Tabeirós Montes
  • Novas
    • Presentación
    • Contacto
    • Colabora
  • Terra
    • A Estrada >
      • Agar (Santa Mariña)
      • Aguións (Santa María)
      • Ancorados (San Pedro)
      • Ancorados (San Tomé)
      • Arca (San Miguel)
      • Arnois (San Xiao)
      • Baloira (San Salvador)
      • Barbude (San Martiño)
      • Barcala (San Miguel)
      • Barcala (Santa Mariña)
      • Berres (San Vicenzo)
      • Callobre (San Martiño)
      • Castro (San Miguel)
      • Cereixo (San Xurxo)
      • Codeseda (San Xurxo)
      • Cora (San Miguel)
      • Couso (Santa María)
      • Curantes (San Miguel)
      • Estrada, A (San Paio)
      • Frades (Santa María)
      • Guimarei (San Xiao)
      • Lagartóns (Santo Estevo)
      • Lamas (San Breixo)
      • Liripio (San Xoán Bautista)
      • Loimil (Santa María)
      • Matalobos (Santa Baia)
      • Moreira (San Miguel)
      • Nigoi (Santa María)
      • Oca (Santo Estevo)
      • Olives (Santa María)
      • Orazo (San Pedro)
      • Ouzande (San Lourenzo)
      • Parada (San Pedro)
      • Paradela (Santa María)
      • Pardemarín (Santa Baia)
      • Remesar (San Cristovo)
      • Ribeira (Santa Mariña)
      • Ribela (Santa Mariña)
      • Riobó (San Martiño)
      • Rubín (Santa María)
      • Sabucedo (San Lourenzo)
      • Santeles (San Xoán)
      • Somoza, A (Santo André)
      • Souto (Santo André)
      • Tabeirós (Santiago)
      • Toedo (San Pedro)
      • Vea (San Xiao)
      • Vea (San Xurxo)
      • Vea (Santa Cristina) >
        • Santa Cristina de Vea (Santa Cristina)
      • Vea (Santo André)
      • Vinseiro (Santa Cristina)
    • Beariz >
      • Beariz (Santa María)
      • Lebozán (Santa Cruz)
      • Xirazga (San Salvador)
    • Cerdedo >
      • Castro (Santa Baia)
      • Cerdedo (San Xoán)
      • Figueiroa (San Martiño)
      • Folgoso (Santa María)
      • Parada (San Pedro)
      • Pedre (Santo Estevo)
      • Quireza (San Tomé)
      • Tomonde (Santa María)
    • Forcarei >
      • Aciveiro (Santa María)
      • Castrelo (Santa Mariña)
      • Dúas Igrexas (Santa María)
      • Forcarei (San Martiño)
      • Madanela de Montes, A (Santa María Madanela)
      • Meavía (San Xoán)
      • Millarada (San Amedio)
      • Pardesoa (Santiago)
      • Pereira (San Bartolomeu)
      • Presqueiras (San Miguel)
      • Presqueiras (Santa Mariña)
      • Quintillán (San Pedro)
      • Ventoxo (San Nicolao)
  • Patrimonio
    • Material >
      • Arquitectura vernácula >
        • Alvarizas
        • Pombais
        • Reloxos de sol
      • Castros >
        • Castro de Barbude
        • Castro de Garellas
        • Castro Loureiro
        • Castro da Mouteira
        • Castro de Ribela
      • Cruceiros >
        • A Estrada
        • Forcarei
        • Cerdedo
      • Hórreos >
        • O hórreo do Coto Nabal
        • Hórreo de Quintela
      • Igrexas >
        • Capela de San Bartolomé
      • Industria
      • Lavadoiros >
        • Lavodoiro de Liñares
        • Lavadoiro do Souto
      • Megalítico
      • Mámoas
      • Mosteiros >
        • Aciveiro
      • Muíños
      • Neveiras >
        • Neveiras de Fixó
        • Neveiras do mosteiro de Aciveiro
      • Pazos >
        • Casa e capela de San Ildefonso na Algalia (Guimarei)
        • A casa de Araúxo en Ponte-Sarandón
        • Casa de Badía
        • Casa de A Silva en Ribadulla (Arnois)
        • A Casa da Condesa (ou do Piñeiro) en Santa Mariña de Ribeira
        • A casa de Sesto (Ribela)
        • Casa de Recarei (Curantes)
        • Casa de Miranda (Santeles)
        • Casa de A Silva en Vendexa
        • A Casa Grande de Parada
        • A Casa Grande de San Paio de Figueiroa
        • Casa de Barcia en San Miguel de Cora
        • A casa de "Os Muros"en San Pedro de Parada
        • Casa de Vilanova en Remesar
        • "Casa Varela” en Pereiras
        • Os Mondragón de Vilasusán.Remesar
        • O Pazo do Outeiro de Maíndo (Couso)
        • Pazo de Correáns
        • Pazo de Guimarei
        • Pazo da Mota
        • Pazo de Monteagudo
        • Pazo de Oca
        • Pazo de Preguecido
        • Pazo de Valiñas
        • Pazo de Xerliz
      • Petos de ánimas
      • Petróglifos >
        • Cuiña (Quireza)
        • Laxa da Romaxe
        • Laxas de Penide
      • Pontes >
        • Ponte de Santo Antonio
        • Ponte Vea
        • Ponte de Gundián
        • Ponte de Paradela
        • Ponte de Parada
        • Ponte de Leira
        • Ponte de Gomail
        • Ponte do Crego
        • Ponte Carballa
        • Ponte de Andón
        • Ponte de Pedre
        • Pontes do Lérez
      • Torres e castelao >
        • A Torre da Barreira
        • Castelo de Cira
        • Fortaleza/Castro de Terra de Montes
        • Torre de alarma de Barciela
        • Torre de Guimarei
    • Natural >
