Tabeirós Montes
  • Novas
    • Presentación
    • Contacto
    • Colabora
  • Terra
    • A Estrada >
      • Agar (Santa Mariña)
      • Aguións (Santa María)
      • Ancorados (San Pedro)
      • Ancorados (San Tomé)
      • Arca (San Miguel)
      • Arnois (San Xiao)
      • Baloira (San Salvador)
      • Barbude (San Martiño)
      • Barcala (San Miguel)
      • Barcala (Santa Mariña)
      • Berres (San Vicenzo)
      • Callobre (San Martiño)
      • Castro (San Miguel)
      • Cereixo (San Xurxo)
      • Codeseda (San Xurxo)
      • Cora (San Miguel)
      • Couso (Santa María)
      • Curantes (San Miguel)
      • Estrada, A (San Paio)
      • Frades (Santa María)
      • Guimarei (San Xiao)
      • Lagartóns (Santo Estevo)
      • Lamas (San Breixo)
      • Liripio (San Xoán Bautista)
      • Loimil (Santa María)
      • Matalobos (Santa Baia)
      • Moreira (San Miguel)
      • Nigoi (Santa María)
      • Oca (Santo Estevo)
      • Olives (Santa María)
      • Orazo (San Pedro)
      • Ouzande (San Lourenzo)
      • Parada (San Pedro)
      • Paradela (Santa María)
      • Pardemarín (Santa Baia)
      • Remesar (San Cristovo)
      • Ribeira (Santa Mariña)
      • Ribela (Santa Mariña)
      • Riobó (San Martiño)
      • Rubín (Santa María)
      • Sabucedo (San Lourenzo)
      • Santeles (San Xoán)
      • Somoza, A (Santo André)
      • Souto (Santo André)
      • Tabeirós (Santiago)
      • Toedo (San Pedro)
      • Vea (San Xiao)
      • Vea (San Xurxo)
      • Vea (Santa Cristina) >
        • Santa Cristina de Vea (Santa Cristina)
      • Vea (Santo André)
      • Vinseiro (Santa Cristina)
    • Beariz >
      • Beariz (Santa María)
      • Lebozán (Santa Cruz)
      • Xirazga (San Salvador)
    • Cerdedo >
      • Castro (Santa Baia)
      • Cerdedo (San Xoán)
      • Figueiroa (San Martiño)
      • Folgoso (Santa María)
      • Parada (San Pedro)
      • Pedre (Santo Estevo)
      • Quireza (San Tomé)
      • Tomonde (Santa María)
    • Forcarei >
      • Aciveiro (Santa María)
      • Castrelo (Santa Mariña)
      • Dúas Igrexas (Santa María)
      • Forcarei (San Martiño)
      • Madanela de Montes, A (Santa María Madanela)
      • Meavía (San Xoán)
      • Millarada (San Amedio)
      • Pardesoa (Santiago)
      • Pereira (San Bartolomeu)
      • Presqueiras (San Miguel)
      • Presqueiras (Santa Mariña)
      • Quintillán (San Pedro)
      • Ventoxo (San Nicolao)
  • Patrimonio
    • Material >
      • Arquitectura vernácula >
        • Alvarizas
        • Pombais
      • Castelos >
        • Castelo de Cira
        • Fortaleza/Castro de Terra de Montes
      • Castros >
        • Castro de Barbude
        • Castro de Garellas
        • Castro da Mouteira
        • Castro de Ribela
      • Cruces
      • Hórreos >
        • Hórreo de Quintela
      • Igrexas >
        • Capela de San Bartolomé
      • Industria
      • Lavadoiros >
        • Lavodoiro de Liñares
        • Lavadoiro do Souto
      • Megalítico
      • Mámoas
      • Mosteiros >
        • Aciveiro
      • Muíños
      • Neveiras >
        • Neveiras de Fixó
        • Neveiras do mosteiro de Aciveiro
      • Pazos >
        • Casa e capela de San Ildefonso na Algalia (Guimarei)
        • A casa de Araúxo en Ponte-Sarandón
        • Casa de Badía
        • Casa de A Silva en Ribadulla (Arnois)
        • A Casa da Condesa (ou do Piñeiro) en Santa Mariña de Ribeira
        • A casa de Sesto (Ribela)
        • Casa de Recarei (Curantes)
        • Casa de Miranda (Santeles)
