Tabeirós Montes
  • Novas
    • Presentación
    • Contacto
    • Colabora
  • Terra
    • A Estrada >
      • Agar (Santa Mariña)
      • Aguións (Santa María)
      • Ancorados (San Pedro)
      • Ancorados (San Tomé)
      • Arca (San Miguel)
      • Arnois (San Xiao)
      • Baloira (San Salvador)
      • Barbude (San Martiño)
      • Barcala (San Miguel)
      • Barcala (Santa Mariña)
      • Berres (San Vicenzo)
      • Callobre (San Martiño)
      • Castro (San Miguel)
      • Cereixo (San Xurxo)
      • Codeseda (San Xurxo)
      • Cora (San Miguel)
      • Couso (Santa María)
      • Curantes (San Miguel)
      • Estrada, A (San Paio)
      • Frades (Santa María)
      • Guimarei (San Xiao)
      • Lagartóns (Santo Estevo)
      • Lamas (San Breixo)
      • Liripio (San Xoán Bautista)
      • Loimil (Santa María)
      • Matalobos (Santa Baia)
      • Moreira (San Miguel)
      • Nigoi (Santa María)
      • Oca (Santo Estevo)
      • Olives (Santa María)
      • Orazo (San Pedro)
      • Ouzande (San Lourenzo)
      • Parada (San Pedro)
      • Paradela (Santa María)
      • Pardemarín (Santa Baia)
      • Remesar (San Cristovo)
      • Ribeira (Santa Mariña)
      • Ribela (Santa Mariña)
      • Riobó (San Martiño)
      • Rubín (Santa María)
      • Sabucedo (San Lourenzo)
      • Santeles (San Xoán)
      • Somoza, A (Santo André)
      • Souto (Santo André)
      • Tabeirós (Santiago)
      • Toedo (San Pedro)
      • Vea (Santa Cristina) >
        • Santa Cristina de Vea (Santa Cristina)
        • Manuel Ventura Figueroa, ( 1708-1783), Arzebispo de Laodicea, Patriarca das Indias, Presidente do Real Consello e Cámara de Castela e a súa relación con Santa Cristina de Vea
      • Vea (San Xiao)
      • Vea (San Xurxo)
      • Vea (Santo André)
      • Vinseiro (Santa Cristina)
    • Terra de Montes >
      • Bearíz >
        • Beariz (Santa María)
        • Lebozán (Santa Cruz)
        • Xirazga (San Salvador)
      • Cerdedo >
        • Castro (Santa Baia)
        • Cerdedo (San Xoán)
        • Figueiroa (San Martiño)
        • Folgoso (Santa María)
        • Parada (San Pedro)
        • Pedre (Santo Estevo)
        • Quireza (San Tomé)
        • Tomonde (Santa María)
      • Forcarei >
        • Aciveiro (Santa María)
        • Castrelo (Santa Mariña)
        • Dúas Igrexas (Santa María)
        • Forcarei (San Martiño)
        • Madanela de Montes, A (Santa María Madanela)
        • Meavía (San Xoán)
        • Millarada (San Amedio)
        • Pardesoa (Santiago)
        • Pereira (San Bartolomeu)
        • Presqueiras (San Miguel)
        • Presqueiras (Santa Mariña)
        • Quintillán (San Pedro)
        • Ventoxo (San Nicolao)
    • Veciños >
      • Campo Lameiro
      • Cotobade
      • Cuntis
      • Padrón
      • Pontecesures
      • Silleda
      • Teo
      • Valga
      • Vila de Cruces
      • Vedra
  • Cultura
    • Arte >
      • Artesanía >
        • Fernando Porto
      • Cine >
        • Chano Piñeiro
      • Escultura >
        • Esculturas funerarias >
          • Cemiterio de Folgoso
        • A purísima de Asorey
      • Fotografía >
        • Karina
        • Pedro Brey Guerra
        • Maxcarun >
          • Aves
          • Insectos
          • Mamíferos
          • Reptis e anfíbios
        • Naturgalicia
      • Pintura
      • Teatro
    • Asociacionismo >
      • A.C. A Estrada >
