A filosofía do proxecto descansa en tres pés. É aberto, colaborativo e non lucrativo. Isto é, calquera pode contribuír coas súas achegas a construción deste portal web en cada un dos seus ámbitos de recollida e difusión. É colaborativo porque non contamos con ningún tipo de axuda institucional e, xa que logo, descansamos no traballo gratuíto e nas achegas de todos e todas, quen desinteresadamente coincida co noso ideario de socializar e poñer en valor a nosa cultura e o noso entorno natural. Non se poñerá publicidade nin se buscará subvencións ou axudas que poñan en perigo a independencia do proxecto, non obtendo ningún beneficio económico ningún dos que interveñen na posta en marcha desta iniciativa.
Desde o punto de vista técnico a páxina aloxará arquivos de imaxe, vídeos, documentos, audio, etc... que poderán ser consultados en calquera dos dispositivos actuais (pc, tablet, móbil, etc...)
Desde www.tabeirosmontes.com vaise traballar nos seguintes campos:
- Xornal cultural: Difundir as actividades culturais do movemento asociativo da comarca.
- Territorio: Facer un inventario de recursos culturais e naturais da comarca, prestando especial atención a:
- Microtoponimia: Recollida dos microtoponimos de toda a comarca.
- Xeoreferenciar os recursos: Elaborar un mapa de acceso aos recursos coa posibilidade de descarga para o acceso ás localizacións GPS.
- Olladas pasadas: Imos recompilar traballos sobre o noso territorio comezando coa tradución ao galego da obra “A Estrada” de Pedro Varela, a través da que recuperaremos a visión que se tiña do noso territorio hai 90 anos.
- Microtoponimia: Recollida dos microtoponimos de toda a comarca.
- Cultura:
- Arte: Dar a coñecer os creadores da nosa comarca nos diferentes ámbitos (pintura, escultura, etc...)
- Asociacionismo: Recoller actividade feita ou que se está a facer no asociacionismo cultural.
- Letras: Facer un rexistro da literatura feita na nosa comarca, recollendo a obra daqueles escritores que en moitos casos teñen esgotada a súa produción ou de difícil acceso.
- Historia: Recompilar traballos de historia local.
- Patrimonio material: Inventariar castros, cruces, pazos, megalítico, igrexas, etc...
- Patrimonio inmaterial: Tradicións, creacións culturais
- Arte: Dar a coñecer os creadores da nosa comarca nos diferentes ámbitos (pintura, escultura, etc...)
- Ensino: Proporcionar aos centros da comarca a posibilidade de compartir as experiencias educativas e os seus traballos e actividades culturais. Recursos didácticos, materiais, etc...
- Muller: Trátase de visibilizar as veciñas da nosa comarca que pola sociedade sexista na que históricamente vivimos ficaron relegadas. Compre pois corrixir esta inxustiza e esta desigualdade prestando especial atención aos seus nomes ocultados e as súas actividade silenciadas.
- Memoria histórica: Outro ámbito no que incidimos para dar a volta precisamente ao labor de desmemoria e silenciamento. Na medida en que a represión franquista na nosa comarca foi obxecto de ocultación, compre un esforzo especial para dar a coñecer persoas que en circunstancias normais serían recoñecidas por si soas na nosa comarca, mais tamén as vítimas da represión, a súa mécánica, os seus documentos, os seus lugares, os actos que se fan para repoñer no seu sitio o nome de cada quen e o que fica por facer.
- Natureza: Tanto Vagalumes como Verbo Xido, son asociacións comprometidas coa conservación do noso medio natural. E para este labor, unha das actividades primordiais é o seu coñecemento.
- Opinión: Queremos ser canle de expresión dos escritores e escritoras da nosa comarca.
- Recursos: Dixitalizamos e dixitalizaremos, para conservar e difundir, todas as publicacións e creacións culturais da nosa comarca para poñela a disposición de todos os veciños e veciñas.
Para máis información: redacció[email protected]