Calros Solla
Gravados rupestres.-
Gravado rupestre da Pedreira I: Lugar de referencia: monte da Pedreira, aldeas de Alende, Castro de Muras e Moscavide (Pereira-Forcarei). O petróglifo da Pedreira I (coordenadas.- X: 555.026; Y: 4.719.832; alt. 678 m) foi descuberto polo colectivo Capitán Gosende o 21 de xaneiro de 2018. O gravado rupestre componse dunhas 38 coviñas agrupadas/aliñadas, talladas nas protuberancias dunha laxa granítica.
Bibliografía: Faro de Vigo-Montes (4-2-2018); O Embigo do Becho. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo V, Morgante, 2021, páxs. 17-20.
Gravado rupestre da Pedreira II: Lugar de referencia: monte da Pedreira, aldeas de Alende, Castro de Muras e Moscavide (Pereira-Forcarei). O petróglifo da Pedreira II (coordenadas.- X: 555.051; Y: 4.719.836; alt. 678 m) foi descuberto polo colectivo Capitán Gosende o 21 de xaneiro de 2018. O gravado rupestre componse dunhas 51 coviñas agrupadas/aliñadas e outros riscos curvilíneos, tallados nunha laxa granítica de perfil irregular.
Bibliografía: Faro de Vigo-Montes (4-2-2018); O Embigo do Becho. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo V, Morgante, 2021, páxs. 17-20.
Gravado rupestre da Pedreira III: Lugar de referencia: monte da Pedreira, aldeas de Alende, Castro de Muras e Moscavide (Pereira-Forcarei). O petróglifo da Pedreira III (coordenadas.- X: 555.083; Y: 4.719.851; alt. 681 m) foi descuberto polo colectivo Capitán Gosende o 21 de xaneiro de 2018. O gravado rupestre componse de combinacións circulares: dous círculos concéntricos con coviña central e apéndice, tallados no chanzo superior dun afloramento granítico.
Bibliografía: Faro de Vigo-Montes (4-2-2018); O Embigo do Becho. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo V, Morgante, 2021, páxs. 17-20.
Gravado rupestre da Pedreira IV: Lugar de referencia: monte da Pedreira, aldeas de Alende, Castro de Muras e Moscavide (Pereira-Forcarei). O petróglifo da Pedreira IV (coordenadas.- X: 555.112; Y: 4.719.872; alt. 681 m) foi descuberto polo colectivo Capitán Gosende o 28 de xaneiro de 2018. O gravado rupestre componse de tres coviñas, talladas na parte superior dunha lastra granítica.
Bibliografía: Faro de Vigo-Montes (4-2-2018); O Embigo do Becho. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo V, Morgante, 2021, páxs. 17-20.
Gravado rupestre da Pedreira V: Lugar de referencia: monte da Pedreira, aldeas de Alende, Castro de Muras e Moscavide (Pereira-Forcarei). O petróglifo da Pedreira V (coordenadas.- X: 555.137; Y: 4.719.900; alt. 683 m) foi descuberto polo colectivo Capitán Gosende o 28 de xaneiro de 2018. O gravado rupestre componse dunha coviña, aparentemente illada, tallada nunha laxa granítica. A superficie visíbel da laxa é de 1 m2.
Bibliografía: Faro de Vigo-Montes (4-2-2018); O Embigo do Becho. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo V, Morgante, 2021, páxs. 17-20.
Gravado rupestre da Pedreira VI: Lugar de referencia: monte da Pedreira, aldeas de Alende, Castro de Muras e Moscavide (Pereira-Forcarei). O petróglifo da Pedreira VI (coordenadas.- X: 555.136; Y: 4.720.052; alt. 699 m) foi descuberto polo colectivo Capitán Gosende o 4 de febreiro de 2018. O gravado rupestre componse duns seis óvalos concéntricos incompletos (cuxo elemento meirande abrangue os 85 cm de diámetro), coviñas e outros riscos curvilíneos.
Os motivos representados nos petróglifos da Pedreira III e VI supoñen unha novidade temática no corpus petroglyphorum do territorio forcareiés.
Bibliografía: Faro de Vigo-Montes (14-2-2018); O Embigo do Becho. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo V, Morgante, 2021, páxs. 20-23.
Gravado rupestre da Pedreira VII: Lugar de referencia: monte da Pedreira, aldeas de Alende, Castro de Muras e Moscavide (Pereira-Forcarei). O petróglifo da Pedreira VII (coordenadas.- X: 554.770; Y: 4.719.739; alt. 658 m) foi descuberto polo colectivo Capitán Gosende o 25 de marzo de 2018. O gravado rupestre componse de 21 coviñas agrupadas-dispersas, talladas na parte superior dun afloramento granítico.
Bibliografía: Faro de Vigo-Montes (1-4-2018); O Embigo do Becho. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo V, Morgante, 2021, páxs. 36-39.
Gravado rupestre da Pedreira VIII: Lugar de referencia: monte da Pedreira, aldeas de Alende, Castro de Muras e Moscavide (Pereira-Forcarei). O petróglifo da Pedreira VIII (coordenadas.- X: 554.728; Y: 4.719.700; alt. 647 m) foi descuberto polo colectivo Capitán Gosende o 25 de marzo de 2018. O gravado rupestre componse de, cando menos, 8 coviñas.
Bibliografía: Faro de Vigo-Montes (1-4-2018); O Embigo do Becho. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo V, Morgante, 2021, páxs. 36-39.
Gravado rupestre do Revoltón: Lugar de referencia: aldeas de Alende e Castro de Muras (Pereira-Forcarei). O petróglifo do Revoltón (coordenadas.- X: 554.896; Y: 4.720.598; alt. 646 m) foi descuberto polo colectivo Capitán Gosende o 18 de febreiro de 2018. O gravado rupestre componse dunha constelación de, cando menos, 38 coviñas, talladas no banzo inferior dunha peneda amoreada que coroa a lomba do Revoltón.
Bibliografía: Faro de Vigo-Montes (25-2-2018); O Embigo do Becho. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo V, Morgante, 2021, páxs. 23-26.
Gravado rupestre de Filloi: Lugar de referencia: aldea de Filloi (Aciveiro-Forcarei). O petróglifo de Filloi (coordenadas.- X: 555.128; Y: 4.721.342; alt. 625 m) foi descuberto polo colectivo Capitán Gosende o 25 de febreiro de 2018. O gravado rupestre componse dunhas 15 coviñas agrupadas.
Bibliografía: Faro de Vigo-Montes (4-2-2018); O Embigo do Becho. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo V, Morgante, 2021, páxs. 26-31.
Gravado rupestre da Forca da Loba: Lugar de referencia: aldeas de Alende e Castro de Muras (Pereira-Forcarei). O petróglifo da Forca da Loba (coordenadas.- X: 553.717; Y: 4.719.637; alt. 680 m) foi descuberto polo colectivo Capitán Gosende o 1 de abril de 2018. O gravado rupestre componse dun agrupamento de 19 coviñas, talladas na parte superior dun afloramento granítico illado na camposa.
Bibliografía: Faro de Vigo-Montes (2-5-2018); O Embigo do Becho. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo V, Morgante, 2021, páxs. 39-41.