A Asociación Cultural “Vagalumes” presenta no noso concello o proxecto de “O diario galego”, un xornal diario na nosa lingua fundamental para o futuro da nosa cultura e para a visibilización do país. Convidamos as asociacións culturais, centros de ensino, activistas sociais, creadores e ao público en xeral a achegarse a este acto para coñecer de primeira man a iniciativa de crear este medio e para escoitar a opinión e suxestión de todas e todos os interesados no porvir da nosa lingua e cultura. Intervirá no acto María Obelleiro, directora do Semanario “Sermos Galiza”, o escritor David Otero e a presidenta da A. C. Vagalumes Clara Iglesias. O acto terá lugar o xoves 14 de xuño ás 20:30 na sala Abanca da Estrada. |