David Otero
Intervención na presentación do libro "Ao sur da liberdade"
verémolo ben, logo da miña intervención,
onde circulan as ideas e rózanse…acaríñanse , ou poderían chocar entre elas, afastándose, para que do lido…formar novas ideas ou confirmar as que teñamos.
Poida (e gustaríanos) que destas, ata caladamente para nós, sigamos coas preguntas e ver onde antes non viamos,
ou mesmo darlle unhas voltas ao que antes tiñamos moi a claro.
Amigas e amigos,
hoxe nesta xa noite, imos na palabra do falar do diálogo que se establece na lectura. Imos na vida dunhas vidas… e en especial,
na vida dunha vida basicamente amorosa, determinante,
vida de verdade para que a verdade clarexe, se defina, ao longo da exploración diversa As vivencias e casos, como doas conectadas no fío vital de IANES, o protagonista, quen, por sobrevivir e liberarse, abrindo os ollos e os saberes,aprende amor, facendo amor coas Linguas dos seus afectos e descubertas.
IANES, tamén co chamo monacal de IOHANNES, xunto coas súas irmás e irmáns, oito foron e quedando cinco en vida,nace en teito pobre, de forma sinxela, diríamos que case sen notar.
En camiño de facer vida, de primeiras…e na orientación polas necesidades de seus país, non lle diríamos por intención vocacional, vai cos freis de Samos, ilústrase, para rematar fuxindo sendo inocente, e así xa…, sucedido por sucedido, IANES, faise en por el e ábrese paso, condicionado polo que se lle ía poñendo de cerca, ou mesmo ao lado, polo seu percorrido vital co ben, co mal ou co peor.
Como diría Olga Novo…
”, paso a paso, aprendendo a morder”.
O seu corpo seguía ás súas ilusións e aos seus proxcctos. Tamén ía cos seus perigos e desafíos, paso a paso, do norte/leste, de Galeza, ao Sur/
Oeste., na conquista da inocencia e da liberdade.e así deixar vida posta no seu fillo Marwan.
Pois, como escribe a poeta, tamén novelista, Úrsula Le Guin:
“O meu sangue non é da nobreza.
O meu sangue é o dun servo.
O dun servo empatado…
á súa terra,
que sabe o camiño que leva
si, o único camiño…
que ninguén coñece…
Amigas e amigos
O Quique neste seu traballo…vai do seu estilo singular ( vese ben no moito que del se pode ler) Escribe, e conta, tal mirando á cara, con valentía,e así aseguramos o fai sempre. Pensamos que lle debemos dar grazas polas sacudidas que nos mete como lectoras e lectores. Faino para poñer sabor ao noso saber.
Velaquí un texto, unha novela, que rompe diques e desarma contencións. Tamén desarma esas desculpas que non son máis que inercias para non intervir.
E así a xeito de remate, atendámoslle a este anaco de poema de Úrsula L Guin:
“ Había unha palabra dentro dunha pedra.
Tratei de sacala,
martelo e cicel,pico e buril,
ata que a pedra pingou sangue,
pero non podía oír a palabra…
que a pedra pronunciou”
Sei que con irnos nada amañamos. Teimemos pois na palabra, Busquémola.Leámola e vivámola. Esta novela é unha fermosa pedra soleira que de buscar as súas palabras… falaranos ao oído….xa que logo..,con irnos dela… non amañamos nada.
Se estades no rigor, dígovos, lede esta novela. Facerme caso.Non vos é “ un conto chino”.Déixase ir, ten ritmo de seu e velocidades. Tamén freo de man e de emerxencia por se queredes para e baixarvos.Pechala.
Esta novela vai plena de expresiva, de boa cartografía, escenografía e descricións.O marabilloso e significativo desta historia, primeira parte de dúas máis, feita novela, como fío que tece comprensivamente, edifícase na determinación do noso pobo, Galiza ( ou Galeza).