      • Árbores >
        • Sobreira de Valboa
        • Sobreira de Valiñas
      • Fervenzas >
        • Fervenza de Callobre
        • Fervenza de Curantes
        • Pozo Sangoento
        • Fervenza do Segón
      • Fontes
      • Flora >
        • Cogumelos
        • Piornal de San Trocado
      • Fauna >
        • Aves >
          • Canilonga
        • Anfibios e réptiles
        • Invertebrados
        • Mamíferos >
          • Lontra
        • Peixes
      • Lagoas >
        • Canteira de Ventoxo
        • Lagoa Sacra
        • Lagoa do Seixo
      • Montes >
        • Candán
        • Monte do Seixo
        • Pico Sacro >
          • Fotografías
          • Textos
          • Vídeos
        • Serra de Cabanelas
      • Penedos >
        • Penedas de Naveiro
      • Ríos >
        • Ulla
      • Vales
    • Inmaterial >
      • Entroido
      • Haxiografía
      • Mitoloxía
      • Oficios >
        • Esmoleiros
      • Romaxes >
        • A Saleta de Bugarín
      • Rapa das bestas >
        • Fotografía >
          • Fotorapa
          • 2008
          • 2009
          • 2010
          • 2011
          • 2012
        • Vídeo
        • Publicacións
      • San Xoán
  • Artes
    • Artesanía >
      • Fernando Porto
    • Cine >
      • Chano Piñeiro
    • Escultura >
      • Ignacio Cerviño
      • Esculturas funerarias >
        • Cemiterio de Folgoso
      • A purísima de Asorey
    • Fotografía >
      • Karina
      • Pedro Brey Guerra
      • Maxcarun >
        • Aves
        • Insectos
        • Mamíferos
        • Reptis e anfíbios
      • Naturgalicia
    • Música >
      • Banda de Gaitas de Forcarei
      • Coral Polifónica Estradense
      • Chorovía na moucarría
      • Gaiteiros de Soutelo
      • Nao
      • Xenreira
      • Xosé Lueiro
    • Pintura >
      • Virxilio Blanco
    • Teatro
  • Letras
    • Avelina Valladares
    • Andrea Porto >
      • Textos
    • Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
    • Antonio Fraguas
    • Antonio Rodríguez Fraiz >
      • Textos
      • Estudos
      • Entrevistas
    • Carlos Loureiro >
      • Textos
    • Carlos Mella
    • Calros Solla >
      • Textos
    • David Otero >
      • Textos
    • Dionísio Pereira >
      • Textos
    • Goretti Sanmartín >
      • Textos
    • Manuel Cabada Castro >
      • Textos
    • Manuel García Barros >
      • Correspondencia >
        • Cecilia Alcoba
        • Xosé Ramón Fernández Oxea (BEN-CHO-SHEY)
      • Documentos
      • Fotos
      • Vídeos
      • Estudos
    • Manuel Daniel Varela Buxán >
      • Fotos
      • Textos
    • Marcial Valladares Núñez >
      • Actividades
      • Estudos
      • Obra
      • Vídeo
    • Neves Soutelo >
      • Textos
    • Olimpio Arca Caldas >
      • Fotos
      • Obras
      • Vídeos
    • Ramón de Valenzuela Otero >
      • Achegas >
        • Sermos Galiza
      • Fotos
      • Vídeos
    • Santiago Gómez Tato
    • Sindo Villamayor >
      • Sindo Villamayor
    • Susana Sánchez Aríns >
      • Susana Sánchez Arins
    • Xoán Carlos Garrido
    • Xosé Luna Sanmartín >
      • Recursos
    • Xosé Manuel Martínez Oca
    • Xoseme Mosquera >
      • Vida
      • Obra
    • Xosé Manuel Cabada Vázquez >
      • Biografía
      • Documentos
      • Imaxes
      • Obra
    • Xosé Otero Abelleira >
      • Fotografías
    • Xosé Roxelio Otero Espasandín >
      • Do autor >
        • Vivir morrendo
      • Paisaxe vital de Xosé Otero Espasandín con Castro ao lonxe
      • Un Otero Espasandín de vinte anos
    • Xosé Varela Buela
    • Xurxo Esquío >
      • Xurxo Esquío
  • Historia
    • Feitos >
      • Prehistoria
      • Idade Antiga
      • Idade Media
      • Idade Moderna
      • Idade Contemporánea >
        • Revolta labrega de 1915 >
          • Sociedades agrarias
          • Xornais e documentos
          • Sociedade de Instrución Unión de Rubín de La Habana
          • Recuperación da Festa Labrega
          • Revolta labrega de 1915
    • Persoas >
      • Anxel Campos Varela
      • Manuel Ventura Figueroa
      • Mary Isaura
      • Pedro Campos Couceiro
      • Pedro Varela Castro
      • Ramón Silvestre Verea García
      • Virxinia Pereira
      • Waldo Álvarez Insua
  • Memoria
    • Actividades >
      • Ponte do Barco
      • Eliminación da simboloxía franquista
      • Homenaxe nacional as vítimas do franquismo en San Simón
      • Homenaxe a Xoán Xesús González
      • Proxección de "A derradeira lección do mestre" (24-3-2007)
      • Homenaxe aos paseados da Ponte do Regueiro
      • Conmemoración do 5 de xuño (5-06-2007)
      • Homenaxe a Bernardo Mato Castro na súa escola (8-7-2006)
    • Documentos >
      • Causas >
        • Así se xustifica unha condena a morte de José Costés Fernández e José Gómez Rivas >
          • Ideas polas que se mata a Cortés Fernández
