David Otero
Moi en especial, sen desmerezo algún, quixer salientar un anaco de memoria deturpada, silenciada, no noso Concello. Por unha parte a da Corporación executada, da cal o seu pedido ( a Rúa dos Mártires Estradenses) está en vía morta e tamén a das mulleres valentes e solidarias, cheas de dignidade, como Isaura ( muller de Carracedo da Somoza), Filomena Coto, Josefa Campos, Francisca , Benedicta e Mercedes Castro, Laura e Rosa Porto e María, estas tres acusadas de prestar axuda económica a Isaura muller de Carracedo. Rebeldía e dignidade. Liberdade.