Tabeirós Montes
  • Novas
    • Presentación
    • Contacto
    • Colabora
  • Terra
    • A Estrada >
      • Agar (Santa Mariña)
      • Aguións (Santa María)
      • Ancorados (San Pedro)
      • Ancorados (San Tomé)
      • Arca (San Miguel)
      • Arnois (San Xiao)
      • Baloira (San Salvador)
      • Barbude (San Martiño)
      • Barcala (San Miguel)
      • Barcala (Santa Mariña)
      • Berres (San Vicenzo)
      • Callobre (San Martiño)
      • Castro (San Miguel)
      • Cereixo (San Xurxo)
      • Codeseda (San Xurxo)
      • Cora (San Miguel)
      • Couso (Santa María)
      • Curantes (San Miguel)
      • Estrada, A (San Paio)
      • Frades (Santa María)
      • Guimarei (San Xiao)
      • Lagartóns (Santo Estevo)
      • Lamas (San Breixo)
      • Liripio (San Xoán Bautista)
      • Loimil (Santa María)
      • Matalobos (Santa Baia)
      • Moreira (San Miguel)
      • Nigoi (Santa María)
      • Oca (Santo Estevo)
      • Olives (Santa María)
      • Orazo (San Pedro)
      • Ouzande (San Lourenzo)
      • Parada (San Pedro)
      • Paradela (Santa María)
      • Pardemarín (Santa Baia)
      • Remesar (San Cristovo)
      • Ribeira (Santa Mariña)
      • Ribela (Santa Mariña)
      • Riobó (San Martiño)
      • Rubín (Santa María)
      • Sabucedo (San Lourenzo)
      • Santeles (San Xoán)
      • Somoza, A (Santo André)
      • Souto (Santo André)
      • Tabeirós (Santiago)
      • Toedo (San Pedro)
      • Vea (San Xiao)
      • Vea (San Xurxo)
      • Vea (Santa Cristina) >
        • Santa Cristina de Vea (Santa Cristina)
      • Vea (Santo André)
      • Vinseiro (Santa Cristina)
    • Beariz >
      • Beariz (Santa María)
      • Lebozán (Santa Cruz)
      • Xirazga (San Salvador)
    • Cerdedo >
      • Castro (Santa Baia)
      • Cerdedo (San Xoán)
      • Figueiroa (San Martiño)
      • Folgoso (Santa María)
      • Parada (San Pedro)
      • Pedre (Santo Estevo)
      • Quireza (San Tomé)
      • Tomonde (Santa María)
    • Forcarei >
      • Aciveiro (Santa María)
      • Castrelo (Santa Mariña)
      • Dúas Igrexas (Santa María)
      • Forcarei (San Martiño)
      • Madanela de Montes, A (Santa María Madanela)
      • Meavía (San Xoán)
      • Millarada (San Amedio)
      • Pardesoa (Santiago)
      • Pereira (San Bartolomeu)
      • Presqueiras (San Miguel)
      • Presqueiras (Santa Mariña)
      • Quintillán (San Pedro)
      • Ventoxo (San Nicolao)
  • Patrimonio
    • Material >
      • Arquitectura vernácula >
        • Alvarizas
        • Pombais
        • Reloxos de sol
      • Castros >
        • Castro de Barbude
        • Castro de Garellas
        • Castro Loureiro
        • Castro da Mouteira
        • Castro de Ribela
      • Cruceiros >
        • A Estrada
        • Forcarei
        • Cerdedo
      • Hórreos >
        • O hórreo do Coto Nabal
        • Hórreo de Quintela
      • Igrexas >
        • Capela de San Bartolomé
      • Industria
      • Lavadoiros >
        • Lavodoiro de Liñares
        • Lavadoiro do Souto
      • Megalítico
      • Mámoas
      • Mosteiros >
        • Aciveiro
      • Muíños
      • Neveiras >
        • Neveiras de Fixó
        • Neveiras do mosteiro de Aciveiro
      • Pazos >
        • Casa e capela de San Ildefonso na Algalia (Guimarei)
        • A casa de Araúxo en Ponte-Sarandón
        • Casa de Badía
        • Casa de A Silva en Ribadulla (Arnois)
        • A Casa da Condesa (ou do Piñeiro) en Santa Mariña de Ribeira
        • A casa de Sesto (Ribela)
        • Casa de Recarei (Curantes)
        • Casa de Miranda (Santeles)
