Lola Varela e Dionisio Pereira poñen en texto e imaxes as impresións dunha vivencia que con ser común a todo o planeta, tivo a súa expresión propia e modulada polas circunstancias da situación propia como a que eles a teñen experimentado no marco do lugar de Vilar, da parroquia de Figueiroa, do extinto concello de Cerdedo, na Comarca de Terra de Montes, no interior dun país, Galiza, que – coma sempre- enfronta os seus problemas sen capacidade de decidir e a espera do que mandan de fóra.
Mais tamén, as veces, sendo de aquí, vémonos desde a mirada dos outros, e achegámonos ao rural coma paisaxe allea á nosa propia identidade, ao que nos trouxo até o que hoxe somos e onde reflectir as potencialidades do que poderíamos ter sido se nos valorásemos no que temos levado a cabo xeración tras xeración contra vento e maré.
Que este testemuño que nos achega Lola e Dionisio nos axude a pararnos a tirar conclusións do acontecido para apreciar o negativo mais tamén o positivo do que esta pandemia significou para analizar o mundo (desde o máis próximo ao máis alleo) que nos toca vivir.
· Tabeirós Montes
Lola Varela | Dionisio Pereira |
Cronica miúda de Vilar de Figueiroa en tempo de Pandemia |