la farmacia, al médico, es decir, que para toda vida de relación social, excepción hecha de la puramente oficial con la Administración municipal y con el Juzgado comarcal, acuden los vecinos de ambas parroquias a Cerdedo, pues incluso para cuanto depende de la Guardia Civil caen estas parroquias a la demarcación de la Comandancia del puesto de Cerdedo, a donde, por tanto, tienen que ir para los muchos asuntos en que hoy intervienen estas oficinas de la Guardia Civil.-
Pero ocurre más, acontece que así como durante el buen tiempo la distancia que separa a este vecindario de Forcarey oscila entre los 15 y 18 kilómetros, según el lugar, en los días de lluvia, tan frecuentes en Galicia y casi continuamente durante el invierno, esa distancia se agranda de modo considerable, pues el camino es atravesado por un arroyo o riachuelo7 que, al desbordarse, interrumpe el tránsito, obligando a dar un largo rodeo por Pardesoa y Sotelo8, o sea, a hacer un recorrido de 20 kilómetros.-
Lo que se deja expuesto justifica la segregación que se pide, teniendo en cuenta la distancia a que estas parroquias de Presqueiras se hallan con relación a Forcarey y a Cerdedo, pero existe otra consideración no menos importante en apoyo de esta segregación y subsiguiente agregación a Cerdedo, cual es la de que hacia Cerdedo se dirige todo el tráfico regular por carretera de que estas parroquias pueden servirse, pues por la carretera de Orense9 a Pontevedra, en la que Cerdedo se halla, pasan varias líneas de autobuses y constantemente vehículos de viajeros y carga que facilitan el viaje a aquel pueblo, mientras que a Forcarey no existen estas comodidades y facilidades.-
Y ¿qué decir de las comunicaciones con la capital de la provincia a donde es tan frecuente la necesidad de ir para resolver mil asuntos en el Gobierno Civil, Hacienda, Policía, Bancos, Distrito Forestal, Audiencia, Hospital etc. etc.?.- Basta con considerar que yendo directamente de estas parroquias por Cerdedo a Pontevedra la distancia a recorrer es de 42 kilómetros10, pero si hubiera que ir a Forcarey para de allí ir a Pontevedra, como ocurre muchas veces en caso de concentraciones11, o cuando para ir a las oficinas provinciales es necesario solventar antes diligencias en las oficinas municipales, esa distancia sería de ¡69 kilómetros!.-12
Se acompaña con este escrito un mapa de la provincia de Pontevedra que da idea exacta de cuanto se deja expresado. En ese mapa aparece en lápiz rosa, rayada, la situación del territorio jurisdiccional de las parroquias de Santa Marina y San Miguel de Presqueiras, situadas al sur de la carretera nacional de Orense a Pontevedra, y por él se forma idea clara de la distancia que las separa de Forcarey, situado hacia el norte de esa cartera, en la comarcal de Vilapousa13 a La Estrada14, y de Cerdedo, situado en la citada carretera nacional hacia Pontevedra. Ambos pueblos, Forcarey y Cerdedo, aparecen encerrados en un grueso círculo en el mapa para mayor destaque.-

Fundamentos legales de la segregación que se solicita.-

No hay ninguna razón de orden histórico, económico, político o social que se oponga a la segregación que se solicita.- Tanto Santa Marina como San Miguel de Presqueiras viven su propia vida, esencialmente agrícola y ganadera, sin dependencia alguna del resto del municipio más que la estrictamente administrativa. Al hacerse la actual división de términos municipales, lo que seguramente en Galicia tuvo lugar como consecuencia de la Constitución de 1812, se hicieron agrupaciones de pueblos para constituir municipios, sin más razón ni más fundamento que los que aconsejaban las circunstancias de entonces: los caminos, las veredas, una distribución aproximada de habitantes etc.; pero estas circunstancias han cambiado extraordinariamente durante los últimos cien años. Se han abierto carreteras, se han implantado el automóvil, la electricidad, se ha multiplicado el comercio, y la vida de los pueblos ha abierto nuevos cauces encaminando la actividad de los núcleos de población hacia otras zonas, otros mercados y otros centros que no son, muchas veces, los de la capitalidad del respectivo municipio, sino otros más eficientes por su proximidad, vías de comunicación, relaciones comerciales etc.-
La segregación que se pretende no afecta a la subsistencia del municipio de Forcarey, ya que este continuará contando con territorio, población y riqueza imponible bastante para tener existencia de hecho y de derecho, sin que, por tanto, con la segregación se resienta su economía ni su solvencia, ya que contando actualmente con 10.139 habitantes de derecho15, con la segregación quedarían 8.699, población mas que suficiente para un término municipal, con la cual continúa manteniendo aquél su categoría por razón de población.-
El nº 4º de la Ley de Régimen Local autoriza la segregación de parte de un municipio para agregarla a otro colindante, y únicamente impone como obligación, el nº 2 del artº 18, para segregar parte de un municipio, que la segregación no le prive de las condiciones exigidas para creación de un municipio, esto es la que el artº 15 señala y a las que antes hemos aludido. No hay pues obstáculo legal alguno para que la segregación que se interesa pueda llevarse a cabo, pero tampoco existe razón seria que pueda oponerse a los legítimos deseos de los vecinos de Santa Marina y de San Miguel de Presqueiras, antes bien si los ayuntamientos han de dar satisfacción a los anhelos de bienestar de los pueblos que administran, lógico es que en este caso concreto en que la segregación y subsiguiente agregación se encamina a lograr el bienestar de estas dos parroquias, se acceda a ello sin reparos.-
El artº 19 del reglamento de Población y Demarcación Territorial de las Entidades Locales de 17 de mayo de 1952 señala los trámites a que habrán de ajustarse las segregaciones de parte de un municipio para agregarla a otro limítrofe, y trámite inicial del respectivo expediente es la petición escrita dirigida a esa ayuntamiento por la mayoría de los vecinos residentes en la porción que haya de segregarse, y cumpliendo este trámite y teniendo en cuenta las razones expuestas,
SUPLICAN a ese ayuntamiento que, teniendo por presentada esta instancia, se digne admitirla y acordar acceder a la petición formulada por los solicitantes de que las parroquias de Santa Marina y San Miguel de Presqueiras, del término municipal de Forcarey, sean agregadas a ese municipio de Cerdedo.-
Así lo esperan de la rectitud y buen criterio de esa Corporación.-
Santa Marina y San Miguel de Presqueiras, julio de 1952.-


