David Otero
Hai que cambiar o modelo social por outro de igualdade e xa que logo máis xusto e máis democrático. Son necesarias políticas económicas máis igualitarias. Os empregos deben ser cualitativamente acordes coa condición feminina.A marcha atrás dos dereitos conquistados arestora atinxe a todas e a todos, pero en sobremaneira ás mulleres.Nada se amaña se non hai xustiza.Basta da interiorización da superioridade masculina, esta é a que marca xa de primeiras o criterio fundamental de desigualdade ( ese desprezo, ese insulto, ese golpe ben duro).Teñamos presente o desexo das plataformas de mulleres: “ cara a un planeta 50-50 en 2030” Vai de xustiza. Sobre os ombros das mulleres vai boa parte da consecuencia da crise.Velaí unha pregunta: como sería o mundo se as mulleres deixaran de facer o que fan todos os días?