FERREIRO irmán loitador pola liberdade.
David Otero
as lealdades,
a irmandade,
por apertas de loita e de dignidade.
Hoxe ao pé de tantas autenticidades,
alumadas a maior valor
polo camarada Ferreiro,
quen mandan son as forzas dos corazóns.
Hoxe que iso chamado España
non sabe contar os seus mortos fusilados,
paseados,
mentres se desangan tantas propostas de reparación
e de restauración,
na ausencia da verdade,
os culpables herdeiros e quen os blanquean, triunfan.
Triunfan fachendosos soberbios
proclamándose vencedores.
Hoxe levamos aínda permanente
o sabor a pólvora das madrugadas
nos paseos a tiro das amañecidas, a lei de fuga.
Tamén así o sabor foi medrando como o aceite na auga
e fíxose a ferro e a reixa, a cadea. a gustar de transterro…
E pagárono caro.
E pagouse caro.
A outros…
non lles custou nada.
Pero a teimosa dignidade dos camaradas non se perdeu,
presente sempre.
militou na xustiza e na firmeza da lealdade,
fixo vida na militancia no pobo,
na humanidade,
no humanismo.
E a dignidade fíxose verbo e carne , pensamento,disposición e feitos.
Concretouse en persoas con nomes propios e apelidos
de absoluta decencia.
Esas persoas tan camaradas,
responsablemente militantes,
furgaron nas feridas abertas día a día,
mantivéronse na evidencia dos inocentes,
deron pasos de complicidades
a polas verdades que restauran a historia.
Nunca afastaron a vista do esencial.
Sempre no movemento de sentir….
miraron de fronte subidos ao pobo.
E entre elas e eles, ti…Ferreiro, Luís,
presente sempre, indo no uso do que sentes.
Ti fixeches do teu pensamento de pura liberdade
unha obra solidaria e proletaria,
forma de vivir.
E na man xenerosa en servizo sempre
axudas a levarnos máis alá… xunto do ben,
E así pois te vemos no sorriso permanente e compartido.
E así pois te vemos nesa túa mirada ampla que tanto nos abraza.
Por iso hoxe aquí contigo…
seguimos no marabilloso costume de soñar,
soñar…si…soñar…
pois o soñar e a rebeldía son parella ben avida
que xermolan azucradas tanto amor en serio nas medidas do enorme.
Por iso gustamos de ti e dos días que fagamos xuntos.
Días a raiolar e de pureza
nos que xa non vexamos voar aos paxariños
eles indo conformistas cara a gaiola.
Camarada Ferreiro…
nunca foches un afiliado do medo.
A túa militancia alenta o noso ir a polas conquistas,
Non es amigo das fogueterías.
Sabes como levar a túa dolor no corazón
E como Alexandre Bóveda ti sabes agardar, si…
pero andando.
Botas a man constructora para a esperanza.
Non esperas.
No teu vivir teceches unha illa cos teus soños.
Pintaches un mar.
Chamáchesnos.
E nun barco de papel aló contigo fomos.
E asi demos coa alegría comunal.
Esa felicidade popular.
A do afecto por terte.
Nesa amizade… camarada.
Ninguén levaba a gorra de capitán.
E contigo logo, xa nun barco maís grande,
feito á man e a corazóns,
sen que nos rouben as estrelas,
queremos seguir na busca de moitas máis verdades.
De moitos máis horizontes.
De moitas máis palabras que sosteñan vida.
Sen a fame do pobre.
Sen a opulencia do rico.
Ninguén levará a gorra de capitán….
Nesa travesía.
David Otero
Na casa da Penela en Mondoñedo, novembro de MMXIX.