        • Casa de A Silva en Vendexa
        • A Casa Grande de Parada
        • A Casa Grande de San Paio de Figueiroa
        • Casa de Barcia en San Miguel de Cora
        • A casa de "Os Muros"en San Pedro de Parada
        • Casa de Vilanova en Remesar
        • "Casa Varela” en Pereiras
        • Os Mondragón de Vilasusán.Remesar
        • O Pazo do Outeiro de Maíndo (Couso)
        • Pazo de Correáns
        • Pazo de Guimarei
        • Pazo da Mota
        • Pazo de Monteagudo
        • Pazo de Oca
        • Pazo de Preguecido
        • Pazo de Valiñas
        • Pazo de Xerliz
      • Petos de ánimas
      • Petróglifos >
        • Cuiña (Quireza)
        • Laxa da Romaxe
        • Laxas de Penide
      • Pontes >
        • Ponte de Santo Antonio
        • Ponte Vea
        • Ponte de Gundián
        • Ponte de Parada
        • Ponte de Leira
        • Ponte de Gomail
        • Ponte do Crego
        • Ponte Carballa
        • Ponte de Andón
        • Ponte de Pedre
        • Pontes do Lérez
      • Torres e castelao >
        • A Torre da Barreira
        • Castelo de Cira
        • Fortaleza/Castro de Terra de Montes
        • Torre de alarma de Barciela
        • Torre de Guimarei
    • Natural >
      • Árbores >
        • Sobreira de Valboa
        • Sobreira de Valiñas
      • Fervenzas >
        • Fervenza de Callobre
        • Fervenza de Curantes
        • Pozo Sangoento
        • Fervenza do Segón
      • Fontes
      • Flora >
        • Cogumelos
        • Piornal de San Trocado
      • Fauna >
        • Aves >
          • Canilonga
        • Anfibios e réptiles
        • Invertebrados
        • Mamíferos >
          • Lontra
        • Peixes
      • Lagoas >
        • Canteira de Ventoxo
        • Lagoa Sacra
        • Lagoa do Seixo
      • Montes >
        • Candán
        • Monte do Seixo
        • Pico Sacro >
          • Fotografías
          • Textos
          • Vídeos
        • Serra de Cabanelas
      • Penedos >
        • Penedas de Naveiro
      • Ríos >
        • Ulla
      • Vales
    • Inmaterial >
      • Entroido
      • Oficios >
        • Esmoleiros
      • Romaxes >
        • A Saleta de Bugarín
      • Rapa das bestas >
        • Fotografía >
          • Fotorapa
          • 2008
          • 2009
          • 2010
          • 2011
          • 2012
        • Vídeo
        • Publicacións
      • San Xoán
  • Artes
    • Artesanía >
      • Fernando Porto
    • Cine >
      • Chano Piñeiro
    • Escultura >
      • Ignacio Cerviño
      • Esculturas funerarias >
        • Cemiterio de Folgoso
      • A purísima de Asorey
    • Fotografía >
      • Karina
      • Pedro Brey Guerra
      • Maxcarun >
        • Aves
        • Insectos
        • Mamíferos
        • Reptis e anfíbios
      • Naturgalicia
    • Música >
      • Banda de Gaitas de Forcarei
      • Coral Polifónica Estradense
      • Chorovía na moucarría
      • Gaiteiros de Soutelo
      • Nao
      • Xenreira
      • Xosé Lueiro
    • Pintura >
      • Virxilio Blanco
    • Teatro
  • Letras
    • Avelina Valladares
    • Andrea Porto >
      • Textos
    • Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
    • Antonio Fraguas
    • Antonio Rodríguez Fraiz >
      • Textos
      • Estudos
      • Entrevistas
    • Carlos Loureiro >
      • Textos
    • Carlos Mella
    • Calros Solla >
      • Textos
    • David Otero >
      • Textos
    • Dionísio Pereira >
      • Textos
    • Goretti Sanmartín >
      • Textos
    • Manuel Cabada Castro >
      • Textos
    • Manuel García Barros >
      • Correspondencia >
        • Cecilia Alcoba