        • Casa de A Silva en Vendexa
        • A Casa Grande de Parada
        • A Casa Grande de San Paio de Figueiroa
        • Casa de Barcia en San Miguel de Cora
        • A casa de "Os Muros"en San Pedro de Parada
        • Casa de Vilanova en Remesar
        • "Casa Varela” en Pereiras
        • Os Mondragón de Vilasusán.Remesar
        • O Pazo do Outeiro de Maíndo (Couso)
        • Pazo de Correáns
        • Pazo de Guimarei
        • Pazo da Mota
        • Pazo de Monteagudo
        • Pazo de Oca
        • Pazo de Preguecido
        • Pazo de Valiñas
        • Pazo de Xerliz
      • Petróglifos >
        • Cuiña (Quireza)
        • Laxa da Romaxe
        • Laxas de Penide
      • Pontes >
        • Ponte de Pedre
        • Ponte de Andón
        • Ponte Carballa
        • Ponte do Crego
        • Ponte de Gomail
        • Ponte de Leira
        • Ponte de Parada
        • Ponte de Gundián
        • Ponte Vea
        • Ponte de Santo Antonio
      • Torres >
        • A Torre da Barreira
        • Torre de alarma de Barciela
        • Torre de Guimarei
    • Natural >
      • Árbores >
        • Sobreira de Valboa
        • Sobreira de Valiñas
      • Fervenzas >
        • Fervenza de Callobre
        • Fervenza de Curantes
        • Pozo Sangoento
      • Fontes
      • Flora >
        • Cogumelos
        • Piornal de San Trocado
      • Fauna >
        • Aves >
          • Canilonga
        • Anfibios e réptiles
        • Invertebrados
        • Mamíferos >
          • Lontra
        • Peixes
      • Lagoas >
        • Canteira de Ventoxo
        • Lagoa Sacra
        • Lagoa do Seixo
      • Montes >
        • Candán
        • Monte do Seixo
        • Pico Sacro >
          • Fotografías
          • Textos
          • Vídeos
        • Serra de Cabanelas
      • Penedos >
        • Penedas de Naveiro
      • Ríos >
        • Ulla
      • Vales
    • Inmaterial >
      • Entroido
      • Oficios >
        • Esmoleiros
      • Rapa das bestas >
        • Fotografía >
          • Fotorapa
          • 2008
          • 2009
          • 2010
          • 2011
          • 2012
        • Vídeo
        • Publicacións
      • San Xoán
  • Artes
    • Artesanía >
      • Fernando Porto
    • Cine >
      • Chano Piñeiro
    • Escultura >
      • Ignacio Cerviño
      • Esculturas funerarias >
        • Cemiterio de Folgoso
      • A purísima de Asorey
    • Fotografía >
      • Karina
      • Pedro Brey Guerra
      • Maxcarun >
        • Aves
        • Insectos
        • Mamíferos
        • Reptis e anfíbios
      • Naturgalicia
    • Música >
      • Banda de Gaitas de Forcarei
      • Coral Polifónica Estradense
      • Chorovía na moucarría
      • Gaiteiros de Soutelo
      • Nao
      • Xenreira
      • Xosé Lueiro
    • Pintura >
      • Virxilio Blanco
    • Teatro
  • Letras
    • Andrea Porto >
      • Textos
    • Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
    • Antonio Fraguas
    • Antonio Rodríguez Fraiz >
      • Textos
      • Estudos
      • Entrevistas
    • Carlos Loureiro >
      • Textos
    • Calros Solla >
      • Textos
    • David Otero >
      • Textos
    • Dionísio Pereira >
      • Textos
    • Goretti Sanmartín >
      • Textos
    • Manuel Cabada Castro >
      • Textos
    • Manuel García Barros >
      • Correspondencia >
        • Cecilia Alcoba
        • Xosé Ramón Fernández Oxea (BEN-CHO-SHEY)
      • Documentos
      • Fotos
      • Vídeos
      • Estudos
    • Manuel Daniel Varela Buxán >
