Desde a Asociación Cultural “Vagalumes” xunto coa Asociación Cultural Os Penoucos, imos levar a cabo coa colaboración do grupo que está a facer as investigacións arqueolóxicas no Castro Valente unhas xornadas para dar a coñecer este fortificación.
O venres 24, ás 20:00 h. no MOME, terá lugar unha presentación dos traballos arqueolóxicos desenvoltos e a investigación levada a cabo polos membros da Universidade de Santiago de Compostela responsables deste labor. Coa participación aberta de colectivos de defensa do patrimonio e de loita contra o espolio eólico. Compre lembrar que este xacemento está ameazado pola construción dun parque eólico.
O sábado 25, ás 11:00 h.,Ruta guiada polos arqueólogos de Castelos no Aire desde Morono (Padrón) até Castro Valente. Punto de encontro: antiga escola unitaria de Morono
Inscricións: [email protected]