        • Xosé Ramón Fernández Oxea (BEN-CHO-SHEY)
      • Documentos
      • Fotos
      • Vídeos
      • Estudos
    • Manuel Daniel Varela Buxán >
      • Fotos
      • Textos
    • Marcial Valladares Núñez >
      • Actividades
      • Estudos
      • Obra
      • Vídeo
    • Neves Soutelo >
      • Textos
    • Olimpio Arca Caldas >
      • Fotos
      • Obras
      • Vídeos
    • Ramón de Valenzuela Otero >
      • Achegas >
        • Sermos Galiza
      • Fotos
      • Vídeos
    • Santiago Gómez Tato
    • Sindo Villamayor >
      • Sindo Villamayor
    • Susana Sánchez Aríns >
      • Susana Sánchez Arins
    • Xoán Carlos Garrido
    • Xosé Luna
    • Xoseme Mosquera >
      • Vida
      • Obra
    • Xosé Manuel Cabada Vázquez >
      • Biografía
      • Documentos
      • Imaxes
      • Obra
    • Xosé Otero Abelleira >
      • Fotografías
    • Xosé Roxelio Otero Espasandín >
      • Do autor >
        • Vivir morrendo
      • Paisaxe vital de Xosé Otero Espasandín con Castro ao lonxe
      • Un Otero Espasandín de vinte anos
    • Xosé Varela Buela
    • Xurxo Esquío >
      • Xurxo Esquío
  • Historia
    • Feitos >
      • Prehistoria
      • Idade Antiga
      • Idade Media
      • Idade Moderna
      • Idade Contemporánea >
        • Revolta labrega de 1915 >
          • Sociedades agrarias
          • Xornais e documentos
          • Sociedade de Instrución Unión de Rubín de La Habana
          • Recuperación da Festa Labrega
          • Revolta labrega de 1915
    • Persoas >
      • Anxel Campos Varela
      • Manuel Ventura Figueroa
      • Mary Isaura
      • Pedro Campos Couceiro
      • Pedro Varela Castro
      • Ramón Silvestre Verea García
      • Virxinia Pereira
      • Waldo Álvarez Insua
  • Memoria
    • Actividades >
      • Ponte do Barco
      • Eliminación da simboloxía franquista
      • Homenaxe nacional as vítimas do franquismo en San Simón
      • Homenaxe a Xoán Xesús González
      • Proxección de "A derradeira lección do mestre" (24-3-2007)
      • Homenaxe aos paseados da Ponte do Regueiro
      • Conmemoración do 5 de xuño (5-06-2007)
      • Homenaxe a Bernardo Mato Castro na súa escola (8-7-2006)
    • Documentos >
      • Causas >
        • Así se xustifica unha condena a morte de José Costés Fernández e José Gómez Rivas >
          • Ideas polas que se mata a Cortés Fernández
      • Cartas >
        • Manuel Graciano ao Goberno Portugués
        • Carta dos Concelleiros ao pobo da Estrada
        • Ramón Fernánde Rico
        • José Mª Pena
      • Instrucións para a resistencia
      • Oficio de Crego de Castro (Cerdedo)
      • Memorias >
        • Memorias dun proscrito
      • Prensa >
        • Galicia Libre
      • Publicacións
    • Feitos >
      • O levantamento franquista na Estrada
      • A Estrada viste a camisa azul
      • O “imposto revolucionario”
      • O saqueo do pobo. O invento do secuestro express
      • As incautacións: A insticionalización do roubo
      • A interrupción tráxica do galeguismo
      • Represión do maxisterio estradense
      • Mulleres, dignidade e rebeldía
    • Imaxes >
      • Vitimas do franquismo
    • Listaxes >
      • A Estrada >
        • Fuxidos da parroquia de Guimarei
        • Presos en San Simón
      • Terra de Montes >
        • Beariz
        • Cerdedo
        • Forcarei
    • Lugares >
      • A casa do pobo de Deán (Cerdedo)
      • A república de Guimarei
      • Campo de Laudas
      • Ponte do Regueiro
      • Quilómetro 1 da Avenida de Buenos Aires: Aquí se fusilou
      • Simboloxía franquista
    • Nomes >
