pola asociación Verbo Xido e que consideramos necesario manter para honrar a memoria dos represaliados polo franquismo.
Isto é aínda máis necesario nun concello como o de Cerdedo-Cotobade no que o goberno local teima en manter rúas dedicadas a represores.
A homenaxe terá lugar ás 18h na Ponte do Barco, no punto onde Francisco Arca e Secundino Bugallo foron asasinados e onde desde 2006 está instalado o monolito na súa lembranza por iniciativa de Verbo Xido.
Posteriormente, ás 19h, proxectarase o documental "O canteiro de Sebil" sobre a vida do represaliado cuntiense Xoán Xesús González. Este documental foi realizado polo Quinteiro do Umia.
A seguir achegamos uns breves dados biográficos sobre os homenaxeados:
*Francisco Arca Valiñas: canteiro. Natural da parroquia de Figueiroa. Sindicalista, foi dirixente da Sociedade obreira “El Trabajo” de Figueiroa, que formaba parte da “Federación de Agricultores e Obreiros do Concello de Cerdedo” integrada no sindicato CNT desde 1933.
*Secundino Bugallo Iglesias: canteiro. Natural da parroquia de Figueiroa. Sindicalista, foi dirixente da Sociedade obreira “El Trabajo” de Figueiroa, que formaba parte da “Federación de Agricultores e Obreiros do Concello de Cerdedo” integrada no sindicato CNT desde 1933.