Calros Solla
Un Otero Espasandín de 20 anos [II]
Di J. J. González: En estas mismas columnas hice notar la falta que hace un Ateneo en Compostela, encareciendo la idea de crearlo; en Compostela hay que crear un Ateneo que sea algo así como un índice de la cultura gallega. E prosegue: Parece que al Sr. Otero Espasandín no le sienta bien este pensamiento mío y sin embargo él sabe como yo que Compostela no puede justificarse sin actividad cultural, sin efervescencia ideológica, sin que presida sus actos un pensamiento cumbre, mayor que el pensamiento de otras ciudades [...] Esto es lo que pensamos, mi querido amigo Otero Espasandín, y esto es lo que queremos; lo que hasta ahora no dijimos es lo que sería este Ateneo de que hablamos si yo perteneciese, como directivo, a él. Puedes tener la completísima seguridad de que no sería lo que tú dices. Ya sabes que odio las aceitunas, los pollos bien y los almacenes literarios.
A mención dos “pollos bien” remítenos ao manifesto Máis Alá!, declaración rupturista da vangarda galega, redactado en 1922 polo poeta Manuel Antonio coa colaboración do debuxante Álvaro Cebreiro: E a vós, pobriños mamaleites literarios, desexámosvos cordialmente que calquera día vos publiquen un verso na derradeira folla dunha desas indixentes revistas madrileñas, doada palestra dos vosos esforzos, que é o máximo desiderátum voso. Madrid precísavos para personaxes da súa opereta.
O xornal El Pueblo Gallego do 2 de agosto de 1924 (páx. 7), na sección “Ecos compostelanos”, informa que Otero Espasandín, “el joven escritor y profesor de primera enseñanza”, viaxou de Compostela a Ribeira.
O xornal bonaerense El Heraldo Gallego (Órgano de las colectividades gallegas en el Plata) do 18 de xaneiro de 1925 (páx. 8) titula: “Banquete de despedida en “Las Colonias”: En el restaurante de “Las Colonias” se celebró el anunciado banquete de despedida al poeta argentino Francisco Luis Bernárdez, próximo a partir para su país.
En torno del obsequiado se sentaron los señores D. Rafael Dieste, Bezares, D. Blas Agra Mancebo, García Paz, don Roberto Blanco Torres, don Ricardo F. Bermúdez, D. Luciano Vidán, D. Eugenio Arbones, D. Carlos Maside, D. Eugenio Montes, D. Ovidio Temes, D. Ramón Cabanillas, D. Antonio Vilas, D. Amado Villar (Villavril), D. Juan Amoedo, don Valentín Paz Andrade, Pastoriza y D. Bautista López Valeiras.
Se recibieron adhesiones de don Ramón del Valle Inclán, D. Alfonso R. Castelao, D. Julio J. Casal, don Laureano D. Cao-Cordido, D. Luís Amado Carballo, D. Eladio y D. Ángel Lema Pintos, Otero Espasandín y varios otros amigos del poeta festejado.
O poeta e diplomático galego-arxentino Francisco Luís Bernárdez (1900-1978) residiu na Galiza dende 1920 até 1925, identificándose co ideario galeguista. Exerceu o xornalismo en Vigo como redactor do xornal El Pueblo Gallego. No ano 1944, en Arxentina, sería galardoado co Premio Nacional de Poesía.
No xornal vigués El Pueblo Gallego do 5 de marzo de 1926 (páx. 2), Otero Espasandín publica un artigo en galego titulado “Inquedanzas”: Rapaces: sexamos rebeldes e descipriñados ó mesmo tempo. Valentes e sereos; sagaces i-outimistas...
O xornal El Pueblo Gallego do 20 de abril de 1926 (páx. 11), na sección “Ecos de Santiago-Notas de sociedad”, publica: Pasaron el domingo en Compostela el joven escritor Otero Espasandín y el dibujante Carlos Maside.
En El Pueblo Gallego do 15 de maio de 1926 (páx. 2), Otero Espasandín publica un artigo en galego titulado “Literatura i-outras cousas”. Amais desas “outras cousas”, o autor fai un eloxio do libro Dos arquivos do trasno de Rafael Dieste, editado ese mesmo ano.
En El Pueblo Gallego do 4 de xullo de 1926 (en portada), Otero Espasandín publica un artigo en galego titulado “A roita dos pelegrinos”, do que salientamos: Galicia nada lle debe á meseta; débello todo a Europa. A i-alma medieval europea encendeu o acordo risoño do Pórtico da Groria i-eternisou nos granitos composteláns a pregaria das greas dos pelengrinos atormentados...