      • Cartas >
        • Manuel Graciano ao Goberno Portugués
        • Carta dos Concelleiros ao pobo da Estrada
        • Ramón Fernánde Rico
        • José Mª Pena
      • Instrucións para a resistencia
      • Oficio de Crego de Castro (Cerdedo)
      • Memorias >
        • Memorias dun proscrito
      • Prensa >
        • Galicia Libre
      • Publicacións
    • Feitos >
      • O levantamento franquista na Estrada
      • A Estrada viste a camisa azul
      • O “imposto revolucionario”
      • O saqueo do pobo. O invento do secuestro express
      • As incautacións: A insticionalización do roubo
      • A interrupción tráxica do galeguismo
      • Represión do maxisterio estradense
      • Mulleres, dignidade e rebeldía
    • Imaxes >
      • Vitimas do franquismo
    • Listaxes >
      • A Estrada >
        • Fuxidos da parroquia de Guimarei
        • Presos en San Simón
      • Terra de Montes >
        • Beariz
        • Cerdedo
        • Forcarei
    • Lugares >
      • A casa do pobo de Deán (Cerdedo)
      • A república de Guimarei
      • Campo de Laudas
      • Ponte do Regueiro
      • Quilómetro 1 da Avenida de Buenos Aires: Aquí se fusilou
      • Simboloxía franquista
    • Nomes >
      • Antonio Sueiro Cadavide
      • Alfonso Ramiro Castro Dono
      • Alfredo Iglesias Álvarez
      • Candido Tafalla Froiz
      • Manuel Brea Abades
      • Manuel Garrido "O resucitado"
      • Francisco Varela Garrido
      • Isolino Feros Salgueiro
      • José Mª Baliño Sánchez
      • José María Pena
      • Manuel García Barros
      • Antonio Fraguas Fraguas
      • Jesús Ignacio Puente Fontanes (Balseiros)
      • Bernardo Mato Castro
      • Hixinio Carracedo Ruzo >
        • Fotos homenaxe a Carracedo na Somoza no seu 75 cabodano
      • José Gómez Rivas
      • José Mª Taberneiro
      • José Rodríguez Sangiao
      • Manuel Puente Porto
      • Manuel Coto Chan
      • Martiño Ferreiro Álvarez
      • Ramón Fernández Rico
      • Ventín, 5 da mesma familia fusilados xuntos
    • Represores >
      • Padre Nieto
    • Testemuños >
      • David García Insua
      • Roxelio Arca
  • Movementos
    • Asociacionismo cultural >
      • A.C. A Estrada >
        • Antonio Fraguas e o monumento aos mártires
        • Enterro da Sardiña
        • Mostra de artesanía da Estrada
        • Simposio de literatura galega de autoría estradense
      • A. C. O Brado
      • Contrarretranca
      • A. C. Vagalumes >
        • Actividades >
          • Conmemorar Carvalho Calero
        • Vídeos
        • Publicacións
        • Fotos
      • AEC Verbo Xido >
        • Carteis e publicacións
        • Defensa das árbores autóctonas
      • Capitán Gosende
      • CETMO
      • Colectivo Portalén
    • Ecoloxismo >
      • Invasión eólica
    • Emigración >
      • Arxentina
      • Brasil
      • Cuba >
        • Nomes >
          • Manuel Álvarez Fuentes
          • Jesús Barros López
    • Ensino >
      • Primaria >
        • CEIP de Figueroa >
          • CEIP de Figueroa (A biblio de Carola)
        • CEIP Cabada Vázquez
        • CEIP Pérez Viondi
        • CEIP Villar Parama
        • CEIP O Foxo >
          • As nosas cousas
          • Bilbioteca
          • Peque Xenios
          • Pereiriños
      • Secundaria >
        • IES Nº 1 >
          • Fotos
        • IES Manuel García Barros >
          • As nosas letras
        • IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez
        • IES Chano Piñeiro >
          • O Chaniño - Biblioteca
          • Lingua de Montes
    • Feminismo >
      • Asociacionismo >
        • Colectivo Feminista
        • Espadela >
          • A muller na Terra de Montes (Exposición do CETMO)
          • Festa da Vincha
    • Loita labrega
    • Movemento obreiro
    • Movemento veciñal >
      • Contra a suba do IBI na Estrada
      • Loita contra a fusión de Cerdedo
    • Normalización lingüística >
      • Conflito do Foxo
      • Letras galegas 1970 na Estrada
      • Queremos Galego
    • Pacifismo
    • Política >
      • BNG
      • PSOE
      • PP
      • OUTROS
  • Arquivo
    • Foto >
      • Edificios
      • Eventos
      • Deporte
      • Industria
      • Nomes
      • Rúas
      • Xente
    • Vídeo >
      • Documentais >
        • CETMO
        • A Estrada románica
      • Filmes
      • Actos
      • Conversas
      • Imaxes
    • Audio >
      • Voces
    • Publicación >
      • Libros >
        • Ond´o sol facheaba ó amañecer. Vida e obra de Avelina Valladares. Xosé Luna Sanmartín
        • Vagalumes. Manuel Cabada Vázquez
        • A Estrada
      • Xornais >
        • Eco de la Estrada
        • El Emigrado
        • El Estradense
      • Revistas >
        • Contrarretranca
        • Cotaredo
        • Tabeirós Terra
        • Verbo Xido
      • Folletos