Imagem
N. do E.: A seguir e nesta orde, asinaron o documento os veciños peticionarios (cabezas de casa) dos lugares do Outeiro (34; 27 mulleres), Guisande (30; 20 mulleres), Barro (9; 6 mulleres), Morgade (28; 16 mulleres) e San Miguel (15; 11 mulleres), pertencentes á parroquia de San Miguel de Presqueiras (subtotal: 116).
Despois fixeron o propio os veciños peticionarios (cabezas de casa) dos lugares de Alfonsín (45 e mais o cura; 24 mulleres), Devesa de Abaixo (17; 7 mulleres), Penalba (7; 5 mulleres), Devesa de Arriba (19; 11 mulleres) e Cernadelo (33; 22 mulleres), pertencentes á parroquia de Santa Mariña de Presqueiras (subtotal: 121). Total: 237 veciños e mais o crego.
Obteremos os sobreditos 1.440 habitantes (almas) multiplicando, neste caso, cada veciño (núcleo familiar) por seis. Na Galiza dos anos 50, a altísima presenza de mulleres signatarias neste documento de solicitude acha a súa explicación na ausencia dos homes por mor da emigración.
Moitas persoas asinan en nome doutra “por no saber firmar/escribir” o cabeza de casa. Polo documento deducimos que 33 dos veciños de San Miguel de Presqueiras (31 mulleres) e 43 dos veciños de Santa Mariña de Presqueiras (41 mulleres) eran analfabetos.
Non asina veciño ningún dos lugarres de Fontegrande, Regotraveso e Ratel (pertencentes tamén á freguesía de Santa Mariña). O caso de Ratel é digno de comentario: a metade norte da aldea cae do lado de Forcarei (PO) e parroquia de Presqueiras (Santa Mariña); e a metade sur, do lado de Beariz (OU) e parroquia de Xirarga. Malia o dito, os rateleses enterran os seus mortos na parroquia da Barcia, pertencente ao concello pontevedrés da Lama.
A continuación, nun documento anexo −manuscrito− figuran, distribuídos por lugares, os nomes e apelidos de todos os veciños (cabezas de casa) da parroquia de Santa Mariña de Presqueiras que apoiaban a anexión con Cerdedo. O cura párroco de San Mariña e de San Miguel de Presqueiras (Manuel García Martínez) figura en primeiro lugar nesta listaxe de veciños solicitantes. As sinaturas do alcalde de barrio e dos celadores dos distintos lugares pechan o documento, con data 14-9-1952.
Noutro documento anexo −mecanoscrito− figuran, distribuídos por lugares, os nomes e apelidos de todos os veciños (cabezas de casa) da parroquia de San Miguel de Presqueiras que apoiaban a anexión con Cerdedo. As sinaturas do alcalde de barrio e dos celadores dos distintos lugares pechan o documento.

