Ademais sempre que puido acompañounos a San Simón a homenaxear aos moitos veciños da nosa comarca de Tabeirós-Terra de Montes que alí estiveron. Ao fin foise, pero queda na nosa memoria e na lembranza leal de que outra Galiza podía ter sido, e que non foi por persoas honestas e traballadoras coma el que non temos un mundo mellor.
Durante os últimos anos, preto do 18 de xullo, contábamos con el para reconstruír aquela viaxe terríbel que fixeran moitos dos nosos devanceiros cara un futuro do que moitos non volveron. Entre eles as cabezas visíbeis do noso pobo co alcalde Jesús Puente Fontans ao fronte.
Na nosa vila segue a rendérselle tributo aos asasinos e ladróns que trunfaron naquela data dando nome as rúas principais do pobo. Mais para nós son outros os nomes que quedarán gravados como exemplares e como merecentes de homenaxe. Entre eles o de Heriberto quen con 19 anos sufriu prisión no Lazareto de San Simón polo delito de aspirar a unha sociedade máis xusta.