O CAMPO DAS LAUDAS DE CERDEDO ACOLLERÁ UNHA LAUDA NA MEMORIA DOS ARCA E DOS BUGALLO

6/8/2021

0 Comments

 

O monólito conmemorativo, da autoría do escultor Marcos Escudero,
chantarase no Campo das Laudas de Cerdedo a canda os sete existentes

Calros Solla
Imagem
O Campo das Laudas (As Raposeiras-Meilide-Cerdedo)
.     En chegando o outono, facendo realidade o anunciado o pasado mes de abril, o colectivo Capitán Gosende fincará na aldea das Raposeiras (Meilide-Cerdedo) o oitavo monólito do seu Proxecto Campo das Laudas. Nesta ocasión, o vargo, labrado coma sempre polo escultor Marcos Escudero, honrará o sacrificio e fará perdurábel o recordo dos republicanos cerdedeses Francisco Arca Valiñas, Secundino Bugallo Iglesias, Xerardo Bugallo Lois e Roxelio Arca Rivas. Francisco e Secundino foron salvaxemente asasinados por fascistas de Cerdedo en 1936. Xerardo correu a mesma sorte en abril de 1939, xa finalizada a Guerra Civil. O cuarto, Roxelio, combateu no bando leal á República até o 29 de marzo de 1939, data na que foi feito prisioneiro en Teruel. Amais das penalidades do cativerio, unha vez de volta no fogar, Roxelio Arca cangou co xugo represivo do menosprezo e da exclusión social nun Cerdedo cribado pola vinganza, o fanatismo e o terror.

     Por desgraza, dos catro homenaxeados só posuímos fotografías de Roxelio Arca Rivas, falecido en 2010, a piques de cumprir un século de republicanismo e dignidade. Non obstante, estes documentos posúen un indubidábel valor colectivo, xa que o retratan a carón da lápida e placa de bronce que, grazas ao patrocinio da asociación Verbo Xido e á colaboración do canteiro Xosé Nieto Xidavante, fincamos o 13 de agosto de 2006 na Ponte do Barco (Pedre), no infausto lugar onde, setenta anos antes, os fascistas asasinaran a seu pai Francisco Arca Valiñas e o seu camarada Secundino Bugallo Iglesias: “Morreron pola liberdade”.