        • Antonio Fraguas e o monumento aos mártires
        • Enterro da Sardiña
        • Mostra de artesanía da Estrada
        • Simposio de literatura galega de autoría estradense
      • A. C. O Brado
      • Contrarretranca
      • A. C. Vagalumes >
        • Actividades
      • AEC Verbo Xido >
        • Carteis e publicacións
        • Defensa das árbores autóctonas
      • CETMO
    • Ensino >
      • Primaria >
        • CEIP O Foxo >
          • As nosas cousas
          • Bilbioteca
          • Peque Xenios
          • Pereiriños
        • CEIP de Figueroa (A biblio de Carola)
      • Secundaria >
        • IES Chano Piñeiro >
          • O Chaniño - Biblioteca
          • Lingua de Montes
        • IES Manuel García Barros (As nosas letras)
        • IES Nº 1
    • Letras >
      • Antonio Rodríguez Fraiz >
        • Achegas
        • Entrevistas >
          • Salvador Antonio Rodríguez Fraiz, un crego do noso pobo
      • Ramón de Valenzuela Otero >
        • Achegas >
          • Sermos Galiza
        • Fotos
        • Vídeos
      • Manuel Daniel Varela Buxán >
        • Fotos
        • Textos
      • Manuel García Barros >
        • Correspondencia >
          • Cecilia Alcoba
          • Xosé Ramón Fernández Oxea (BEN-CHO-SHEY)
        • Documentos
        • Fotos
        • Vídeos
        • Xornadas e outras achegas
      • Marcial Valladares Núñez >
        • Actividades
        • Obra
        • Vídeo
      • Olimpio Arca Caldas >
        • Fotos
        • Obras
        • Vídeos
      • Xoseme Mosquera >
        • Vida
        • Obra
      • Xosé Roxelio Otero Espasandín >
        • Do autor >
          • Vivir morrendo
        • Paisaxe vital de Xosé Otero Espasandín con Castro ao lonxe
        • Un Otero Espasandín de vinte anos
      • Xosé Manuel Cabada Vázquez >
        • Biografía
        • Documentos
        • Imaxes
        • Obra
      • Xosé Otero Abelleira >
        • Fotografías
    • Historia >
      • Oficios >
        • Esmoleiros
      • Centenario da revolta labrega >
        • Sociedades agrarias
        • Xornais e documentos
        • Sociedade de Instrución Unión de Rubín de La Habana
        • Recuperación da Festa Labrega
        • Revolta labrega de 1915
    • Música >
      • Banda de Gaitas de Forcarei
      • Coral Polifónica Estradense
      • Chorovía na moucarría
      • Gaiteiros de Soutelo
      • Nao
      • Xenreira
      • Xosé Lueiro
    • Patrimonio >
      • Arquitectura vernácula >
        • Alvarizas
      • Castelos >
        • Castelo de Cira
      • Castros >
        • Fortaleza/Castro de Terra de Montes
      • Cruces
      • Hórreos >
        • Hórreo de Quintela
      • Igrexas
      • Lavadoiros >
        • Liñares
      • Megalítico
      • Mámoas
      • Mosteiros >
        • Mosteiro de Aciveiro
      • Muíños
      • Neveiras >
        • Neveiras de Fixó
        • Neveiras do mosteiro de Aciveiro
      • Pazos >
        • Casa e capela de San Ildefonso na Algalia (Guimarei)
        • A casa de Araúxo en Ponte-Sarandón
        • Casa de Badía
        • Casa de A Silva en Ribadulla (Arnois)
        • A Casa da Condesa (ou do Piñeiro) en Santa Mariña de Ribeira
        • A casa de Sesto (Ribela)
        • Casa de Recarei (Curantes)
        • Casa de Miranda (Santeles)
        • Casa de A Silva en Vendexa
        • A Casa Grande de Parada
        • A Casa Grande de San Paio de Figueiroa