      • Fotos
      • Textos
    • Marcial Valladares Núñez >
      • Actividades
      • Estudos
      • Obra
      • Vídeo
    • Neves Soutelo >
      • Textos
    • Olimpio Arca Caldas >
      • Fotos
      • Obras
      • Vídeos
    • Ramón de Valenzuela Otero >
      • Achegas >
        • Sermos Galiza
      • Fotos
      • Vídeos
    • Santiago Gómez Tato
    • Sindo Villamayor >
      • Sindo Villamayor
    • Susana Sánchez Aríns >
      • Susana Sánchez Arins
    • Xoán Carlos Garrido
    • Xosé Luna
    • Xoseme Mosquera >
      • Vida
      • Obra
    • Xosé Manuel Cabada Vázquez >
      • Biografía
      • Documentos
      • Imaxes
      • Obra
    • Xosé Otero Abelleira >
      • Fotografías
    • Xosé Roxelio Otero Espasandín >
      • Do autor >
        • Vivir morrendo
      • Paisaxe vital de Xosé Otero Espasandín con Castro ao lonxe
      • Un Otero Espasandín de vinte anos
    • Xosé Varela Buela
    • Xurxo Esquío >
      • Xurxo Esquío
  • Historia
    • Feitos >
      • Prehistoria
      • Idade Antiga
      • Idade Media
      • Idade Moderna
      • Idade Contemporánea >
        • Revolta labrega de 1915 >
          • Sociedades agrarias
          • Xornais e documentos
          • Sociedade de Instrución Unión de Rubín de La Habana
          • Recuperación da Festa Labrega
          • Revolta labrega de 1915
    • Persoas >
      • Anxel Campos Varela
      • Manuel Ventura Figueroa
      • Pedro Varela Castro
      • Ramón Silvestre Verea García
      • Waldo Álvarez Insua
  • Memoria
    • Actividades >
      • Eliminación da simboloxía franquista
      • Homenaxe nacional as vítimas do franquismo en San Simón
      • Homenaxe a Xoán Xesús González
      • Proxección de "A derradeira lección do mestre" (24-3-2007)
      • Homenaxe aos paseados da Ponte do Regueiro
      • Conmemoración do 5 de xuño (5-06-2007)
      • Homenaxe a Bernardo Mato Castro na súa escola (8-7-2006)
    • Documentos >
      • Causas >
        • Así se xustifica unha condena a morte de José Costés Fernández e José Gómez Rivas >
          • Ideas polas que se mata a Cortés Fernández
      • Cartas >
        • Manuel Graciano ao Goberno Portugués
        • Carta dos Concelleiros ao pobo da Estrada
        • Ramón Fernánde Rico
        • José Mª Pena
      • Instrucións para a resistencia
      • Oficio de Crego de Castro (Cerdedo)
      • Memorias >
        • Memorias dun proscrito
      • Prensa >
        • Galicia Libre
      • Publicacións
    • Feitos >
      • O levantamento franquista na Estrada
      • A Estrada viste a camisa azul
      • O “imposto revolucionario”
      • O saqueo do pobo. O invento do secuestro express
      • As incautacións: A insticionalización do roubo
      • A interrupción tráxica do galeguismo
      • Represión do maxisterio estradense
      • Mulleres, dignidade e rebeldía
    • Imaxes >
      • Vitimas do franquismo
    • Listaxes >
      • A Estrada >
        • Fuxidos da parroquia de Guimarei
        • Presos en San Simón
      • Terra de Montes >
        • Beariz
        • Cerdedo
        • Forcarei
    • Lugares >
      • A casa do pobo de Deán (Cerdedo)
      • A república de Guimarei
      • Campo de Laudas
      • Ponte do Regueiro
      • Quilómetro 1 da Avenida de Buenos Aires: Aquí se fusilou
      • Simboloxía franquista
    • Nomes >
      • Antonio Sueiro Cadavide
      • Alfonso Ramiro Castro Dono
      • Alfredo Iglesias Álvarez
      • Candido Tafalla Froiz
      • Manuel Brea Abades