     Dignificación, reparación e visibilización de todas as vítimas cerdedesas do fascismo (labor titánico no que teimaremos até onde dean as forzas). Punto de encontro e mostra de resarcimento para as familias dos republicanos represaliados, o Campo das Laudas, inaugurado en 2016, vaise paseniño facendo realidade, grazas ás achegas dos membros do colectivo Capitán Gosende e á colaboración dos seus amigos e simpatizantes (cómpre resaltar a xenerosidade do vuxa Marcos Escudero). O proxecto non se beneficia de subvención pública ningunha, e naquel territorio carecente de tolerancia política, deixa en evidencia a tendenciosidade ideolóxica dos seus gobernantes e o seu flagrante incumprimento da Lei. En compensación e malia o silenciamento, o Memorial das Raposeiras é un dos lugares máis visitados e fotografados de Cerdedo.

     O Campo das Laudas, un tributo do pobo para o pobo, é, xaora, unha iniciativa cultural sen parangón non só na Galiza, senón no resto do Estado. Até o momento, o colectivo Capitán Gosende preservou do tácito esquecemento institucional os nomes de 13 cerdedesas e cerdedeses mortos ou damnificados polo franquismo. Son os seguintes: o mestre, divulgador científico e poeta Xosé R. Otero Espasandín (natural de Castro do Medio-Castro), o canteiro Antonio Sueiro Cadavide (alcalde republicano; natural de Limeres-Cerdedo), o comisionista e xornalista Francisco Varela Garrido (secretario municipal; natural de Cerdedo), o carpinteiro Xosé Torres Paz (escribente municipal; natural de Cerdedo), o mestre de obras Martiño Ferreiro Álvarez (tenente de alcalde da Coruña; natural do Outeiro-Quireza), o canteiro Manuel Garrido o Resucitado e a súa muller Esperanza Barros García, labrega (naturais de Fondós-Quireza) e a labrega Xosefa Rivas Touriño, matriarca dos Ventín: Erundino, Manuel e Olegario Ventín Rivas; Perfecto Ventín Barreiro e Ramiro Lois Ventín (carrilanos, naturais de Tresaldeas e Piñeiro-Quireza, en Cerdedo, e As Quintas-Codeseda, na Estrada).

     Francisco Arca Valiñas, alcumado Brillante, e o seu fillo Roxelio Arca Rivas eran naturais da parroquia de Figueiroa. Francisco Arca naceu no ano 1883 (ou 1886), desempeñando os oficios de canteiro e tratante de gando. Esforzado profesional, o xornal bonaerense Correo de Galicia do 21 de setembro de 1924 leva ás súas páxinas a noticia dun grave accidente laboral sufrido por Francisco Arca durante a construción dunha ponte no lugar da Montesiña (Soutomaior), na estrada de cara a Ponte Caldelas (PO-244). Arca presentaba importantes heridas en la cabeza, pérdida del dedo de una mano, rotura de varias costillas y síntomas de conmoción visceral. Malia padecer lesións de prognóstico grave, deu saído do transo.

     Secundino Bugallo Iglesias, alcumado o Cambo, e o seu fillo Xerardo Bugallo Lois eran veciños da parroquia de Figueiroa. Secundino Bugallo, oriúndo da Barciela (parroquia de Castrelo, Forcarei), naceu no ano 1886, desempeñando os oficios de canteiro e tratante de gando.

     Francisco Arca Valiñas e Secundino Bugallo Iglesias foron dirixentes da Sociedade de Agricultores “El Trabajo” de Figueiroa, vinculada ao sindicato CNT e integrada na Federación de Agricultores e Obreiros de Cerdedo con sede na Casa do Pobo de Deán. Secundino Bugallo Iglesias chegou a presidir en 1931 a devandita Federación, referente na Galiza dende a época do agrarismo.
En agosto de 1934, Secundino Bugallo Iglesias integraba a comisión organizadora que posibilitou en Cerdedo a creación de Izquierda Republicana, tarefa compartida, entre outros, con Antonio Sueiro Cadavide (o alcalde republicano), Severino Bugallo Valiñas e Ánxel Bugallo Camiña (El País, 7-8-1934). Secundino Bugallo tamén desenvolveu o cargo de xuíz municipal (El País, 18-8-1934).