        • Casa de Barcia en San Miguel de Cora
        • A casa de "Os Muros"en San Pedro de Parada
        • Casa de Vilanova en Remesar
        • "Casa Varela” en Pereiras
        • Os Mondragón de Vilasusán.Remesar
        • O Pazo do Outeiro de Maíndo (Couso)
        • Pazo de Correáns
        • Pazo de Guimarei
        • Pazo da Mota
        • Pazo de Monteagudo
        • Pazo de Oca
        • Pazo de Preguecido
        • Pazo de Valiñas
        • Pazo de Xerliz
      • Petróglifos >
        • Laxa da Romaxe
        • Laxas de Penide
      • Pontes >
        • Ponte de Andón
        • Ponte Carballa
        • Ponte de Gomail
        • Ponte de Leira
        • Ponte de Parada
        • Ponte Vea
      • Torres >
        • A Torre da Barreira
        • Torre de alarma de Barciela
        • Torre de Guimarei
    • Tradicións >
      • Entroido
      • Rapa das bestas >
        • Fotografía >
          • Fotorapa
          • 2008
          • 2009
          • 2010
          • 2011
          • 2012
        • Vídeo
        • Publicacións
      • San Xoán no Areal
  • Natureza
    • Árbores >
      • Sobreira de Balboa
      • Sobreira de Valiñas
    • Fervenzas >
      • Fervenza de Callobre
      • Fervenza de Curantes
    • Fontes
    • Flora >
      • Cogumelos
      • Piornal de San Trocado
    • Fauna >
      • Aves >
        • Canilonga
      • Anfibios e réptiles
      • Invertebrados
      • Mamíferos >
        • Lontra
      • Peixes
    • Lagoas >
      • Canteira de Ventoxo
      • Lagoa Sacra
      • Lagoa do Seixo
    • Montes >
      • Candán
      • Monte do Seixo
      • Pico Sacro >
        • Fotografías
        • Textos
        • Vídeos
      • Serra de Cabanelas
    • Penedos >
      • Penedas de Naveiro
    • Ríos >
      • Ulla
    • Vales
  • Muller
    • Asociacionismo >
      • Colectivo Feminista
      • Espadela >
        • A muller na Terra de Montes (Exposición do CETMO)
        • Festa da Vincha
    • Nomes >
      • Avelina Valladares
      • Virxinia Pereira
  • Memoria
    • Actividades >
      • Eliminación da simboloxía franquista
      • Homenaxe nacional as vítimas do franquismo en San Simón
      • Homenaxe a Xoán Xesús González
      • Proxección de "A derradeira lección do mestre" (24-3-2007)
      • Homenaxe aos paseados da Ponte do Regueiro
      • Conmemoración do 5 de xuño (5-06-2007)
      • Homenaxe a Bernardo Mato Castro na súa escola (8-7-2006)
    • Documentos >
      • Causas >
        • Así se xustifica unha condena a morte de José Costés Fernández e José Gómez Rivas >
          • Ideas polas que se mata a Cortés Fernández
      • Cartas >
        • Manuel Graciano ao Goberno Portugués
        • Carta dos Concelleiros ao pobo da Estrada
        • Ramón Fernánde Rico
        • José Mª Pena
      • Instrucións para a resistencia
      • Oficio de Crego de Castro (Cerdedo)
      • Memorias >
        • Memorias dun proscrito
      • Prensa >
        • Galicia Libre
      • Publicacións
    • Os feitos >
      • O levantamento franquista na Estrada
      • A Estrada viste a camisa azul
      • O “imposto revolucionario”
      • O saqueo do pobo. O invento do secuestro express
      • As incautacións: A insticionalización do roubo
      • A interrupción tráxica do galeguismo
      • Represión do maxisterio estradense
      • Mulleres, dignidade e rebeldía
    • Imaxes >