1 O 15 de xaneiro de 1841, un bo número de veciños de Cerdedo e Forcarei piden a unión de ambos os dous concellos, propondo Folgoso como capital (en A conxura dos Gosende. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo III, Morgante, 2015, páx. 49).
2 A parroquia de San Miguel era anexa á da Santa Mariña de Presqueiras.
3 As parroquias do concello de Forcarei integran, a canda as de Cerdedo e Beariz (e outras), a histórica comarca de Montes.
4 No ano 1952, a corporación cerdedesa estaba presidida polo alcalde falanxista Manuel Gutiérrez Torres.
5 A 1 de xaneiro de 2020, a poboación de Santa Mariña de Presqueiras era de 118 habitantes e a de San Miguel de Presqueiras, de 173 habitantes (INE). Total: 291 habitantes, é dicir, 1.149 habitantes menos ca en 1952.
6 Segundo o GoogleMaps, Ratel, a aldea máis meridional da parroquia de Santa Mariña de Presqueiras, dista na actualidade 16’9 km (ou 13’5 km, pola PO-2204) do núcleo de Cerdedo. E 18’2 km do núcleo de Forcarei.
7 Refírese ao río do Castro, afluente do Lérez.
8 Soutelo (de Montes), lugar da parroquia forcareiesa da Madanela de Montes.
9 Ourense.
10 Segundo o GoogleMaps, se na actualidade un veciño de Cernadelo (Santa Mariña de Presqueiras) viaxar a Pontevedra atravesando os núcleos de Soutelo e Cerdedo (N-541), percorrería 46’6 km. Se escoller o itinerario por Ponte Caldelas, 42’5 km.
11 Refírese ás concentracións parcelarias.
12 Segundo o GoogleMaps, se na actualidade un veciño de Cernadelo (Santa Mariña de Presqueiras) viaxar a Pontevedra arrodeando polo núcleo de Forcarei, percorrería 58’7 km.
13 Vilapouca, lugar da parroquia forcareiesa de Ventoxo.
14 A Estrada.
15 Na actualidade, a poboación do concello de Forcarei é de 3.388 habitantes (INE, IGE). En 68 anos, o padrón forcareiés reduciuse en 6.751 habitantes.
0 Comentários



Deixe uma resposta.

    Un proxecto de:

     Imagem

    Colaboracións

    Tudo
    Alba Rivas
    Alicia Garrido
    Ana Cabaleiro
    Anjo Torres Cortiço
    Anxo Coya
    Calros Solla
    Carlos Loureiro
    Carlos Meixome
    Carme Hermida Gulías
    Carmela Sánchez Arines
    Clara Iglesias Cortizo
    David Otero
    Dionisio Pereira
    Héitor Picallo
    Lola Varela
    Luis Alberto Silva Casas
    Manuel Barros
    Manuel Cabada Castro
    Manuel Fortes
    Marcos Borrageros
    Maria Xesus Nogueira
    Montse Fajardo
    Pedro Peón Estévez
    Susana Sánchez Arins
    Tino Regueira
    Xoán Carlos Garrido
    Xosé Álvarez Castro
    Xosé Malheiro
    Xosé María Lema
    Xurxo Esquío

    Estamos en:


    Imagem
    Imagem
    Imagem
    Foto

    Feed RSS

      Recibir novas

    Subscrición

    Histórico

    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Agosto 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Agosto 2023
    Julho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Agosto 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Setembro 2021
    Agosto 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Janeiro 2021
    Dezembro 2020
    Novembro 2020
    Outubro 2020
    Setembro 2020
    Agosto 2020
    Julho 2020
    Junho 2020
    Maio 2020
    Abril 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Agosto 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Agosto 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018
    Janeiro 2018
    Dezembro 2017
    Novembro 2017
    Outubro 2017
    Setembro 2017
    Agosto 2017
    Julho 2017
    Junho 2017
    Maio 2017
    Abril 2017
    Março 2017
    Fevereiro 2017
    Janeiro 2017
    Dezembro 2016
    Novembro 2016
    Outubro 2016
    Setembro 2016
    Agosto 2016
    Julho 2016
    Junho 2016
    Maio 2016
    Abril 2016
    Março 2016
    Fevereiro 2016
    Janeiro 2016
    Dezembro 2015
    Novembro 2015
    Outubro 2015
    Setembro 2015
    Agosto 2015
    Julho 2015
    Junho 2015
    Maio 2015
    Abril 2015
    Março 2015
    Fevereiro 2015
    Janeiro 2015
    Dezembro 2014
    Novembro 2014
    Outubro 2014
    Julho 2014
    Junho 2014
    Abril 2014
    Março 2014
    Fevereiro 2014
    Janeiro 2014
    Dezembro 2013
    Novembro 2013
    Agosto 2013

    Licenza Creative Commons
    Tabeiros Montes (Portal cultural de Tabeirós-Terra de Montes) de Asociación Cultural "Vagalumes" e Asociación Cultural e Ecoloxista "Verbo Xido" ten unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial 4.0 Internacional.
    Con base nunha obra dispoñíbel en http://www.tabeirosmontes.com/.
    Os permisos alén do foco desta licenza pódense atopar en http://www.tabeirosmontes.com/colabora.html.
Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.