     Malia as manobras obstrucionistas da dereita caciquil, o 17 de febreiro de 1935, a xunta xeral de afiliados da Izquierda Republicana cerdedesa nomea a Bugallo Iglesias e a Arca Valiñas tesoureiro e segundo vogal, respectivamente, do cadro directivo da formación política. No organigrama local, Sabino Bugallo Valiñas
ocupará a presidencia, Ánxel Bugallo Camiña, a secretaría e Luciano García Ventín, a primeira vogalía (El País, 20-2-1935; El Pueblo Gallego, 22-2-1935). Durante a sesión, o presidente Sabino Bugallo Valiñas lembrarase dos correlixionarios encarcerados pola súa suposta participación nos sucesos ocorridos en Cerdedo a raíz da folga de outubro de 1934: o alcalde Antonio Sueiro Cadavide, o seu fillo Camilo Sueiro Bouzas, Carlos González Estévez, Xosé Torres Paz, Francisco Varela Garrido, o presqueirán Alfredo Iglesias Álvarez e o propio Sabino Bugallo Valiñas.

     Unha das primeiras decisións que toma o novo cadro directivo da IR cerdedesa é a recolla de sinaturas en solidariedade cos obreiros detidos durante a folga xeral revolucionaria. Suplícaselles ás autoridades estatais que se poña fin ás execucións. Consonte o xornal El Emigrado (28-2-1935), o pobo de Cerdedo respondeu, achegando en poucos días unhas dúas mil adhesións, que acompañarían un escrito remitido a Niceto Alcalá-Zamora, presidente da República e a Alejandro Lerroux, presidente do Consello de Ministros.

     O 18 de abril de 1935, Francisco Arca Valiñas, o seu fillo Roxelio Arca Rivas, Dositeo Cortizo Penelas, Xosé María Vilas Sueiro, Constantino Troitiño Sieiro e Guillerme Valiñas Bugallo irromperon na igrexa de Figueiroa, interrompendo os oficios do Xoves Santo. Segundo coliximos do publicado por Dionísio Pereira (A II República e a represión en Cerdedo, 2006, páxs. 15-6), este altercado débese contextualizar no enfrontamento que moitos veciños de Figueiroa mantiñan co párroco de ideoloxía carlista Manuel López Vizcaíno, xa que, amais doutras corruptelas, opúñase con ardencia a que os librepensadores se enterrasen no camposanto da parroquia e, asemade, á construción dun cemiterio laico. O caso, avivado pola prensa católica, tivo moita repercusión mesmo a nivel estatal. O 31 de agosto, os Arca e os máis veciños foron xulgados de urxencia na Estrada e condenados a catro meses de arresto. Francisco Arca, Roxelio Arca e Xosé María Vilas non se entregaron e, reclamados polo Xulgado, foron detidos pola Garda Civil (El Pueblo Gallego, 13-9-1935).

     Acaecida a sublevación fascista, o 20 de xullo de 1936 Secundino Bugallo Iglesias (IR) e Francisco Arca Valiñas (IR) sumáronse ao comité de emerxencia que, en Cerdedo, defendeu heroicamente a legalidade e a vontade popular referendada nas urnas cinco meses antes. En ausencia por inhabilitación do alcalde Antonio Sueiro Cadavide e por delegación do tenente de alcalde Luciano García Ventín, o comité estaba dirixido polos secretarios municipais Francisco Varela Garrido (IR) e Francisco Varela Buela (PSOE), compartindo dita responsabilidade cos camaradas e concelleiros Xosé Torres Paz (PSOE), Sabino Bugallo Valiñas (IR), Casimiro Cortizo e Manuel Gamallo Bugallo (IR). Secundino Bugallo ocupouse, entre outros labores, de requisárllelas armas porta a porta aos dereitistas máis exaltados. Os veciños da parroquia de Figueiroa, coñecida en Cerdedo por “A Pequena Rusia”, plántanlle cara na ponte Valoutas a un destacamento da Garda Civil que, proveniente de Pontevedra, traía a encomenda de prender as autoridades
republicanas. O baluarte popular cede. Aqueles homes que non son detidos, poñen terra polo medio ou agóchanse nos acubillos monteses. As súas mulleres serán obxecto de continuas coercións e vexacións.

     Dobregada a resistencia republicana, Francisco Arca Valiñas e Secundino Bugallo Iglesias son detidos e recluídos no cuartel da Garda Civil de Cerdedo.