      • Antonio Sueiro Cadavide
      • Alfonso Ramiro Castro Dono
      • Alfredo Iglesias Álvarez
      • Candido Tafalla Froiz
      • Manuel Brea Abades
      • Manuel Garrido "O resucitado"
      • Francisco Varela Garrido
      • Isolino Feros Salgueiro
      • José Mª Baliño Sánchez
      • José María Pena
      • Manuel García Barros
      • Antonio Fraguas Fraguas
      • Jesús Ignacio Puente Fontanes (Balseiros)
      • Bernardo Mato Castro
      • Hixinio Carracedo Ruzo >
        • Fotos homenaxe a Carracedo na Somoza no seu 75 cabodano
      • José Gómez Rivas
      • José Mª Taberneiro
      • José Rodríguez Sangiao
      • Manuel Puente Porto
      • Manuel Coto Chan
      • Martiño Ferreiro Álvarez
      • Ramón Fernández Rico
      • Ventín, 5 da mesma familia fusilados xuntos
    • Represores >
      • Padre Nieto
    • Testemuños >
      • David García Insua
      • Roxelio Arca
  • Movementos
    • Asociacionismo cultural >
      • A.C. A Estrada >
        • Antonio Fraguas e o monumento aos mártires
        • Enterro da Sardiña
        • Mostra de artesanía da Estrada
        • Simposio de literatura galega de autoría estradense
      • A. C. O Brado
      • Contrarretranca
      • A. C. Vagalumes >
        • Actividades >
          • Conmemorar Carvalho Calero
        • Vídeos
        • Publicacións
        • Fotos
      • AEC Verbo Xido >
        • Carteis e publicacións
        • Defensa das árbores autóctonas
      • Capitán Gosende
      • CETMO
      • Colectivo Portalén
    • Ecoloxismo >
      • Invasión eólica
    • Emigración >
      • Arxentina
      • Brasil
      • Cuba >
        • Nomes >
          • Manuel Álvarez Fuentes
          • Jesús Barros López
    • Ensino >
      • Primaria >
        • CEIP de Figueroa >
          • CEIP de Figueroa (A biblio de Carola)
        • CEIP Cabada Vázquez
        • CEIP Pérez Viondi
        • CEIP Villar Parama
        • CEIP O Foxo >
          • As nosas cousas
          • Bilbioteca
          • Peque Xenios
          • Pereiriños
      • Secundaria >
        • IES Nº 1 >
          • Fotos
        • IES Manuel García Barros >
          • As nosas letras
        • IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez
        • IES Chano Piñeiro >
          • O Chaniño - Biblioteca
          • Lingua de Montes
    • Feminismo >
      • Asociacionismo >
        • Colectivo Feminista
        • Espadela >
          • A muller na Terra de Montes (Exposición do CETMO)
          • Festa da Vincha
    • Loita labrega
    • Movemento obreiro
    • Movemento veciñal >
      • Contra a suba do IBI na Estrada
      • Loita contra a fusión de Cerdedo
    • Normalización lingüística >
      • Conflito do Foxo
      • Letras galegas 1970 na Estrada
      • Queremos Galego
    • Pacifismo
    • Política >
      • BNG
      • PSOE
      • PP
      • OUTROS
  • Arquivo
    • Foto >
      • Edificios
      • Eventos
      • Deporte
      • Industria
      • Nomes
      • Rúas
      • Xente
    • Vídeo >
      • Documentais >
        • CETMO
        • A Estrada románica
      • Filmes
      • Actos
      • Conversas
      • Imaxes
    • Audio >
      • Voces
    • Publicación >
      • Libros >
        • Ond´o sol facheaba ó amañecer. Vida e obra de Avelina Valladares. Xosé Luna Sanmartín
        • Vagalumes. Manuel Cabada Vázquez
        • A Estrada
      • Xornais >
        • Eco de la Estrada
        • El Emigrado
        • El Estradense
      • Revistas >
        • Contrarretranca
        • Cotaredo
        • Tabeirós Terra
        • Verbo Xido
      • Folletos

