David Otero
XII Cabodano Manuel María: entrega da "Navalla do Manuel"
Vesnos aquí a esta Irmandade
no abrazo sentido de doce anos,
o que nos marca os tempos
da túa permanente presenza.
Pois nós… non nos perdemos polo camiño.
Manuel…
As horas andan de arrebolo,
mareadas a se faceren rulos arredor súa.
Imos polas rúas acoutadas e sentimos
os aires febles, e controlados,
sen facérense ventos ceibes liberadores.
Manuel…
As rúas xa non son lugares de ben, nin de loita,
onde debésemos sumar e multiplicar,
no canto de restar e dividir, sen resistenza.
Nelas xa non se constrúen man con man…
os precisados sentidos da dignidade.
Manuel…
Pisamos por unha sociedade de vanidades,
baleira e de espectáculo feito mercadoría.
Ben así pois…notamos o sabor acedo das derrotas
xa que a liberdade segue a ser o esencial ourado refén…
voando polas gaiolas de ouro.
Manuel…
E así xa ves…calamos…e volvémonos afables
e submisos do si señor…e maleables…
e imos indo…e nunca peor…
e xa veremos para o ano…ide ver…
e o silencio triunfante faise acubillo…e resistencia.
Manuel…
Sabemos que a nosa arma é o voto
( case volto arestora como pistola de fogueo)
E daquela…apuntaremos pois ao que debemos?
E a que e a quen ?
A que fin…?
Proclamamos que Galiza somos nós
e semella que nos dá igual…
Dános o mesmo…si…
que as feridas sigan supurando dolor.
E mesmo temos medo de que a verdade floreza.
Manuel…
E pese a todo…
NÓS non nos cansaremos de facer camiñar a nosa palabra
nas nosas voces en clave de pobo do galego.
NÓS queremos facer visible o escondido…o silenciado
E o noso mirar será optimista…
Pois os nosos ollos escriben a mirada de Galicia.
Nós non nos cansamos…
e promoveremos teimosamente …
os cambios que se nos obrigan.
Velaí a potenciación da nosa intelixencia colectiva.
A necesaria construcción ideolóxica…
…e a política.
setembro 8 de MMXVI.