     Días despois, na noite do 13 de agosto de 1936, un fato de falanxistas cerdedeses, en conivencia con membros da chamada Guardia Cívica, “sacáronos” do cuartel e conducíronos ao anfraito da Ponte do Barco (parroquia de Pedre). Alí, no antigo quilómetro 74 da estrada de Ourense, os pistoleiros das dereitas torturáronos e déronlles morte. Os terríbeis berros de dor conturbaron as inadvertidas tesmuñas que, malia unha omertá de décadas, xamais darían esquecemento nin ao crime nin aos seus autores. Os cadáveres, abandonados na cuneta cos xenitais mutilados, foron descubertos á primeira hora da mañá polos pasaxeiros dun coche de liña. Entre os viaxeiros atopábase a muller de Francisco Arca, que baixaba a Pontevedra para informarse do paradoiro do seu home.

     López Vizcaíno, o cura de Figueiroa, impediu que se lles puidese dar sepultura no cemiterio parroquial. Pola contra, Xosé Paramá, o crego de Pedre, permitiu que fosen soterrados no cemiterio desta parroquia. Tempo despois, as familias dos asasinados trasladaron as cinzas con discreción a Figueiroa. As lápidas de Francisco e Secundino aínda se conservan no cemiterio de Pedre (Solla, C.: Así aprenderán a non ter ideas. Agrarismo, caciquismo e República en Cerdedo, 2016, páx. 341).

     Xerardo Bugallo Lois, fillo de Secundino Bugallo Iglesias, tamén estaba afiliado á Sociedade de Agricultores “El Trabajo” de Figueiroa. Días despois da sublevación, foi detido a canda seu pai e recluído no cuartel da Garda Civil de Cerdedo. Ao parecer, o cabo Avelino Sánchez, enfastiado polas actuacións arbitrarias dos falanxistas locais, foi quen de salvarlle a vida in extremis. Lembremos que o día 11 de agosto de 1936, os pistoleiros da Falanxe levaron do cuartel e cunetearon en Pontevedra (parroquia de Alba) aos cerdedeses Xosé Torres Paz e Xosé Cortizo González, dando por morto a Manuel Garrido o Resucitado; e aos souteláns Xosé Mª Taberneiro Fraiz o Rolo de Vilapouca e Xesús González González Pernas. Dous días despois, empregando o mesmo execrábel procedemento, asasinarían na Ponte do Barco (Pedre) a seu pai Secundino Bugallo Iglesias e a Francisco Arca Valiñas. As listaxes negras dos fascistas estaban ateigadas de nomes.

     Xerardo Bugallo foi mobilizado á forza no bando franquista, participando na sanguenta batalla do Ebro (xullo-novembro de 1938). Rematada a contenda (1 de abril de 1939), o tren que o conducía a Galiza fixo parada en León. Na plataforma da estación foi recoñecido por un falanxista implicado no asasinato de seu pai, quen non dubidou en matalo polas costas.

     Roxelio Arca Rivas, fillo de Francisco Arca Valiñas, naceu no ano 1913. Exerceu a profesión de canteiro e ghalruou xidamente en vervo de arghinas. Cando aconteceu o golpe de Estado (17-18 de xullo de 1936), Roxelio atopábase traballando en Madrid. Seguindo o relato de Dionísio Pereira e do propio Roxelio Arca (Álbum de guerra. Canteiros da Terra de Montes no Exército Popular da República, 2008), o de Figueiroa, contando 23 anos de idade, alistouse voluntario no Grupo 33 da primeira columna confederal da CNT organizada na capital do Estado (Columna Del Rosal). Pouco despois, o Grupo 33 integrouse no 153 Batallón “Ferrer”, reconvertido posteriormente na 39 Brigada Mixta.

     A 39 Brigada Mixta combateu na fronte de Aragón até decembro de 1936, cando os seus compoñentes foron trasladados a Madrid para gozaren duns días de descanso, antes de enfrontar a defensa da capital do Estado. Alí, o 21 de Nadal, na pensión galega onde se hospedaba, Roxelio Arca ten coñecemento do falecemento de seu pai: El vil asesinato de mi querido padre Francisco Arca Valiñas y de su compañero y amigo Secundino Bugallo, por los canallas, criminales y asesinos falangistas del municipio de Cerdedo, hecho ocurrido en la trágica noche del jueves 13 de agosto de 1936, y al saber la triste noticia, cuantas lágrimas vertieron mis ojos, lágrimas de pena, rabia e impotencia por lo sucedido, y de uno no ser capaz de protegerlos, mártires los dos compañeros de un ideal noble y justo (páx. 16).

     A 39 Brigada Mixta foi quen de conter a ofensiva franquista sobre Madrid durante meses. A Roxelio, o seu denodo no combate valeulle o ascenso a cabo. O 21 de marzo de 1938 son relevados da primeira liña. Roxelio Arca escribiría: Durante un año, dos meses y ventiún días, hemos estado en la primera línea de fuego, defendiendo la libertad y la capital de España ... contra las feroces embestidas de las fuerzas franco-fascistas (páx. 19).