O colectivo Capitán Gosende descobre un petróglifo e unha mámoa en Vilarchán e dúas mámoas na necrópole do Castriño (Quireza)

25/2/2020

0 Comentários

 

Novas descubertas en Quireza

Calros Solla
Imagem
Membros de Capitán Gosende na Mámoa 5 do Castriño (Quireza).
O domingo 16 de febreiro, coa poalla ao lombo, membros do colectivo Capitán Gosende deslocámonos até a aldea de Vilarchán (parroquia de Quireza) co obxectivo de avaliar o estado de conservación da mámoa selleira catalogada por Patrimonio en 2001 (denominación: “Mámoa 1”: GA36011033) e mais xeorreferenciar con exactitude a súa localización. As coordenadas certas do megálito son as seguintes: X: 545.365; Y: 4.710.610. O túmulo sitúase por riba dos 400 m de altitude, a uns 35 m do deslinde das parroquias de Quireza e Castro, ao pé dunha devasa e perto (cara ao sur) dun antigo campo de fútbol. A mámoa atinxe, na actualidade, os 12 m de diámetro. O buraco de espoliación acada os 2 m de diámetro. Xacemento gravemente alterado pola actividade agrícola e forestal. Cuberta de toxo, un piñeiro medra enriba da coiraza do xacemento.
A nosa exploración polas inmediacións permitiu a descuberta doutro túmulo espoliado duns 15 m de diámetro e uns 2 m de foca de violación. Denominamos o xacemento: “Mámoa 2 de Vilarchán”. A Mámoa 2 de Vilarchán (coordenadas.- X: 545.274; Y: 4.710.468), inédita, localízase no seo dun piñeiral, por riba dos 400 m de altitude, a uns 170 m, cara ao sudoeste, da Mámoa 1, e a uns 40 m, ao noroeste, da estrema interparroquial. Nesas coordenadas, o mapa sombreado do visor mapas.xunta.gal corrobora o achado.
Xa de volta, a medio camiño entre as mámoas, na parte superior dun petote granítico, advertimos un gravado rupestre. O petróglifo componse dun conxunto de 15 coviñas de pouca profundidade, cuxos diámetros varian dos 5 aos 2 cm. A pedra é de gran groso e presenta, coma as laxas e penoucos dos arredores, un alto grao de erosión. A parte superior e visíbel do penedo supera os 20 m2 de supeficie. Denominamos a descuberta: “petróglifo de Vilarchán II” (coordenadas.- X: 545.347; Y: 4.710.518; alt. 412 m). Consonte as coordenadas e o visor de mapas.xunta.gal, a inscultura situaríase a uns 8 m cara ao oeste do deslindamento entre as parroquias de Quireza e Castro. Así mesmo, a estación petroglifíca cadra nunha devasa aberta baixo un tendido eléctrico de media tensión. Constatamos que naquela franxa, había pouco que se desenvolveran labores de roza con maquinaria pesada; as pedras evidenciaban o efecto das cadeas de corta. Deus teña conta do petróglifo. Chamounos a atención a distribución das concavidades no panel e, especialmente, o arco de coviñas exterior, que nos volve lembrar o deseño do petróglifo do monte Porrido (Cuíña-Quireza) e o petróglifo do Outeiro da Pena IV (Sabucedo).
A seguir, trasladámonos até o sitio arqueolóxico do Castriño, situado a pouco máis dun quilómetro, cara ao noroeste, da necrópole de Vilarchán, entre as aldeas de Mamoalba e Fondós (tamén, na parroquia de Quireza), para avaliarmos o estado de conservación dos cinco xacementos catalogados da dita necrópole megalítica. A tradición oral dálles o nome de “minas” aos túmulos do Castriño e vencéllaos con supostos filóns auríferos explotados polos mouros antes da súa súbita fuxida. O microtopónimo “Castriño” non indica neste caso a existencia no lugar de vestixios habitacionais da Idade do Ferro. O Castriño, entre Mamoalba e Fondós, nomea un planalto que supera os 380 m de altitude, cinguido polos regueiros dos Acivos-Faroxo (oeste e norte) e Recovos (leste), afluentes do río de Quireza. Dende o coto gózase, cara ao leste, dunha boa panorámica. No cimo do outarelo aflora unha laxa granítica que serve de soporte a un gravado rupestre. O petróglifo do Castriño (13 cruciformes-antropomorfos e 11 coviñas) foi descuberto polo colectivo Capitán Gosende o 27 de outubro de 2019. As “minas” do Castriño semella estaren dispostas arredor deste cotarelo. Na fotografía do “Voo Americano” (1956-7) apréciase un camiño (con diversas variantes) que, dende Mamoalba a Fondós, atravesaba o Castriño arrodeando a cemba polo norte. Denominarémolo “camiño de baixo”. Na actualidade, as sucesivas repoboacións levadas a cabo naquel predio fixeron case imperceptíbel o trazado deste antigo vieiro.
O túmulo consignado en Patrimonio como “Mámoa 1” (GA36011014.- X: 545.083; Y: 4.711.621; alt. 395 m) atinxe os 15 m de diámetro e presenta unha foca de espoliación duns 2’50 m de diámetro. Localízase xusto á beira esquerda do camiño que, na actualidade, dende a aldea da Mamoalba conduce á aldea de Fondós. Dnominarémolo “camiño de riba”. A medorra áchase no medio dunha repoboación de piñeiros, efectuada a comezos da década de 2000. Os labores forestais non respectaron as debidas cautelas. No cono tumulario son visíbeis os cachotes do acoirazamento. O xacemento foi catalogado en 2001. Segundo consta no informe de Patrimonio: Xacemento gravemente alterado por mor da actividade agrícola e forestal. Acháronse fragmentos de cerámica de tradición campaniforme. O actual plantío de piñeiros levouse a cabo con posterioridade á visita dos arqueólogos de Patrimonio. A Mámoa 1 localízase a uns 175 m, cara ao oeste, da estación petroglífica do Castriño.
