O esperanto, lingua internacional sen vencedores nin vencidos
O esperanto como o único e máis aplicable intento para unha comunicación a nivel universal, sen perda da identidade lingüística de cadaquén. A súa creación e evolución ó longo do tempo e as súas características léxicas e sintácticas. O movemento esperantista e as súas implicacións sociolóxicas. A Asociación Galega de Esperanto, a súa evolución histórica e os fitos que a marcaron: as súas actividades na facultade de filoloxía de Compostela, o congreso internacional de Santiago e a edición de textos de aprendizaxe da lingua desde niveis adaptados ós nenos e nenas, así como a tradución de textos galegos ó esperanto, entre os que salienta o libro "Retrincos" de Castelao e publicación de guías no ámbito da hostalería, turismo etc. Por último o interveniente falará sobre as perspectivas de que desde o movemento esperantista se agardan sobre a evolución do esperanto na sociedade futura.