      • Vitimas do franquismo
    • As listaxes >
      • A Estrada >
        • Fuxidos da parroquia de Guimarei
        • Presos en San Simón
      • Terra de Montes >
        • Beariz
        • Cerdedo
        • Forcarei
    • Os lugares >
      • A casa do pobo de Deán (Cerdedo)
      • A república de Guimarei
      • Ponte do Regueiro
      • Quilómetro 1 da Avenida de Buenos Aires: Aquí se fusilou
    • Os nomes >
      • Antonio Sueiro Cadavide
      • Alfonso Ramiro Castro Dono. A creación cultural truncada
      • Alfredo Iglesias
      • Candido Tafalla, A Estrada, acude a Pontevedra a defender a democracia
      • Brea Abades, un anticipo da masacre?
      • Francisco Varela Garrido
      • Isolino Feros. A lotería da conmutación de penas capitais
      • José Mª Baliño Sánchez, estradenses no maquis francés
      • José María Pena, o presidente do Frente Popular
      • Ken Keirades silenciado
      • Antonio Fraguas. A práctica da humillación
      • Balseiros, o delito de ser alcalde
      • Bernardo Mato Castro, mallar no ensino
      • Hixinio Carracedo Ruzo, a caza do home >
        • Fotos homenaxe a Carracedo na Somoza no seu 75 cabodano
      • José Gómez Rivas e a represión na zona da Ulla
      • José Mª Taberneiro, “o rolo de Vilapouca”
      • José Rodríguez Sangiao, O ferreiro de Guimarei
      • Manuel Puente Porto, e a represión dos labregos conscientes
      • Manuel Coto Chan e o socialismo estradense
      • Martiño Ferreiro Álvarez, o cerdedense que morreu en Mauthausen
      • Ramón Fernández Rico, o torneiro. Unha familia desfeita pola represión franquista
      • Ventín, 5 da mesma familia fusilados xuntos
      • Vidal Puga. 1934, o prologo do 1936
    • Testemuños >
      • David García Insua
      • Roxelio Arca
  • Movementos
    • Ecoloxismo
    • Emigración >
      • Arxentina
      • Brasil
      • Cuba >
        • Nomes >
          • Manuel Álvarez Fuentes
          • Jesús Barros López
    • Loita labrega
    • Movemento obreiro
    • Movemento veciñal >
      • Contra a suba do IBI na Estrada
      • Loita contra a fusión de Cerdedo
    • Normalización lingüística >
      • Conflito do Foxo
      • Letras galegas 1970 na Estrada
      • Queremos Galego
    • Pacifismo
    • Política >
      • BNG
      • PSOE
      • PP
      • OUTROS
  • Sinaturas
    • Andrea Porto
    • Calros Solla
    • Carlos Loureiro
    • Clara Iglesias Cortizo
    • David Otero
    • Dionisio Pereira
    • Goretti Sanmartin
    • Luis Alberto Silva Casas
    • Manuel Cabada Castro
    • María N. Soutelo
    • Sindo Villamayor
    • Susana Sánchez Arins
    • Xoán Carlos Garrido
    • Xosé Luna
    • Xurxo Esquío
  • Arquivo
    • Foto >
      • Edificios
      • Eventos
      • Deporte
      • Industria
      • Nomes
      • Rúas
      • Xente
    • Vídeo >
      • Documentais >
        • CETMO
        • A Estrada románica
      • Filmes
      • Actos
      • Conversas
      • Imaxes
    • Audio >
      • Voces
    • Publicación >
      • Libros >
        • Ond´o sol facheaba ó amañecer. Vida e obra de Avelina Valladares. Xosé Luna Sanmartín
        • Vagalumes. Manuel Cabada Vázquez
        • A Estrada
      • Xornais >
        • Eco de la Estrada
        • El Emigrado
        • El Estradense
      • Revistas >
        • Contrarretranca
        • Cotaredo
        • Tabeirós Terra
        • Verbo Xido
      • Folletos