      • Manuel Garrido "O resucitado"
      • Francisco Varela Garrido
      • Isolino Feros Salgueiro
      • José Mª Baliño Sánchez
      • José María Pena
      • Manuel García Barros
      • Antonio Fraguas Fraguas
      • Jesús Ignacio Puente Fontanes (Balseiros)
      • Bernardo Mato Castro
      • Hixinio Carracedo Ruzo >
        • Fotos homenaxe a Carracedo na Somoza no seu 75 cabodano
      • José Gómez Rivas
      • José Mª Taberneiro
      • José Rodríguez Sangiao
      • Manuel Puente Porto
      • Manuel Coto Chan
      • Martiño Ferreiro Álvarez
      • Ramón Fernández Rico
      • Ventín, 5 da mesma familia fusilados xuntos
    • Represores >
      • Padre Nieto
    • Testemuños >
      • David García Insua
      • Roxelio Arca
  • Movementos
    • Asociacionismo cultural >
      • A.C. A Estrada >
        • Antonio Fraguas e o monumento aos mártires
        • Enterro da Sardiña
        • Mostra de artesanía da Estrada
        • Simposio de literatura galega de autoría estradense
      • A. C. O Brado
      • Contrarretranca
      • A. C. Vagalumes >
        • Actividades >
          • Conmemorar Carvalho Calero
        • Vídeos
        • Publicacións
        • Fotos
      • AEC Verbo Xido >
        • Carteis e publicacións
        • Defensa das árbores autóctonas
      • Capitán Gosende
      • CETMO
      • Colectivo Portalén
    • Ecoloxismo
    • Emigración >
      • Arxentina
      • Brasil
      • Cuba >
        • Nomes >
          • Manuel Álvarez Fuentes
          • Jesús Barros López
    • Ensino >
      • Primaria >
        • CEIP de Figueroa >
          • CEIP de Figueroa (A biblio de Carola)
        • CEIP Cabada Vázquez
        • CEIP Pérez Viondi
        • CEIP Villar Parama
        • CEIP O Foxo >
          • As nosas cousas
          • Bilbioteca
          • Peque Xenios
          • Pereiriños
      • Secundaria >
        • IES Nº 1 >
          • Fotos
        • IES Manuel García Barros >
          • As nosas letras
        • IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez
        • IES Chano Piñeiro >
          • O Chaniño - Biblioteca
          • Lingua de Montes
    • Feminismo >
      • Asociacionismo >
        • Colectivo Feminista
        • Espadela >
          • A muller na Terra de Montes (Exposición do CETMO)
          • Festa da Vincha
      • Nomes >
        • Avelina Valladares
        • Mary Isaura
        • Virxinia Pereira
    • Loita labrega
    • Movemento obreiro
    • Movemento veciñal >
      • Contra a suba do IBI na Estrada
      • Loita contra a fusión de Cerdedo
    • Normalización lingüística >
      • Conflito do Foxo
      • Letras galegas 1970 na Estrada
      • Queremos Galego
    • Pacifismo
    • Política >
      • BNG
      • PSOE
      • PP
      • OUTROS
  • Arquivo
    • Foto >
      • Edificios
      • Eventos
      • Deporte
      • Industria
      • Nomes
      • Rúas
      • Xente
    • Vídeo >
      • Documentais >
        • CETMO
        • A Estrada románica
      • Filmes
      • Actos
      • Conversas
      • Imaxes
    • Audio >
      • Voces
    • Publicación >
      • Libros >
        • Ond´o sol facheaba ó amañecer. Vida e obra de Avelina Valladares. Xosé Luna Sanmartín
        • Vagalumes. Manuel Cabada Vázquez
        • A Estrada
      • Xornais >
        • Eco de la Estrada
        • El Emigrado
        • El Estradense
      • Revistas >
        • Contrarretranca
        • Cotaredo
        • Tabeirós Terra
        • Verbo Xido
      • Folletos

