Os tesouros son, sen lugar a dúbidas, os seres máis extraordinarios e sublimes da mitoloxía galega. Calquera outro numérico, seráfico ou diabólico– foi concibido polo estro popular para servilos de avatar, espantallo, séquito ou paladín. Arredor dos máxicos tesouros, enfrascados na súa salvagarda, rebolen mouras, mouros, fadas, serpes, lagartos, demos, trasnos, xigantes ananos…; e a preservación da súa transcendental integridade é leitmotiv nos contos da tradición oral.