Vítimas e resistentes: represión contra as mulleres de Cerdedo tras o golpe militar de 1936

8/13/2016

0 Comentários

 
Lola Varela / Dionisio Pereira
En lembranza de Francisco Arca e Secundino Bugallo,
no 80 aniversario do seu asasinato na Ponte do Barco (Pedre)
o 13 de agosto de 1936.
Imagem
Polo que sabemos, no vizoso tecido asociativo cerdedense e nas afoutas loitas sociais que protagonizou no primeiro terzo do século XX está ausente en boa medida o elemento feminino, debruzadas as mulleres no eido privado, no traballo das terras, no coidado do gando e da casa, mentres os homes emigraban polo Estado español adiante ou cara o estranxeiro para exercer como canteiros, tomando contacto na acción pública colectiva coas correntes operarias (socialistas, libertarias) do momento.
   En razón do anterior, non debera de nos sorprender que os asasinatos ou fusilamentos de veciños e naturais de Cerdedo non provocaran vítimas entre as mulleres. Porén, é pouco coñecido o feito de que, como mínimo, case que o 10% das represalias sen resultado de morte no Concello tiveran como alvo ás mulleres, o que evidencia a relevancia dunha represión, a de xénero, definida por unhas características específicas que dificultan aínda hoxe o seu coñecemento e denuncia. Porque, compre dicilo ás claras, as represalias que as mulleres deberon padecer se produciron maiormente no ámbito extraxudicial e privado (eis, por exemplo, a violencia de xénero que decote acompañaba aos asaltos domiciliarios) sen que ficara constancia documental; só contados testemuños orais foron quen de transcender esta magoada realidade, superando a humillación e a vergoña coa que os vitimarios desexaban marcar de por vida ás mulleres que tiveron a desgraza de ser obxecto destas noxentas agresións. Desvelamos aquí, pois, tan só a punta do "iceberg" dunha represión dobremente silenciada, mais que por veces reflicte así mesmo actitudes de teimuda resistencia aos facciosos.
    Velaí, sen ir máis lonxe, á veciña de Cuíña (Quireza) Manuela García Castro, mallada e rapada na tristemente célebre taberna-cheka de Outeiro na parroquia de Quireza, por se negar a revelar o paradoiro do seu home, Gervasio Penela, fuxido no monte. Non foi a única muller aldraxada naquel sitio, pois Otilia Fernández Obelleiro, aveciñada en Fondós (Quireza) e irmá do mestre do Serrapio, primeiro foi intimidada a rentes do seu pai polos falanxistas da parroquia no transcurso dun ameazante paseo nocturno en camioneta, para logo rematar cun bárbaro corte de pelo levado a cabo na taberna en cuestión. Un local que, por certo, conservou ata hoxe unha moura lembranza, pois alí tamén tiveron lugar numerosas extorsións e incautacións de diñeiro mediante ameazas e malos tratos, como as que deberon sufrir a dona da taberna de Fondós Elvira Quibén Reigosa, ou a súa conveciña de Quireza Manuela González Monteagudo. Outras veces,  os abusos dos fascistas se facían con nocturnidade nos propios negocios ou residencias das vítimas, caso das propietarias dunha taberna de Castro Docabo (Castro), María e Dorinda Garrido, da irmá do derradeiro secretario de "Izquierda Republicana" de Cerdedo Elena Bugallo Camiña, multada e presa durante algún tempo, ou da labrega de Figueroa Carmen Monteagudo Troitiño. Esta muller, de ideas republicanas, aturou unha aleivosa tentativa de asalto nocturno do seu domicilio, así como reiterados rexistros nos que lle confiscaron efectos persoais; por se fora pouco, Carmen foi vítima de ameazas explícitas de “paseo” por parte dos falanxistas cerdedenses, e non lle quedou outra que abandonar a casa e deixar ás súas tres fillas a cargo dalgúns veciños solidarios.
   Canto ás mestras, compre lembrar que no Concello de Cerdedo catorce delas serían depuradas e suspendidas dos seus cargos durante varios meses; mesmo unha, Carolina Camiña Losada que puña escola en Barro (Cerdedo), foi afastada durante cinco anos da provincia de Pontevedra. Outra, a mestra retirada de Vilalén (Tomonde) Teresa Garrido Paz, residente en Castro, foi extorsionada polos escopeteiros falanxistas que lle requisaron a importante (naquel entón) suma de 500 pts.; ademais, Teresa será obxecto de vixilancia xunto coa súa filla Clotilde tras ser delatadas polo crego da parroquia.
   Daquela, as resistencias ás requisas dos falanxistas por parte das mulleres achegadas aos antifranquistas entobados nos seus domicilios, foron habituais en Quireza; nesta parroquia houbo exemplos como o de Divina Ferreiro Álvarez, que tivo ao seu irmán Martín agachado durante varios meses na casa familiar de Outeiro, ou o das donas de Manuel Garrido "O Negro" e de Francisco Obelleiro, residentes en Fondós e Os Castros (Quireza), respectivamente, malladas unha e outra vez polos milicianos sen que delatasen aos seus homes. Unha resistencia solidaria, en suma, prolongada durante todo o período da Guerra Civil, pois nese tempo as mulleres da parroquia de Quireza baixaban andando a Pontevedra, collían a liña ata Cesantes e dende alí pasaban en barco á Illa de San Simón, teimando en deixarlles roupa, comida e algunhas palabras de ánimo aos seus familiares presos naquela Colonia Penal.  
   Vaia para todas elas, mentres as autoridades locais non atendan ao que debera ser un imperativo ético e político inescusable, a nosa homenaxe.   

