Este ano centraremos a atención en lembrar ao republicanismo da nosa comarca que logo de colaborar na instauración do réxime democrático no Estado en 1931, sufriron xa no 34, pero sobre todo no 36 unha brutal represión.
Como mostra desta represión prestaremos especial atención ao dirixente do republicanismo da nosa comarca, o cerdedense Francisco Varela Garrido. Neste sentido levaremos a cabo un acto o vindeiro venres 7 de xuño, , ás 20:30 h. no salón de actos do MOME no que intervirá o xornalista Fernando Salgado, neto e autor do libro sobre este líder de Izquierda Republicana: “1306/36”.
A Asociación Cultural "·Vagalumes" é membro da Iniciativa Galega pola Memoria e da Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura. no seo das cales realiza as actividades de recuperación da memoria histórica en colaboración co resto das entidades galegas que compartimos a teima pola verdade, xustiza e reparación.