Na illa de San Simón houbo moito veciños do noso Concello presos na súa colonia penitenciaria agardando en moitos casos un desenlace tráxico. É un espazo para o recordo mais tamén para reivindicar a xustiza nun presente onde aínda segue vixente a impunidade, a mentira e a apoloxía dese réxime de terror. Desde a A. C. Vagalumes queremos un ano mais defender a verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición.
A inscrición pecharase en canto se complete as prazas que lle corresponden a nosa comarca. Confirmarase e darase un tiquet a aqueles que poidan embarcar. Ninguén que non estea confirmado e co tiquet poderá embarcar por necesidades da propia limitación de prazas que teñen os barcos.