     Non obstante, a guerra continuou para Roxelio nas frontes de Guadalajara e Teruel até o 29 de marzo de 1939, que, apeando a metralladora, deberon renderse na serra de Camarena, sendo confinados no campo de concentración da praza de touros de Teruel. Roxelio Arca ofrecerá fidel testemuño da morte en combate de moitos dos seus compañeiros, non poucos, paisanos da Terra de Montes; testemuño oral e escrito, posto que, como xa apuntamos, conservou un diario de guerra e máis de corenta fotografías, obtidas na fronte de Madrid, material editado por Dionísio Pereira en 2008.

     Xa na Galiza, baixo constante vixilancia da Garda Civil, foi obrigado a incorporarse a un batallón disciplinario, constituído no desaparecido Cuartel das Mercedes de Lugo, en cuxos calabozos permaneceu, pasando mil calamidades, até que lle foi condonada a pena.

     Roxelio Arca Rivas, manténdose firme nas súas conviccións, faleceu en Figueiroa (Cerdedo) o 6 de novembro de 2010 aos 97 anos de idade, non sen antes participar en 2006 (e seguintes) nos actos de homenaxe que a asociación Verbo Xido de Terra de Montes lles dedicou a seu pai Francisco Arca e mais ao seu camarada Secundino Bugallo. O monumento da Ponte do Barco foi obxecto de innúmeras agresións por parte da nostálxica intolerancia.

     Cerdedo, en poder do golpismo fascista e dos seus herdeiros ideolóxicos dende o fatídico verán do ano 1936, desapareceu como concello en 2016. Aínda hoxe, naquel territorio desnortado séguese a incumprir a Lei de Memoria Histórica (2007) e, ben seguro, imcumprirase a Lei de Memoria Democrática.

     Porén, non tardando, o Campo das Laudas das Raposeiras (Meilide-Cerdedo) arrequecerase coa oitava lauda na honra de Secundino e Francisco e na honra dos seus fillos Xerardo e Roxelio. Nós non esquecemos, Cerdedo non debera.
Imagem
Roxelio Arca Rivas con 24 anos de idade (Álbum de guerra, 2008).
Imagem
O señor Roxelio Arca a carón do monumento aos mártires da Ponte do Barco (2006).
Imagem
Roxelio Arca Rivas en 2006, con 93 anos de idade.
0 Comments



Leave a Reply.

    Colaboracións

    Todos
    Alba Rivas
    Alicia Garrido
    Ana Cabaleiro
    Anjo Torres Cortiço
    Anxo Coya
    Calros Solla
    Carlos Loureiro
    Carlos Meixome
    Carme Hermida Gulías
    Carmela Sánchez Arines
    Clara Iglesias Cortizo
    David Otero
    Dionisio Pereira
    Héitor Picallo
    Lola Varela
    Luis Alberto Silva Casas
    Manuel Barros
    Manuel Cabada Castro
    Manuel Fortes
    Marcos Borrageros
    Maria Xesus Nogueira
    Montse Fajardo
    Pedro Peón Estévez
    Susana Sánchez Arins
    Tino Regueira
    Xoán Carlos Garrido
    Xosé Álvarez Castro
    Xosé Malheiro
    Xosé María Lema
    Xurxo Esquío

    Fuente RSS



    Un proxecto de:

     Imagem

    Estamos en:

    Imagem
    Imagem
    Imagem

      Recibir novas

    Subscrición

    Histórico

    Enero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Enero 2022
    Diciembre 2021
    Noviembre 2021
    Septiembre 2021
    Agosto 2021
    Julio 2021
    Junio 2021
    Mayo 2021
    Abril 2021
    Marzo 2021
    Febrero 2021
    Enero 2021
    Diciembre 2020
    Noviembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Junio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Marzo 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Septiembre 2018
    Agosto 2018
    Julio 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Junio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Enero 2015
    Diciembre 2014
    Noviembre 2014
    Octubre 2014
    Julio 2014
    Junio 2014
    Abril 2014
    Marzo 2014
    Febrero 2014
    Enero 2014
    Diciembre 2013
    Noviembre 2013
    Agosto 2013

    Licenza Creative Commons
    Tabeiros Montes (Portal cultural de Tabeirós-Terra de Montes) de Asociación Cultural "Vagalumes" e Asociación Cultural e Ecoloxista "Verbo Xido" ten unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial 4.0 Internacional.
    Con base nunha obra dispoñíbel en http://www.tabeirosmontes.com/.
    Os permisos alén do foco desta licenza pódense atopar en http://www.tabeirosmontes.com/colabora.html.
Powered by Create your own unique website with customizable templates.