Sábado 20 de maio en berres: Tecendo fíos de versos
As 12:00 h. Comezará o acto coa concorrencia das e dos asistentes no cemiterio de San Vicente de Berres á ofrenda floral aos Irmáns Valladares pola A.C. Vagalumes
Logo emprenderemos Camiño de Vilancosta onde no Pazo asistiremos a recepción a cargo da familia dos Irmans Valladares aos asistentes.
Intervencións poéticas en distintos espazos do pazo de Vilancosta na honra de Avelina e Marcial Valladares.
Están convidados para intervir na ofrenda poética:
- Chus Nogueira
- Susana Sanchez Arins
- Romina Bal
- Lorena Rei
- Nieves Soutelo
- Carlos Solla
- Xose Luna
- Xose M. Gañete
- Sindo Villamayor
- Xurxo Esquio
Venres 26 de maio: Conferencia "Marcial Valladares na lembranza" de Xosé A. Fernández Salgado.
Profesor da Universidade de Vigo Autor de “Marcial Valladares: biografía dun precursor no Rexurdimento galego”. Venres 26 de maio ás 20:30 h. No MOME (A Estrada).
* Agasallarase a todos os asistentes ao actos coa biografía de Marcial Valladares editada pola Deputación de Pontevedra.