Unha antena de televisión instalada pola Xunta asoballa o petróglifo do Recosto (Xirazga-Beariz)

20/5/2019

0 Comentários

 
Calros Solla
Imagem
Localización do caseto no sitio arqueolóxico do Recosto.
Situada no corazón da comarca de Montes, Xirazga é unha parroquia do concello ourensán de Beariz composta polas aldeas de Doade -feirón de sona-, A Abeleira, Framia, Correa e Alén. No lugar de Correa érguese o templo parroquial, construído na honra de San Salvador (un dos apelativos de Cristo). O 12 de maio de 2019, nas penelas do monte de Framia os exploradores do Capitán Gosende batemos con outro gravado rupestre.
Mentres andabamos ocupados nas tarefas de fotografado, descrición e medición do achado, cadrou naquela encrucillada o señor Xosé Dopeso, veciño de Framia, quen, malia descoñecer a existencia do petróglifo, nos fixo sabedores dunha morea de datos e indicacións. “Aínda que non lles ghuste recoñecelo, os de Doade pertencen a Xirazgha e non Xirazgha a Doade”, díxonos o noso providencial informante. Atendendo as súas explicacións, os gravados rupestres de Ricovanca I, II e III, atopados semanas atrás naquela zona, poden ser agrupados baixo a denominación “petróglifos da Ría”, pois, A Ría, é o nome co que se coñece a valiña pola que discorre o alto Verdugo. O río Verdugo ten o berce na cimeira do Seixo e a embocadura na ría de Vigo. Consultados os nosos arquivos, constatouse que hai anos, neste recuncho de Beariz, xa recolleramos o alcume o Rico da Ría, empregado para identificar un veciño de Ricovanca que, a comezos do século pasado, fixera fortuna en Panamá.
Xosé Dopeso explicounos que aquela tenza de monte se coñece polo Recosto e que é propiedade dos comuneiros de Framia. A comezos do século pasado, esburgóuselle o subsolo na procura de estaño e volframio. Aínda que ruinosas, as edificacións vinculadas ás explotacións mineiras permanecen en pé entre a matogueira. Aqueles predios a poula fican hogano no punto de mira das multinacionais que especulan coas terras raras. O lugar de Framia localízase a uns 825 m, cara ao sueste, do sitio arqueolóxico, coa regata de Donsueiro polo medio. Daquela, decidimos nomear a nova descuberta “petróglifo de Framia” ou “do Recosto” (coordenadas.- X: 554.501; Y: 4.703.664; alt. 830 m).
O tallador prehistórico (home ou muller, un ou varios) escolleu dous afloramentos metamórficos cristados, contiguos, en pendente e con orientación NO-SE para distribuír unha profusión de concavidades, canliñas rectilíneas e curvilíneas, cruciformes, antropomorfos, serpentiformes... que lle confiren ao mural unha estraña e indescifrábel beleza. Os cruciformes-antropomorfos deste petróglifo teñen unha feitura semellante aos da Laxa das Buratas, redescuberta en 2013 no monte de Alfonsín (Santa Mariña de Presqueiras-Forcarei), a uns 2’5 km de distancia en liña recta e cara ao norte. Buscando outras analoxías, animamos os afeccionados a que cotexen o petróglifo de Framia co petróglifo de Borrassà (Alt Empordà-Girona), datado entre os 3.500 e 2.500 anos antes da nosa era. A 1.200 km de distancia, o parecido do soporte e dos motivos representados é abraiante.
Na estación petroglífica do Recosto, o afloramento situado na cota máis alta é o que presenta unha maior densidade de elementos. Neste, os motivos repártense en tres paneis. No panel superior -unha crista duns 11 m de lonxitude- observamos catro conxuntos distribuídos ao longo da cara oeste. Situado máis ao norte, o primeiro conxunto componse dun aliñamento de 6 coviñas e 7 cruciformes-antropomorfos, 1 coviña illada e 1 cruciforme-antropomorfo e mais un agrupamento de 13 coviñas e outras dúas parellas unidas por senllas canles. Entremedias, o segundo conxunto componse de 1 serpentiforme de trazo quebrado (cinco ángulos rectos) e 9 coviñas (evocando os ovos do réptil) a canda 1 antropomorfo; ao carón, 1 antropomorfo e outras 4 coviñas, unha con desaugadoiro. O conxunto situado ao sur componse de 2 coviñas e 1 canle. Neste panel, o tamaño das coviñas varía de 1 a 8 cm de diámetro. Non se computaron as coviñas que forman parte dos cruciformes-antropomorfos.
