
![]() Como sabedes, o humilde monumento na lembranza dos asasinados na Ponte do Barco, Secundino Bugallo Iglesias e Francisco Arca Valiñas, foi rebentada hai varios meses por autores descoñecidos. Fieles ao noso compromiso coas vítimas do franquismo en xeral e coas do Concello de Cerdedo en particular, a nosa asociación reaccionou fronte este novo atentado (o cuarto xa) facendo xestións para a súa reposición; ao cabo, esta foi posíbel mercé á xenerosidade e o compromiso da familia de Secundino Bugallo, que correu con todas as xestións e cos gastos, polo que lles estamos moi agradecidos. En consecuencia, un ano máis pero neste caso cun motivo moi especial, chamamos a tod@s @s nos@s asociad@s a participar nun sinxelo acto de reposición e homenaxe aos dous canteiros afiliados á "Sociedad "El Trabajo" de Figueroa (CNT), asasinados polos falanxistas na Ponte do Barco (Pedre-Cerdedo) o 13 de agosto de 1936 e tamén na lembranza do resto dos represaliados do Concello de Cerdedo. Os actos levaranse a cabo o día 13 de agosto na Ponte do Barco ás 20 horas, e consistirán nunha breve intervención do noso presidente Valentín García Bóveda e dun representante da familia de Secundino Bugallo. Posteriormente, faremos unha ofrenda floral e tras ela poderá tomar a palabra quen quixer; ao cabo, remataremos cunha peza musical a cargo dun compañeiro da asociación Trepia de Pontevedra.Agradecemos, un ano máis, a vosa asistencia.Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes "Verbo Xido".
0 Comments
Your comment will be posted after it is approved.
Leave a Reply. |
Colaboracións
Todos
Un proxecto de:Estamos en:Histórico
Enero 2023
![]() Tabeiros Montes (Portal cultural de Tabeirós-Terra de Montes) de Asociación Cultural "Vagalumes" e Asociación Cultural e Ecoloxista "Verbo Xido" ten unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial 4.0 Internacional. Con base nunha obra dispoñíbel en http://www.tabeirosmontes.com/. Os permisos alén do foco desta licenza pódense atopar en http://www.tabeirosmontes.com/colabora.html. |