O lector atopará neste libro un feixe de relatos, propostas, reflexións, denuncias etc, todo el concentrado na reivindicación da Galiza, da súa dignidade, da súa historia esvaecida, da súa propia lingua, da súa liberdade etc. Son, debido a isto, diversos os estilos ou modos de acceder os contidos temáticos que nel se desenvolven, mais hai sempre un núcleo interno que lles dá a todos eles unidade e parentesco ideolóxico. Porén, dado que os escritos foran xa publicados en diversos tempos e medios de difusión, a diversidade temática recupera en certo modo aquí, neste escrito unitario, concreta coherencia ó seren conxuntamente reunidos agora segundo a orde cronolóxica en que se publicaron. Como, por outra parte, a orixe da que se nutren os concretos comentarios e reflexións é de feito moi diversa, o estilo literario pretendeu igualmente acomodarse a tales circunstancias. En calquera caso, o tratamento das diversas problemáticas e cuestións aquí analizadas non require do lector especial formación ou coñecementos. Podería dicirse que o que o que con esta publicación se pretende é so unha leve e doada iniciación a estudos máis enxundiosos e demorados sobre unha problemática -a do ser ou non ser da Galiza e de nos mesmos- directamente relacionada eos nosos eidos lingüístico, social-cultural e político. Unha problemática, agachada ou non, que abrangue séculos de historia, de azares, de loitas e de mágoas, aquelas que -a teor do título deste libro- compre sandar e “recompor”.
Manuel Cabada Castro. Sabucedo, A Estrada. Doutor en Filosofía (1968) pola Universi- dade de Múnic. Profesor de Antropoloxía filosófica dende 1986 até a xubilación en 2005, na Universidade Complutense de Madrid.
Algúns escritos do autor: El humanismo premarxista de Ludwig Feuerbach (Madrid, 1975); Querer o no querer vivir. El debate entre Schopenhauer, Feuerbach, Wagner y Nietzsche sobre el sentido de la existencia humana (Barcelona, 1994); Xosé Manuel Cabada Vázquez. Obra Completa. Poemas e outros escritos (ed. M. Cabada Castro, A Estrada, 2001); Paixón poética e militancia galeguista. Estudio biográfico sobre Xosé Manuel Cabada Vázquez (1901-1936) (Sada - A Coruña, 2001); O Padre Seixas desde dentro. Unha aposta progresista, galeguista e universalista (Vigo, 2013); Galicia. Raíces e compromiso. Prólogo de Xosé Luís Méndez Ferrín (Vigo, 2015); Scripta Minora. Filosofía, Antropología, Cultura (ed. J. Romero Moñivas / UBUNTU) 2016- 2018. 4 volumes en 7 tomos. A Rapa das bestas de Sabucedo. Historia e antropoloxía dunha tradición (Vigo, 2021. 2a ed.).