No panel intermedio contamos unhas 50 coviñas. Aquí o metamorfismo escolleu o xeito de laxa irregular. O diámetro da coviña meirande é de 18 cm; o diámetro da menor é de 3 cm. A superficie visíbel do panel é duns 4 m2. O firme da laxa foi empregado como baseamento na construción dunha caseta que, até hai pouco, aloxaba o dispositivo dunha antena de televisión instalada pola Xunta da Galiza. Con certeza, a instalación vulnerou a integridade do petróglifo. De feito, unha das coviñas aínda está atacada de cemento. A caseta ten as seguintes dimensións: 185 cm de alto, 115 cm de largo e 105 cm de fondo. A porta de plástico -co logo da Xunta- e os fragmentos do dispositivo esparéxense polas inmediacións. Integrando a asociación Verbo Xido, esta agresión xa a denunciaramos no ano 2012. O mastro da antena vella foi, tempo despois, tallado a rente do chan e retirado. A uns 20 m, cara ao noroeste, sen respectar as preceptivas cautelas, fincouse un novo repetidor e mais o enreixado que o acouta.
O panel inferior volve ser cristado, duns 5 m de lonxitude. Na cara que se orienta a poñente advertimos os seguintes elementos: 5 coviñas exentas, 8 coviñas asociadas a canles e outros sucos rectílineos e curvilíneos. O conxunto máis complexo do Recosto tallouse a partir dunha regaña da rocha e componse dunhas 20 canles asociadas con coviñas que verten en paralelo e 9 coviñas illadas, de lonxitudes e diámetros diversos. Xa, rente ao chan, riscáronse 6 cruciformes-antropomorfos (un trío, unha parella e un elemento illado). As coviñas presentan diámetros de 9 a 4 cm. A canle máis longa mide uns 58 cm.
O afloramento inmediato, situado nunha cota máis baixa, é outra crista de xisto duns 8’50 m de lonxitude. Na base talláronse unhas 18 coviñas distribuídas en dous grupos (14 e 4 coviñas). Dúas coviñas do grupo de catro están unidas por unha canle.
Recapitulamos, o petróglifo do Recosto (Framia-Xirazga) componse dunhas 125 coviñas, uns 16 cruciformes-antropomorfos, unhas 25 canles ou sucos, 1 serpentiforme e outros signos. A súa beleza e singularidade non merece ser aldraxada coas ruínas do caseto e a ferruxe da antena vella nin tampouco coa ferraxe charramangueira da antena nova.
Capitán Gosende anota no seu haber o petróglifo número 63. Na comarca, Cerdedo, A Estrada, Forcarei, Beariz, A Lama e Cotobade son xa os concellos beneficiados co noso labor de busca.
Non acaba aquí a crónica. Cando, nas primeiras horas da tarde, encamiñabamos sen o saber os nosos pasos cara a pedra riscada, chamou a nosa atención un penedo de cuarzo branco duns 9 m3 de volume. Pousado naquela extensa e apardazada natureza de xisto, a súa rara albura semellaba caída do ceo (coordenadas.- X: 554.399; Y: 4.703.596). Xosé Dopeso, veciño de Framia e amábel informante, ilustrounos sobre o particular. A rocha, ben coñecida polos aldeáns, noméase O Seixo Branco. Localízase a uns 125 m, cara ao sudoeste, do petróglifo do Recosto e “segundo din os vellos, se tres Marías soben xuntas ao monte e mexan enriba del, vólvese livián, podendo despois darlle a volta sen dificultade. Unha vez envorcado o penedo, exhumar o tesouro que agocha é tamén tarefa doada”.
O refolguexante fragueiro é perfectamente visíbel dende os paneis inscultóricos. Dásenos entón por interpretar a escena do serpentiforme: un ser humano levando a cabo a arriscada misión de subtraerlle os ovos do niño a unha serpe. Ben seguro, tal audacia habería de ter recompensa. As tres Marías representan a tripla manifestación da Moura, deusa omnipotente, compostora dos megálitos. O humano que pasa a proba é agasallado coa riqueza (material ou espiritual). A serpe é a Moura. O Seixo Branco é un ovo hiperbólico. Co paso do tempo, o réptil estricado (Framia) enrodelarase en labirinto (Mogor), simbolizando os atrancos cos que a Deusa sopesa os aspirantes. Cómpre superármonos para acadar o obxectivo. Esta hipótese dálle polo pau á plantexada polo arqueólogo Antón Costa.
Moito nos chistan as andrómenas da mitoloxía popular. Preferímolas á triste realidade do noso patrimonio. Se fose por ben, a TVG debera incluír nalgún dos seus informativos a noticia de que, no concello de Beariz, un repetidor de televisión leva anos estragando un santuario dedicado a unha deidade prehistórica. Se fose por ben, o erro comezaría a corrixirse ao día seguinte. Non o verán os nosos ollos, no eido da cultura os galegos fixemos da autocensura e da autodestrución un estilo de vida.
Imagem
Petróglifo do Recosto-Framia-Xirazga (afloramento norte-panel inferior).
Imagem
Caseto da antena de televisión construído enriba do sitio arqueolóxico do Recosto.
Imagem
O Seixo Branco.
0 Comentários



