Neste libro faise unha achega ao coñecemento de feitos fundamentais na recente historia da nosa comarca e do Estado que explican moitas das cousas que nos están a acontecer.
Calros Solla amosa como nos anos 30, en Cerdedo non se contendeu pola supremacía ideolóxica, non se lidou a sangue pola primacía duns ideais; a dereita cerdedense perseguiu e matou polo restablecemento da súa orde, pola perpetuación dun status de privilexio.