O túmulo consignado en Patrimonio como “Mámoa 2” (GA36011015.- X: 545.116; Y: 4.711.638; alt. 397 m) acada os 20 m de diámetro e presenta unha foca de espoliación duns 4’50 m de diámetro. Localízase a uns 20 m á dereita do camiño de riba. A medorra áchase no medio dunha repoboación de eucaliptos, efectuada a comezos da década de 2000. Os labores forestais non respectaron as debidas cautelas. O xacemento foi catalogado en 2001. Segundo consta no informe de Patrimonio: Xacemento gravemente alterado por mor da actividade agrícola e forestal. Localizouse un posíbel muíño navicular. O actual plantío de eucaliptos levouse a cabo con posterioridade á visita dos arqueólogos de Patrimonio. A Mámoa 2 localízase a uns 140 m, cara ao oeste, da estación petroglífica do Castriño.
O túmulo consignado en Patrimonio como “Mámoa 3” (GA36011016.- X: 545.161; Y: 4.711.739; alt. 389 m) acada os 15 m de diámetro e presenta unha foca de espoliación duns 3’50 m de diámetro. Localízase a uns 15 m á dereita do camiño de riba. A medorra áchase no medio dunha repoboación de piñeiros, efectuada a comezos da década de 2000. Os labores forestais non respectaron as debidas cautelas. Un piñeiro medrou no centro do buraco de espoliación, sendo cortado recentemente. O xacemento foi catalogado en 2001. Segundo consta no informe de Patrimonio: Xacemento gravemente alterado por mor da actividade agrícola e forestal. O actual plantío de piñeiros levouse a cabo con posterioridade á visita dos arqueólogos de Patrimonio. A Mámoa 3 localízase a uns 130 m, cara ao noroeste, da estación petroglífica do Castriño.
O túmulo consignado en Patrimonio como “Mámoa 4” (GA36011017.- X: 545.450; Y: 4.711.878; alt. 350 m) localízase no seo dun eucaliptar, a uns 390 m, cara ao sueste, da aldea de Fondós, e á dereita do camiño Mamoalba-Fondós actualmente en servizo (o camiño de riba). O túmulo posúe uns 20 m de diámetro e a súa foca de violación acada os 4 m. O xacemento foi catalogado en 2001. A mámoa foi gravemente alterada por mor da actividade agrícola e forestal: os eucaliptos medran hoxe enriba da coiraza.
O túmulo consignado en Patrimonio como “Mámoa 5” (GA36011018.- X: 545.476; Y: 4.711.653; alt. 359 m) localízase no seo dunha carballeira, á beira dereita do antigo camiño Mamoalba-Fondós ou camiño de baixo (Véxase a fotografía do “Voo Americano 1956-7”). A mámoa posúe uns 22 m de diámetro. A foca de espoliación acada os 5 m de diámetro. Un valo de cachote atravesa por riba da coiraza na dirección leste-oeste. O xacemento foi catalogado en 2001. O túmulo foi gravemente alterado por mor da actividade agrícola e forestal: as árbores medran enriba da coiraza. A Mámoa 5 localízase a uns 40 m ao norte do regueiro dos Recovos e a uns 220 m, cara ao leste, da estación petroglífica do Castriño.
Mentres desenvolviamos as tarefas de localización, exame e medición das mámoas 1, 2 e 3, batemos con outros dous túmulos (afirmámolo, mais con todas as reservas).
A que nós denominamos “Mámoa 6” (coordenadas.- X: 545.205; Y: 4.711.718; alt. 383 m) posúe un diámetro duns 12 m. O suposto túmulo 6, apenas perceptíbel, presenta un mal estado de conservación. Os sucesivos labores de corta e repoboación espallaron a cachotaría da coiraza e achandaron o moimento, mais a foca de espoliación (duns 2’50 m de diámetro) é evidente. O suposto xacemento neolítico localízase á esquerda do antigo camiño Mamoalba-Fondósou camiño baixo (Véxase a fotografía do “Voo Americano 1956-7”) e a uns 90 m, cara ao noroeste, da estación petroglífica do Castriño.
A que nós denominamos “Mámoa 7” (coordenadas.- X: 545.260; Y: 4.711.721; alt. 383 m) presenta un diámetro duns 12 m e cremos que non foi espoliada, pois, das inventariadas na zona, é a única que, polo aspecto, corrobora a etimoloxía da metáfora (diminutivo do latín mamma: mamula, mamola “tetiña”). A mámoa 7 localízase a uns 75 m, cara ao norte, da estación petroglífica do Castriño. Na fotografía do “Voo Americano” (1956-7), o suposto xacemento neolítico localizaríase na intersección do antigo camiño Mamoalba-Fondós (ou camiño de baixo) e de dúas das súas variantes, polo que a aba da coiraza puido ver diminuído de xeito significativo o seu perímetro.
Dúas mámoas e dous petróglifos en Vilarchán, sete mámoas e un petróglifo no Castriño...; canta arqueoloxía xunta para tanto político disperso!
Imagem
Mámoa 6 do Castriño (Quireza).
Imagem
Petróglifo de Vilarchán II (Quireza-Cerdedo).
0 Comentários