Enviar uma resposta.


    Colaboracións

    Todos
    Alba Rivas
    Alicia Garrido
    Ana Cabaleiro
    Anjo Torres Cortiço
    Calros Solla
    Carlos Loureiro
    Carlos Meixome
    Carme Hermida Gulías
    Carmela Sánchez Arines
    Clara Iglesias Cortizo
    David Otero
    Dionisio Pereira
    Héitor Picallo
    Lola Varela
    Luis Alberto Silva Casas
    Manuel Barros
    Manuel Cabada Castro
    Manuel Fortes
    Maria Xesus Nogueira
    Montse Fajardo
    Pedro Peón Estévez
    Susana Sánchez Arins
    Xoán Carlos Garrido
    Xosé Álvarez Castro
    Xosé Malheiro
    Xosé María Lema
    Xurxo Esquío

    Feed RSS



    Un proxecto de:

     Imagem

    Estamos en:

    Imagem
    Imagem
    Imagem

      Recibir novas

    Subscrición

    Histórico

    Fevereiro 2021
    Janeiro 2021
    Dezembro 2020
    Novembro 2020
    Outubro 2020
    Setembro 2020
    Agosto 2020
    Julho 2020
    Junho 2020
    Maio 2020
    Abril 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Agosto 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Agosto 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018
    Janeiro 2018
    Dezembro 2017
    Novembro 2017
    Outubro 2017
    Setembro 2017
    Agosto 2017
    Julho 2017
    Junho 2017
    Maio 2017
    Abril 2017
    Março 2017
    Fevereiro 2017
    Janeiro 2017
    Dezembro 2016
    Novembro 2016
    Outubro 2016
    Setembro 2016
    Agosto 2016
    Julho 2016
    Junho 2016
    Maio 2016
    Abril 2016
    Março 2016
    Fevereiro 2016
    Janeiro 2016
    Dezembro 2015
    Novembro 2015
    Outubro 2015
    Setembro 2015
    Agosto 2015
    Julho 2015
    Junho 2015
    Maio 2015
    Abril 2015
    Março 2015
    Fevereiro 2015
    Janeiro 2015
    Dezembro 2014
    Novembro 2014
    Outubro 2014
    Julho 2014
    Junho 2014
    Abril 2014
    Março 2014
    Fevereiro 2014
    Janeiro 2014
    Dezembro 2013
    Novembro 2013
    Agosto 2013

    Licenza Creative Commons
    Tabeiros Montes (Portal cultural de Tabeirós-Terra de Montes) de Asociación Cultural "Vagalumes" e Asociación Cultural e Ecoloxista "Verbo Xido" ten unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial 4.0 Internacional.
    Con base nunha obra dispoñíbel en http://www.tabeirosmontes.com/.
    Os permisos alén do foco desta licenza pódense atopar en http://www.tabeirosmontes.com/colabora.html.