No nº 31 da revista Nós (25 de xullo de 1926, páx. 35), Otero Espasandín publica os versos de “Parábola”, poema dedicado a Manuel Antonio: Tópome ancrado na noite dos mistereos / Botan a súa face para faguerme siñaes... “Parábola” foi, das súas composicións poéticas, a primeira en ser publicada.
El Pueblo Gallego do martes 7 de decembro de 1926 (páx. 11), na sección “Ecos de Santiago”, anota que Otero Espasandín pasou o domingo en Compostela. O correspondente refírese a el como “querido amigo y entrañable camarada”.
En xaneiro de 1927, en Eco de Galicia (A Habana), Otero Espasandín e Rafael Dieste asinan conxuntamente o artigo “Coincidencias”: ¿Cales son os factores que se opoñen á unidade galega, ao esclarecemento do noso estilo? Parécenos que son: O individualismo sen antenas. Pobreza de fe no noso destino, quizais por causa do concepto enfermo que de nós mesmos temos...
En El Pueblo Gallego do 18 de xaneiro de 1927 (páx. 2), Otero Espasandín publica un artigo en galego titulado “A Micro-Residencia” no que, na liña do musicólogo Xesús Bal y Gay (colaborador da Residencia de Estudiantes de Madrid), avoga pola fundación dunha Residencia en Compostela: É mester asaltar deste xeito a Universidade, que vén sendo para nós a toma da Bastilla. Sin ela, sin unha Universidade perenemente acesa como unha fogueira no medio e medio do chan galego, non se pode falar de resurdimento...
En El Pueblo Gallego do 1 de marzo de 1927, a carón dun debuxo de Maside, Otero Espasandín asina unha peza en galego titulada “Artigo prá mocedade” (páxs. 1 e 2). Reproducimos algunhas pasaxes:
...Os nenos non son enfermos por mor da intelixencia. Porque os nenos son fideles ao mundo, á realidade. Fidelidade cabal a dos nenos. Eles van ver ‒sempre‒ as cousas tales e como elas son. Os homes ‒os qu’eu chamo enfermos‒ van ver as cousas esto e aquelo. E querendo ver n’elas esto e aquelo rematan por lle non atoparen sentido.
...Todol-os choromicas foron enfermos. O romanticismo foi unha praga. O misticismo outra.
...O neno escacha o xoguete pra rascar esta dúbida que lle roe o maxín: ¿Qué ten por dentro? Os homes ‒sempre me refiro aos enfermos‒ prefiren inventarlle unha razón ao xoguete [...] “A cencia non resolve nada... O mundo é un val de bágoas...” ¡Uf! Cánta vulgaridade. Cánta podredume. Cánta estúpida conformidade. Eisí poido chegar o mundo a ser un hospital. E un manicomio. Un manicomio de xentes co-a manía do sentido común.
...No amor ás realidades, Dieste atopa o quid da nosa xeneración. Amar os feitos i-as cousas e non as teorías ‒o dito‒ vagariñentas. Fuxamos d’elas coma do lume. Fuxamos tamén da: ideoloxía, saudade, ética, fe, alén. Proa a outras ribeiras. Fuxir dos remuíños.
O poeta baixou do tellado. O corvo de Poe, d’ollos afundidos na noite ‒mutación‒, trocouse en lagarteiro d’ollos de ponta.
...A nosa xeneración é a chamada para escachifollar a casca baldeira das verbas: ideaes, morriña, fe... [...] Rapaces, saiamos a descubrir Galicia. A d’onte, a dos poetas, escultores, pintores da raza; a da saudade, rebeldía, alén..., quedou pra mercar ‒todo a 0’75‒ medallas nas exposiciós nacionaes. Pra que os nosos poetas, escultores, pintores... da raza solten bagullas coma puños. Pra que os críticos ‒Alcántara, Francés, Méndez Casal, Sánchez Cantón...‒ teñan tópicos con que lle fagueren o amor ás ilustres corporaciós, diputaciós, casinos, irmandades... da nosa terra. Da terra meiga ‒como eles din.
Conforme o expresado, Otero Espasandín adhírese ás teses iconoclastas do devandito manifesto Máis Alá!: Os vellos non son os que escribiron hai moitos anos ‒eles son os devanceiros. Os vellos son os que escriben hoxe como se vivisen no antonte dos séculos [...] Diciamos no comenzo que respetabamos os devanceiros, pero queremos facer constar que non é nado este respeto nin na admiración nin na inferioridade nosa. Nós non admiramos a ninguén nin nos coidamos inferiores a ninguén. 0 noso respeto vén de que eles non tiveron culpa de vivir nun tempo de choída incultura castelá.
En El Pueblo Gallego do 29 de maio de 1927 (páx. 11), Otero Espasandín publica un artigo en galego titulado “Incitaciós”. A peza, dedicada ao médico Domingos García-Sabell, postula novamente a reforma da Universidade.
[Continuará...]