* Publicado no Faro de Vigo o venres 12 de agosto de 2016
Imagem
Elvira Quibén Reigosa
Imagem
Carme Monteagudo
0 Comentários



Enviar uma resposta.

    Letras

    Sinaturas

    Sinaturas

    Todos
    Alba Rivas
    Ana Cabaleiro
    Anjo Torres Cortiço
    Calros Solla
    Carmela Sánchez Arines
    Clara Iglesias Cortizo
    David Otero
    Dionisio Pereira
    Héitor Picallo
    Lola Varela
    Luis Alberto Silva Casas
    Manuel Barros
    Manuel Cabada Castro
    Pedro Peón Estévez
    Susana Sánchez Arins
    Xoán Carlos Garrido
    Xosé María Lema
    Xurxo Esquío

    Feed RSS



    Un proxecto de:

     Imagem

    Estamos en:

    Imagem
    Imagem
    Imagem

    Merca aquí:

    Imagem
    Licenza Creative Commons
    Tabeiros Montes (Portal cultural de Tabeirós-Terra de Montes) de Asociación Cultural "Vagalumes" e Asociación Cultural e Ecoloxista "Verbo Xido" ten unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial 4.0 Internacional.
    Con base nunha obra dispoñíbel en http://www.tabeirosmontes.com/.
    Os permisos alén do foco desta licenza pódense atopar en http://www.tabeirosmontes.com/colabora.html.

    Histórico

    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Agosto 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018
    Janeiro 2018
    Dezembro 2017
    Novembro 2017
    Outubro 2017
    Setembro 2017
    Agosto 2017
    Julho 2017
    Junho 2017
    Maio 2017
    Abril 2017
    Março 2017
    Fevereiro 2017
    Janeiro 2017
    Dezembro 2016
    Novembro 2016
    Outubro 2016
    Setembro 2016
    Agosto 2016
    Julho 2016
    Junho 2016
    Maio 2016
    Abril 2016
    Março 2016
    Fevereiro 2016
    Janeiro 2016
    Dezembro 2015
    Novembro 2015
    Outubro 2015
    Setembro 2015
    Agosto 2015
    Julho 2015
    Junho 2015
    Maio 2015
    Abril 2015
    Março 2015
    Fevereiro 2015
    Janeiro 2015
    Dezembro 2014
    Novembro 2014
    Outubro 2014
    Julho 2014
    Junho 2014
    Abril 2014
    Março 2014
    Fevereiro 2014
    Janeiro 2014
    Dezembro 2013
    Novembro 2013
    Agosto 2013