Enviar uma resposta.

    Colaboracións

    Todos
    Alba Rivas
    Alicia Garrido
    Ana Cabaleiro
    Anjo Torres Cortiço
    Anxo Coya
    Calros Solla
    Carlos Loureiro
    Carlos Meixome
    Carme Hermida Gulías
    Carmela Sánchez Arines
    Clara Iglesias Cortizo
    David Otero
    Dionisio Pereira
    Héitor Picallo
    Lola Varela
    Luis Alberto Silva Casas
    Manuel Barros
    Manuel Cabada Castro
    Manuel Fortes
    Marcos Borrageros
    Maria Xesus Nogueira
    Montse Fajardo
    Pedro Peón Estévez
    Susana Sánchez Arins
    Tino Regueira
    Xoán Carlos Garrido
    Xosé Álvarez Castro
    Xosé Malheiro
    Xosé María Lema
    Xurxo Esquío

    Feed RSS



    Un proxecto de:

     Imagem

    Estamos en:

    Imagem
    Imagem
    Imagem

      Recibir novas

    Subscrición

    Histórico

    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Setembro 2021
    Agosto 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Janeiro 2021
    Dezembro 2020
    Novembro 2020
    Outubro 2020
    Setembro 2020
    Agosto 2020
    Julho 2020
    Junho 2020
    Maio 2020
    Abril 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Agosto 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Agosto 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018
    Janeiro 2018
    Dezembro 2017
    Novembro 2017
    Outubro 2017
    Setembro 2017
    Agosto 2017
    Julho 2017
    Junho 2017
    Maio 2017
    Abril 2017
    Março 2017
    Fevereiro 2017
    Janeiro 2017
    Dezembro 2016
    Novembro 2016
    Outubro 2016
    Setembro 2016
    Agosto 2016
    Julho 2016
    Junho 2016
    Maio 2016
    Abril 2016
    Março 2016
    Fevereiro 2016
    Janeiro 2016
    Dezembro 2015
    Novembro 2015
    Outubro 2015
    Setembro 2015
    Agosto 2015
    Julho 2015
    Junho 2015
    Maio 2015
    Abril 2015
    Março 2015
    Fevereiro 2015
    Janeiro 2015
    Dezembro 2014
    Novembro 2014
    Outubro 2014
    Julho 2014
    Junho 2014
    Abril 2014
    Março 2014
    Fevereiro 2014
    Janeiro 2014
    Dezembro 2013
    Novembro 2013
    Agosto 2013

    Licenza Creative Commons
    Tabeiros Montes (Portal cultural de Tabeirós-Terra de Montes) de Asociación Cultural "Vagalumes" e Asociación Cultural e Ecoloxista "Verbo Xido" ten unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial 4.0 Internacional.
    Con base nunha obra dispoñíbel en http://www.tabeirosmontes.com/.
    Os permisos alén do foco desta licenza pódense atopar en http://www.tabeirosmontes.com/colabora.html.