Colaboran nesta publicación Marcos Borrageros, Clara Iglesias, Luís Ferro, Hector Vázquez, Manuel Cabada, Xoán Carlos Garrido, Mª Xesús Nogueira, Goretti Sanmartín e David Otero. Con artigos sobre a traxectoria deste xornal, a vida do seu máis duradeiro director Xosé Otero Abelleira, a prensa local desde principios do século XX até a actualidade, a presenza dos escritores García Barros e Cabada Vázquez nas súas páxinas, o recoñecemento a quen sufriu represalias e mesmo a morte por exercer a través desta canle a súa libre expresión, o impacto na nosa cultura actual e nas escritoras e escritores contemporáneos.
Esta publicación realizada coa colaboración da Deputación de Pontevedra vai ser tamén distribuída gratuitamente aos centros de ensino do noso concello.
Publicación de homenaxe a "El Emigrado" no seu centenario |